Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Curraces e Uxío Novoneyra

Curraces e Uxío Novoneyra

Despois de recadar datos e falar sobre o Día das Letras Galegas e o seu homenaxeado, decidimos elaborar un libriño co que máis nos chamou a atención: naceu en Lugo, nas montañas do Courel, foi escritor e poeta... Ata emulamos a Andy Warhol pintando o seu retrato en pop art.

Dentro da súa obra gustounos a poesía do Cuco, por iso escribímola entre todos axudándonos de pictogramas, plastilina, brillantina... Gústavos?

1 comentario

MANUELA MILLAN -

Precioso traballo que fixestes cos nenos, o meu fillo chegou a casa moi orgulloso do seu primeiro libro. Aproveito tamén para dar os meus parabéns ao Centro por esta paxina (moi completa por certo), que nos permite aos pais estar un pouco mais presentes nas actividades dos nosos fillos no colexio. Grazas.