Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Conmemoracións e celebracións

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

No venres, 29 de xaneiro, celebramos co cole unha xornada pola paz e a non violencia. Todos os alumnos e profesores do centro saímos ao patio para cantar e bailar, interpretando "Odio por amor" de Juanes.

Entre todos citamos cada un dos puntos dun decálogo para a paz.

 

A FESTA DE CUMPREANOS DE ALEXANDRA

O cumpreanos de Alexandra, foi o día 22-1-10, no chocolate, Cangas.

Pasámolo moi ben xogando na colchoneta, coa WII, coa playstation, cos ordenadores, no billar e no futbolín.

Alexandra cumpliu 12 anos e déronlle moitos regalos.

Eu regaleille un libro e Iria regaloulle o mesmo. Que mala sorte tivemos!

Doce Nadal

Doce Nadal

O espírito da navidade non consiste só nos agasallos, se non tamén en pasalo ben coa familia. Na navidade temos a costume de poñer a árbore de nadal. Son unhas datas moi bonitas.

Postal de Nadal

Postal de Nadal

OS MONOS PARLANTES OS DESEXAMOS FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO.

TAMÉN OS DESEXAMOS QUE OS REIS E PAPÁ NOEL OS TRAIAN MOITOS, MOITOS

REGALOS.

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO.

As vacacións de nadal

Xa van empezar as vacacións de nadal, para pasala coa familia. Xa empezamos a comer turrón, bombóns... E todos os nenos escríbenlle a carta aos Reis Magos e Papá Noel. Os nenos están ansiosos polos regalos de Papá Noel e os Reis Magos.

POEMA

POEMA

 A UNHA NAI

Gústame cando:

Xogas comigo,

cando contas chistes,

cando me axudas a facer os deberes,

cando me fas de comer.

 

Tamén me gusta

cando me contas contos,

cando sorrís,

cando te pos os vestidos.

Gústame cando me peiteas,

cando imos de compras,

cando dormes comigo,

cando te depilas as pernas,

cando te bañas comigo.

 

Mamá, gústame cando:

cando me das mimos,

cando facemos pasteis,

cando me animas.

Cando vemos películas e

cando traballamos xuntos.

Gústame cando me levas a sitios,

cando me das un bico polas noites.

 

E  encántasme cando me dis que me queresGuiño.

 

Equipo de redacción do blog de 4ºA

 

 

O DÍA DO PAI

En gran parte do mundo, estableceuse un día para  honrar aos pais ou antepasados masculinos. Na tradición catolica, festéxase o día de San Xosé o 19 de marzo. Outras tradicións teñen outros días para lembrarse da figura do pai.

Na actualidade, en moitos paises tradicionalmente católicos, tamén se festexa un día do pai máis secular ou non relixioso. Os comercios aproveitan para vender agasallos que os fillos entregan des pois aos pais.

Así todos contentos, ou non?Guiño

    Redacción do blog de 5ºB

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día internacional da Muller TraballadoraSonrisacelébrase o día 8 de marzo. Este día refírese á igualdade entre o home e a muller.

É unha xornada que celebran os grupos feministas en todo o mundo. Nesa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é a festa nacional de moitos países. Inocente

 Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras  nacionais e diferencias lingüísticas, culturais, económicas e politicas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, e a paz...

CELEBRAMOS O CARNAVAL

CELEBRAMOS O CARNAVAL

 

 

 

 

 

O venres, 20 de febreiro, todo o alumnado e profesorado do CEIP Montemogos de Beluso saímos disfrazados a percorrer as rúas próximas ao colexio. Chegamos ata o cruceiro e todos os pais, nais e avoas estaban mirando a ver se nos localizaban.

 

 

Os de infantil de  Cabalo, Bon e Curraces foron  de pallasos, os de  primero  foron de forzudos, segundo de leóns, terceiro e cuarto de carpas, quinto do circo do sol, e sexto de magos. Un circo en pleno!

Ao volver ao colexio cantamos no salón de actos as coplas ensaiadas.

Rematamos degustando os productos do entroido: orellas, filloas, chulas,....

Foi estupendo!Lengua fuera

 

O ENTROIDO

O ENTROIDO

Xa temos moi próxima a celebración do Entroido, e todos os nenos e nenas do colexio estamos a elaborar os nosos propios disfraces.

Este ano escollemos o tema do circo. Uns convertiranse en pallasos, outros en forzudos e forzudas, leóns e leonas, carpas de circo, Circo do Sol ou magos e magas.

Todo será moi divertido! Este é o principio...Como rematará?

O magosto no colexio de Beluso

O día 14 de novembro celebrarase o Magosto no colexio de Beluso.
Esa mañá se practicarán diferentes xogos populares dende as 12:15 ata as 13:15. Despois os/as nenos/as e os/as profesores/as degustarán as castañas asadas na fogueira que se fará no patio traseiro do colexio.
Ó acabar de degustar as castañas os/as nenos/as farán un xogo moi común que todos os anos se practica. Consiste en coller coas mans o borro da fogueira e emborrarse.

Ninguén se salva dunha boa "emborrada"!

Ata a vista!

Celebración do Samaín

Os nenos e nenas do colexio de BELUSO estamos traballando na celebración do Samaín.

Ademais de traer cabazas feitas da casa, fixemos murais, talleres e debuxos de medo.

Algúns dos máis maiores (5º e 6º) do colexio ensináronlle aos pequenos todo sobre esta celebración.

QUE PASEDES UN BO DÍA DE MEDO!

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o día 5 de xuño de cada ano, para estimular a concienciación sobre o ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O lema seleccionado para O Día Mundial do Medio Ambiente 2008 é Deixa o Hábito! Cara a unha economía baixa en Carbono, e proponnos reducir a nosa produción de CO2, principal causante do efecto invernadoiro e do quencemento glogal.

Na páxina do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) atoparás máis materiais informativos, e algúns vídeos, coma este dunha canción de Sting con imaxes e mensaxe.

Nos enlaces seguintes podes aprender consellos para colaborar na mellora do medio ambiente:

Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.

Calcula as emisións de Carbono que podes aforrar


Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.

Para rematar aquí tedes uns xogos:

1. Para cuidar a illa de Honoloko.

2. Moitos máis xogos na web de Fundación Biodiversidad.

Coñecer Europa xogando

Na conmemoración do día 9 de maio como Día de Europa, propoñémovos visitar unhas páxinas web: para o alumnado de terceiro ciclo podedes explorar Europa e repasar os vosos coñecementos (datos de poboación, clima, agricultura, etc.) na páxina que segue.

E tamén enteraros de moitas outras cousas en

Os máis pequenos podedes aprender cousas sobre Europa cuns xogos.

Contacontos no Día Internacional da Muller

Hoxe houbo sesión de contacontos no cole para todos os nenos e nenas. Neka contounos os contos de Leopoldo e Casilda e o do Crocodilo namorado. Cousa rara que un crocodilo se namore dunha xirafa, pero son cousas que pasan. Os contos fannos pensar que todos e todas somos persoas e que é bo respectar as nosas diferenzas.

Conmemoración do día da muller traballadora (8 de marzo): actividades

Co gallo da conmemoración do día 8 de marzo de 2008, Día Internacional da muller traballadora, temos en marcha as seguintes actividades:

1. O II Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo", convocado polo CIM do concello de Bueu. Aquí tedes as bases da convocatoria.


Máis viñetas para inspirarse nos seguintes enlaces:

Viñetas de Forges

Tira cómica MAGOLA

2. Actividade de CONTACONTOS nos colexios de Infantil e Primaria, con 3 contos propostos:

3 . Este ano o CIM propón traballar arredor das mulleres (neste caso mestras) que foron represaliadas trala guerra civil do ano 1936. Neste concello víronse nesa situación:

1.- Aurora Vidal Martínez. Mestra da Banda do Río.

2.- Euxenia Domínguez. Mestra de Cela, suspendida no cargo.

3.- Leopoldina Gómez. Mestra en Bon, suspendida no cargo.

4.- Tareixa López González. Mestra en Bueu, suspendida no cargo.

En cada colexio, un grupo de nenos e nenas fará unha entrevista a un familiar destas mulleres ou a algunha outra que sufrise unha situación similar e gravarase en vídeo, co obxecto de poder editar un DVD con todas as entrevistas feitas.

Para coñecer máis sobre as persoas represaliadas en Bueu tralo alzamento militar franquista de 1936 podes visitar a web da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, que fora alcalde de Bueu asasinado en 1936.


Entroido 2008

Hoxe tivemos o desfile de entroido, lástima que a chuvia non nos deixase ir ata a praza lucir os traxes. Pero aínda así presentamos as comparsas no salón de actos diante dos nosos pais e nais e logo desfilamos arredor do cole.

E a seguir imos ver uns vídeos. Así estaba o ambiente antes de empezar:



Os nenos e nenas de infantil de Cabalo e as súas profes comezan o desfile disfrazados de cartas da baralla.



Aínda faltaban os de Bon e Curraces... deseguido viñeron os de 1º ciclo, disfrazados de ratos Micki e Minnie.

 

Os de 2º ciclo foron todos de perigosos piratas do Caribe... daba medo velos! Xa para rematar, os de 3º ciclo eran Peter Pan e Campaniña e Alí Babá e os seus malvados 40 mamóns.




Ao rematar tivemos unha super merenda con filloas e orellas e comemos todos a fartar!!


Para acabar imos ver unhas fotos do desfile. Pinchade nesta foto para ver o resto.


Celebración do Día da Paz

Hoxe celebramos o día da paz no cole.

Xuntámonos todos os nenos, as nenas, os profes e as profes e támén Moisés no patio e limos uns manifestos que traballaramos na clase. Despois, pegámolos nunha pancarta moi grande.


Imos ver en primeiro lugar a dúas nenas de educación infantil lendo os seus manifestos.


Os nenos de 1º curso (Rebeca e Sergio) déronnos a receta da Tarta da Paz, e fartar fartámonos... de rir, claro.



Por 2º A leron os manifestos Cristian e Ana



Por 2º B leron André e Raquel



Os de 4ºB (Anxo e Ana) e os de 5º (Vanesa e Jorge) van no mesmo vídeo:

 

E os últimos manifestos léronos as nenas de 6ºB Aida e Celeste



Para rematar cantamos todos xuntos unha canción.



Antes de despedirnos poñemos unha foto que nos lembra o que temos que facerlle ás guerras: quen se apunta?

E un xogo de preguntas para ver quen gaña o premio ó mellor pacifista:

Recollido no blog Ensino en galego