Se muestran los artículos pertenecientes al tema Premios e concursos.
07/03/2008
Entrega de premios do Concurso de Viñetas do Día Internacional da Muller
Aquí os presentamos a Ilustración presentada por Sara Menduíña, de 5º curso, que foi gañadora dunha mención especial, e gañou un libro para ela e outros para a biblioteca do cole. Grazas a todos e todas por participar e sorte para a vindeira edición.
24/01/2008
Inmersión Lingüística en inglés no verán 2008 (para os nenos e nenas de 6º)
Convócanse 100 prazas con aloxamento en campamentos ou residencias para este verán. É unha excelente oportunidade para mellorar o noso inglés e temos que apuntarnos enseguida.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES COMEZA O VENRES 18 DE XANEIRO E PERMANECERÁ ABERTO ATA O 18 DE FEBREIRO.
Tedes máis información de como solicitar a axuda pinchando no debuxo de abaixo.
Se xa estás convencido podes imprimir este documento para apuntarte. Sorte !!
28/11/2007
Entrega de premios do concurso de carteis contra a violencia de xénero
O pasado venres entregáronse no concello de Bueu os premios do concurso de carteis contra a violencia de xénero, e temos que felicitar a Alba de 6ºA xa que conseguiu un dos premios. Ela está ben escondidiña na foto, pero seguro que a atopades!! (Pinchade na foto para vela máis grande)
A seguir podemos ver a Alba no acto de entrega de premios:
Para rematar aquí podedes ver o cartel de Alba, a gañadora do noso colexio:
22/10/2007
IV Concurso de Carteis : Contra a violencia de xénero
O concello de Bueu organiza un concurso de carteis para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller onde pode participar todo o alumnado do terceiro ciclo.
Cada alumno pode entregar ata un máximo de 2 carteis. Deben ser orixinais e inéditos (non vale copialos).
Hai que entregar os traballos antes do día 8 de novembro.
Como premios: 1 MP4 para cada un dos gañadores e lotes de libros.
Nos seguintes enlaces podemos atopar ideas suxestivas:
Imos traballar cos carteis no seguinte enlace
28/05/2007
Día contra a violencia de xénero
Cun pouco de atraso chegan as fotos da entrega de premios celebrada no concello de Bueu o pasado 28 de novembro no día contra a violencia de xénero. Os gañadores do CEIP Montemogos de Beluso foron Marta, Susana e Cristian.


16/04/2007
Entrega de premios do día da muller traballadora

Aida Queimaño Soage, de 5º curso recibe o seu diploma de mans dun concelleiro.
Raquel Álvarez Martínez, de 6º A e Aida Queimaño Soage, de 5º posan na foto dos gañadores.
Noraboa ás dúas 
05/03/2007
Premios I Concurso Viñetas e Ilustración
O día xoves, 8 de marzo, ás 12:00 horas, deberán ir recoller os seus premios as alumnas do CEIP Montemogos:
Raquel Álvarez Martínez, de 6ºA , Terceiro Premio (un mp3)
Aida Queimaño Soage, de 5º curso, unha mención especial (diploma e libros).
Noraboa para as dúas
e grazas a tódolos participantes.
Concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil
Prensa-Escuela convoca o concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, con motivo da celebración da 19ª semana da Prensa na Escola, que se celebrará do 12 ao 16 de marzo de 2007.
A páxina de La Voz de Galicia tamén conta cunha sección de blogs onde participan os alumnos e alumnas dos centros educativos. O gañador no mes de xaneiro , está especializado en actividades de animación da biblioteca escolar.
Concursos: Operación CAN
Premio escolar Paz e Cooperación
PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2007
O MEU DEREITO A DECIDIR
Aquí podes atopar as Bases da Convocatoria.






