Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Presentacións

Son Rubén, a min gústame moito este colexio e tamen os profesores,InocenteAvergonzado

porque nos deixan xogar a todos.ChuloForrado

pero cando nos portamos mal castígannos, gústanos moito o presincak .GuiñoEnfadado

 

Ola, chámome Salva, teño 11 anos e son de 6º. Gústame ver pressing catch pola tele e xogar á pley.

Son Carme, estou no colexio e pásoo ben, gústame a música e os deportes, baloncesto e balonmán

Chámome Noemi, gústame xogar ao baloncesto e tamén ao fútbol. As miñas materias favoritas son o Inglés e a Plástica. Gústame practicar a natación. No verán gústame xogar cos meus amigos. E tamén me gusta a canción de Bam

Son Serafín de 6ºB. Gústame xogar a consola, facer mountain bike, tamén me gusta moito o motocross e pressing cath. A miña música preferida é o Punk español. Como por exemplo Kaóticos, que son galegos, e Lendakaris Muertos que son vascos.

Chámome Sergio, teño 11 anos e gústame moito o fútbol e o tenis. Vivo na praia de Beluso e o meu programa de tele favorito e o pressing cath. O meu loitador preferido de loita libre é o Rey Misterio e a súa técnica especial é o 619. Tamén me gusta a música e xogo ao fútbol no Beluso.

Son Ángel, gústame o deporte: o fútbol , o baloncesto e o tenis. Tamén as motos de cross, pressing cath, a NBA, e a música de rock.

Ola, son Erica, teño 11 anos e gústame moito xogar ao fútbol , ao balonmán e ao baloncesto. Vou ao colexio de Beluso e no recreo xogo moito cos meus amigos. No colexio estudo moito e aprobo tódolos exames que teño, por exemplo: coñecemento do medio, matemáticas, lingua galega, etc. O que se me dá un pouco mal e inglés e o que se me da ben e informática, música, educación física, etc.

Son Rosana, gústame o balonmán , a piscina , inglés e francés. Sempre miro Friends.

Ola, chámome Alba e estudo no colexio de Beluso. a min gústame xogar ao fútbol e tamén mirar pressing catch Sonriente o meu luchador favorito é Jeff Hardy e Reymisterio.

 

Son Agustín e gústame xogar ao fútbol , ao baloncesto, andar en bicicleta, smak daun e raw e gústame o xadrez (aquí podedes xogar partidas)

Somos Jose Ramón e Luis e gústanos xogar ao fútbol e a presing cach, ao baloncesto e tamén ás plaistations, as pesepés as deesés e tamén os mp4, gústanos fuscallar no ordenador e andar en bicicleta e gustame xogar cos meus primos cos meus amigos e tamén ter cans e gatos e ter irmáns.

Ola, son Jorge de 5º, gústame xogar á playstation, ó xogo de pressin cach 2007 e tamén me gusta o fútbol (o Real Madrid) e gústame Batista. A música que máis me gusta é o Mago de Oz.

Ola a todos, eu son Xosé, o profe de informática, e gústame a guitarra, (aquí podedes coller cancións para tocar), o xadrez, a astronomía, o ping-pong, os papaventos, os montes con carballos e castiñeiros, o mel e unha chea de cousas máis. Este ano, todos xuntos imos poñer superguai o blog do cole e a ver se nos dan algún premio. Sorte Sonriente

Ah, esquecíame... tamén me gustan os xogos de maxia, e este é o mellor de todos Chulo

0 comentarios