Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Excursión a Cabo Udra

Hoxe saímos os de 4º, 5º e 6º de excursión a Cabo Udra. Os de 6º fomos con Pili de guía e dimos a volta a todo o e espazo natural. Primeiro vimos o lugar onde se recollía o peixe e se tintaban as redes, que agora chámase o chiringo do tío Paco.
Despois estivemos no miradoiro de aves. A seguir, e despois de camiñar un bo treito chegamos ás baterías militares, zona na que había tres canóns para defender a ría dos barcos inimigos, e que agora van convertir nunha Aula da Natureza.
Despois de andar un pouco máis foi a hora da merenda. A seguir vimos unhas covas cerca da zona recreativa e xa para acabar fomos descansar ata a praia. Rubén, o noso guía particular, contounos emocionantes historias de esquíos, xabaríns, ou do submarino que afundiu en Ons. El vai ser o mellor guía de Cabo Udra.
Para acabar contareivos que hoxe foi o día de San Valentín e os corazóns andaban alterados... houbo máis dunha declaración de amor, e entre os afortunados e afortunadas estiveron Salva, Marta, Erica... e seguro que algún máis. Sorte a todos.
Pinchando nesta foto podedes ver o resto das que fixemos.

0 comentarios