Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Unha excursión moi divertida

Ola a todos, vouvos falar dunha excursión moi interesante a Casa Galega da Cultura en Vigo que fixemos os nenos de 6º, 5º e 4º curso.

O primeiro que nos ensinaron foi un vídeo no que falaba sobre a vida de Fermín Penzol o fundador da Fundación Penzol e a través disto déronnos un libro titulado "Fermín Penzol: unha obra para un país". É un libro pequeno con 16 poemas de Álvaro Cunqueiro.

Despois ensináronnos a exposición de Álvaro Cunqueiro. A exposión estaba formada por dezaseis paneis sobre a vida de Cunqueiro e déronnos un libriño titulado "No niño novo do vento, cen anos con Álvaro Cunqueiro". Na exposición tamén había unha estatua do Mago Merlín cun rapaz e unhas mesas que estaban cheas de libros de Álvaro Cunqueiro en distintos idiomas (galego, castelán, francés,...)

Logo leváronnos a ver uns cadros de Cunqueiro e nun piso máis arriba vimos a biblioteca de Francisco Fernández del Riego director da mesma. A biblioteca estaba chea de libros moi antigos que nesa biblioteca aínda se conservan todos eles.

Máis tarde, leváronnos á biblioteca da Fundación Penzol que como a de Francisco Fernández del Riego estaba chea de moitos libros antigos escritos en todo tipo de idiomas.

Por último fomos ver un museo. Estaba cheo de moitos cadros de Fernández del Riego, feitos por todo tipo de pintores. Había un que a min me gustou moito no que se representaba a Catedral de Santiago.

Agora vouvos dicir algunhas páxinas de internet que podedes consultar para ter máis información:

  • http://consellodacultura.org/
  • http://www.editorialgalaxia.es/

Foi unha das mellores excursións da miña vida e unha oportunidade única de coñecer o Casa Galega da Cultura e gustaríame que todos poiderades visitala.

 Graciñas pola túa información. Fíxate nas palabras en verde. Así é como se escriben. Agardamos novas túas.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

RAQUEL 6º -

TANIA ES MUY INTERESENTE PERO LO MEJPOR ES VIVIRLO EN VIVO Y EN DIRECTO JA,JA,JA :)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres