Se muestran los artículos pertenecientes al tema Noticias de Bueu.
15/10/2009
O incendio
O sábado día 26 de setembro houbo un incendio en Beluso-Chadiza.
Ao incendio foron os bombeiros e a policía. E tiveron que cortar a luz e todo Beluso quedou sen luz.
Todo o mundo pensou que era un apagón e a xente estaba preocupada para facer a cea.
Ao final volveu a luz e toda a xente puido facer de cear. Que ben xa veu a luz!!!!
UN ACCIDENTE EN CELA CUNHA OCA
En Cela, hai uns cantos días, atropelaron unha oca. A policía municipal de Bueu tivo que saír o máis rápido posible para salvala, porque era un animal en perigo. A oca estaba perdida
e non sabían de quen era. Se supón que sería dalgún veciño de Bueu que ten casa en Cela. A oca estaba interrumpindo todo o paso dos coches e a policia foi correndo. Por sorte, non tivo danos importantes, pero a tiveron que inmovilizar para poder sacala porque as ocas cando estan asustadas poden ser perigosas. 
05/10/2009
Volta ao cole

O xoves día 10 de setembro comezou o cole no CEIP Montemogos.
Os nenos e as nenas estaban moi ilusionados por comezar e con intriga de que profe lles tocaría e que clase.
Os pequenos de infantil e os de 1º de primaria estaban moi ansiosos. Todos xogan no recreo moi entusiasmados e felices, aínda que non queren que cheguen os exames.
Queda un curso moi longo!!!! 
20/02/2008
As matanzas do porco
As matanzas de porcos son moi tradicionais. Pódense matar de varias maneiras: no banco, colgándoo, e matándoo coa pistola. Agora só se pode matar coa pistola, porque non se pode facer sufrir aos animais e senón póñenche unha multa.
07/12/2007
Os xabaríns do monte Ermelo
No monte de Ermelo hai máis de 80 xabaríns. Poden pesar ata 163 quilos. Os seus caninos poden chegar ata os 20 cm. Os machos adultos afían os seus caninos de arriba contra os de abaixo e cando se acorralan poden atacar ás persoas.
05/12/2007
A actuación da Banda de Música Artística de Bueu
A banda de música de Bueu tocou no JOHAN CARBALLEIRA celebrando o concerto de Santa Cecilia o pasado sábado.
Meu irmán tocou o trombón de varas.
