Blogia
Blog do CEIP Montemogos

UN DÍA DE EXCURSIÓN

O martes día 9 de outubro, fomos de excursión a Santiago Risa. Ao chegar estaba chovendo moitísimo e corremos ao Museo das Peregrinacións na Praza de Praterías. No museo vimos moitas cousas, pero o que máis me gustou foi as vistas que había para ver a Torre do Reloxo, e xogamos a un videoxogo que trataba  dun peregrino da Idade Media que tiña que chegar a Catedral de Santiago. Por último vimos unha maqueta da Catedral que era enorme. Despois fomos a Catedral de Santiago é vimos o botafumeiro, gustoume moito Sonrisa.Pero disgusteime un pouco porque casi non puiden ver o Pórtico da Gloria porque estaba en obras. Finalmente na Catedral vimos o Códice Calixtino pero era unha copia.

Cando chegamos á Cidade da Cultura vimos a un chico que estaba subindo e nós gritamos:

-¡¡¡Tírate!!!. Despois comimos, e había unha abella que intentaba picarme pero eu corrín. Ao acabar de comer subimos unha rampa duns 30 metros, pero había un garda que non nos deixou subir tan arriba. Un rato mais tarde fomos ao museo de maquetas na Cidade da Cultura. Un rato mais tarde fomos ao museo de Gallaecia Petrea había moitos MONUMENTOS MEGALÍTICOS e figuras da antigüedade. Despois fomos ao autobús e fomos ao colexio. No colexio estaban todas as nais esperando.

                           

                     FOI MOI DIVERTIDO

Unha mágoa que non puideras ver o Pórtico da Gloria. Fíxate en como se escriben as palabras destacadas.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

Manuel Gómez Torres -

Alégrome moito que o pasásedes tan ben. Eu recordo cando era pequeno na catedral que nos deixaban pedir un desexo e dar un croque no Santo para que se cumprise. Saudos :)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres