Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Excursións

EXCURSIÓN A VIGO

EXCURSIÓN A VIGO

HOXE, MÉRCORES 19 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO.

VIMOS A OBRA DE TEATRO "ME DUELE EL CAPARAZÓN".

LOGO VISITAMOS O MUSEO DO MAR. PASÁMOLO FENOMENAL, CANTAMOS E BAILAMOS COMA PEIXIÑOS.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA

VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA

HOXE, MÉRCORES 12 DE MAIO, FIXEMOS UNHA VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA.

VIMOS MURAIS QUE  AMOSABAN OS ANIMAIS E  PLANTAS DO HÁBITAT DO CABO.

FIXEMOS RUTAS DE SENDERISMO ONDE PUDEMOS COMPROBAR OS NOSOS COÑECEMENTOS.

OS DE INFANTIL VISITAN A LONXA

OS DE INFANTIL VISITAN A LONXA

HOXE, 27 DE ABRIL, POLA MAÑÁ, VISITAMOS A LONXA DE BUEU.

SAÍMOS DO COLE E FOMOS POLA ROIBA E A PRAIA DE BELUSO ATA BUEU. CHEGAMOS MOI CANSOS!!!

A TARTARUGA É MOI GRANDE E TIÑA A BOCA CHEÍÑA DE "DENTES".

Ó SAIR DA LONXA FOMOS Ó PARQUE.

FOI UNHA MAÑÁ ESTUPENDA!!!!

A excursión a Vigo.

Os nenos de terceiro e os nenos de cuarto van facer una excursión a Vigo o día 22 de abril.

Van ir ver o Museo do Mar e unha obra de teatro que se titula: El niño colchón.

 

A excursión a Vigo

O día 9 de marzo, os nenos e nenas de Ceip Montemogos do terceiro ciclo fomos de excursión a Vigo a visitar un teatro musical. Nos ensinaron as distintas familias musicais e algúns instrumentos e tocaron varias pezas e despois fomos ao Verbum e fixemos varias actividades e un conto.

Excursión do Terceiro Ciclo

O Martes 9 de marzo o Terceiro Ciclo fomos de excursión a Vigo. Vimos un concerto de músca onde había trompas, violines, baterias... Tamén sairon a bailar dous compañeiros do colexio, Jº Angel e Mª Mercedes os dous de 6º . A tocar foron Carmen e Susana de 5º-6º. Despois fomos ao Museo das Palabras. Ao principio fomos cunha muller a parte de arriba do edificio, alí arriba vimos unha máquina que tiña debuxado o mundo, dábaslle a calquera país e dicíache na súa lingua quérote, ámote, adóroche. A continuación déronnos unhas tarxetas que tiñan unha oración partida a metade, tivemos que encontrar á nosa parella. Ao final fixemos en grupos de 5 un cómic. Foi moi divertido!!

 

Somos noticia!

No Xornal Escolar, do Atlántico Diario do mércores 17 de marzo, aparecemos algúns nenos e nenas de 5º e 6º que estivemos no concerto en Vigo. Estamos estupendos!

A EXCURSION A VIGO

O pasado martes día 26 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º, fumos de visita a un teatro e ao museo do mar. O teatro chamábase "Un Teatro De Bolsillo". Era moi gracioso. O que máis me gustou foi cando o actor viña... Quen quere auga!!!
Despois, fumos ao museo do mar. Había un submarino tan pequeno que só collían como máximo 3 persoas. A continución, fumos ao acuario. Era moi chulo pero tamén bastante pequeno. Tamén fixemos una subasta nunha parte dunha lonxa antiga. Esa para min foi das mellores excursións.

 

 

 

 

SAÍDA DE OUTONO

SAÍDA DE OUTONO

SAÍMOS A APAÑAR CASTAÑAS.

PASÁMOLO MOI BEN.

COMO FACÍA TAN BO DÍA ACHEGÁMONOS Á PRAIA DE TULLA.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

Excursión a Vigo

Excursión a Vigo

Os nenos e as nenas do primeiro ciclo foron  o día 23 de novembro de visita a Vigo para asistir a unha obra de teatro no centro Caixanova, Ainara de primeiro B, cóntanos o argumento da obra:

" Fun ao teatro, vin unha obra que trataba dunha árbore e un leñador que quería cortala para gañar diñeiro".

A obra foi estupenda e os nen@s quedaron encantad@s e pasáronno moi ben.

 

A excursión a Coruña

Os  nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión a Coruña  a disfrutar da Domus, o acuario e o planetario. Na Domus miramos unha película en 3d e despois a sala de exposicións. Na sala de exposicións había un home en tamaño real, unha proba de relaxamento...Cando rematamos fomos comer.

A continuación dirixímonos á Torre de Hércules. Despois chegamos ao acuario. No acuario había dúas quenllas: un macho e unha femia, 9 focas pero unha delas estaba noutra piscina porque xa ten 27 anos e é moi vella e ademáis está enferma. Ao acabar de mirar o acuario fomos ao planetario. No planetario fixemos moitas actividades. Despois da sala de exposicións disfrutamos doutra película en 3d. Cando rematou a película merendamos e volvemos a casa. Pasámolo moi ben!

VISITA A UN MEDIO DE COMUNICACIÓN E A UN TEATRO

 

Os alumnos do terceiro ciclo de primaria fomos de visita ás instalacións do xornal Faro de Vigo o pasado 27 de novembro. Ensinaron e explicaron como se facían os xornais, as máquinas para imprimilos, os enormes rolos de papel que usaban, ...

Saímos nunha foto na sección do Faro de Vigo chamada “Faro da Escola”do martes 2 de decembro.

Antes xa foramos ver un documental ao teatro García Barbón de Caixanova que se titulaba “O mar das Cíes”, e observamos como un polbo merendaba unha centola. Tamén o nacemento dunha raia, como se apareaban dous chocos... mesmo as covas onde se agochaban os polbos e os congros para librarse dos seus inimigos.

FERNANDO BOTERO

Os nenos e nenas de primeiro ciclo foron visitar unha exposición do artista Fernando Botero. Pero...

QUEN É FERNANDO BOTERO?

Botero é un pintor e escultor colombiano de fama internacional. Naceu no ano 1932.

Desde moi novo empezou a pintar e pronto decidiu viaxar por toda Europa para coñecer mellor as obras dos grandes mestres.

Cando regresou ao seu país intentou poñer en práctica o aprendido: comezou a experimentar con formas e volumes.

Un día, pintando un instrumento musical, deuse conta de que esaxerara demasiado o seu volume. A partir dese momento descubriu que era o seu estilo, a súa propia maneira de expresarse.

Botero ten unha forma de interpretar a arte tan persoal, que o fai inconfundible.

Algunhas das súas esculturas atópanse en cidades españolas como Madrid, Barcelona e Oviedo.

Excursión a Cerceda e Fisterra

Onte fomos todo o terceiro ciclo de excursión. Primeiro chegamos a Cerceda, un concello da provincia de A Coruña, e visitamos SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Recibíronnos moi amablemente Celia e Bea e explicáronnos nun mapa todos os edificios que había e que cousas facían alí.

En SOGAMA recollen dous tipos de lixo de toda Galicia: os contenedores amarelos de envases de plástico, metal e tetra-briks e os contenedores verdes de residuos xerais (todo o que non se separa). Así que nos puxemos todos as cofias e os cascos e fomos visitar as naves. O que menos nos gustou foi o cheiro, e máis dun andivo todo o tempo co narís tapado.

Nunha nave separaban os plásticos que chegaban xuntos nos contenedores amarelos: latas por un lado, tetra-briks por outro, e envases de plástico por outro. Facíano unhas operarias que traballaban nunha cinta transportadora, e tamén o facían mecanicamente uns imáns que chupaban as latas de metal. Ao final saía todo ben separado e empaquetadiño.

Noutra nave chegaban os residuos dos contenedores verdes escuros e librábanse nun foxo.

De alí collíaos un pulpo e pasaban a outra nave onde lles sacaban a auga con calor, e o vapor de auga saía por dúas chemineas.

Despois, o residuo xa seco ía ter logo dunhas cantas voltas a unhas caldeiras onde se queimaban e producíase suficiente enerxía eléctrica para abastecer a cidade de A Coruña. Por esas chemineas non saía fume, ou non se vía, pois pasaba por moitos filtros. As cinzas metíanas nuns sacos e almacenábanas nun monte próximo ben tapadas con terra e plásticos.

Antes de irnos fixemos un examen e aprobamos case todos, e en recompensa déronnos moitos regalos: un contenedor de lixo amarelo, cheo de caramelos e lápices reciclados. Unha aperta a Bea e Celia que foron superboas.

Logo collimos o autobús e fomos a Aquapark, o parque acuático máis grande de Galicia. Bañámonos nas piscinas e tirámonos polos tobogáns. Foi superdivertido e non paramos de xogar ata a hora de marchar.

Camiño de Fisterra paramos no castelo medieval de Vimianzo. Exploramos todo o castelo, andivemos polas almeas e subimos á torre máis alta.

Por fin chegamos ao faro de Fisterra, e dende alí vimos a estatua da liberdade. A verdade é que hai que fixarse moi pero que moi ben, e só se ve como un pequeno destello alá lonxe ao outro lado do mar. Alí merendamos e logo compramos uns regaliños nunha tenda para traer de recordo.

O resto das fotos tédelas neste enlace

As escolas de infantil en Apípolis

Hoxe todas as nenas e nenos de infantil fomos coas nosas profes a Apípolis, a cidade das abellas, en Xeve, Pontevedra. Pasámolo superben. Vestímonos cos traxes de apicultores, para que as abellas non nos picasen, cunha funda con careta e cuns guantes amarelos enormes coma soles.

Despois vimos colmeas con abellas de verdade, pois había un señor apicultor que nos ensinaba todo, e que lle botaba fume ás abellas para que non se enfadasen. Vimos as obreiras, as larvas, a raíña e os abázcaros, que eran os máis gordos. As abellas chegaban á colmea cargadas de mel e tamén coas patas cheas de pole de moitas cores: branco, amarelo, laranxa...

As que máis medo tiveron foron as profes, que non movían nin un dedo por se acaso.

A seguir contáronnos un conto superdivertido e fumos ver unha exposición con moitos carteis, con vídeos, con osos que comían as abellas, e con enxames que vivían en colmeas de vidro, e viamos como as abellas entraban e saían.

Ao acabar o paseo tocou traballar de verdade, e tivemos que sacar o mel dos panais, dentro dun extractor, unha máquina parecida a unha bicicleta, e démoslle todos á manivela para ver quen era capaz de sacar máis mel. Ao final enchemos un caldeiro, e metemos o mel nuns frasquiños moi pequeniños.
E despois do traballo... tocou cociñar unhas riquísimas galletas de mel. A verdade é qué saíron un pouco duras, e a min case me rompen un dente, pero estábanche ben boas. Mentres se cocían as galletas fixemos unhas velas coa cera das abellas.
Chegou a hora da comida ¡e mira que tiñamos fame!

Ao acabar fomos xogar ao patio, e había que encestar un balón nunha canasta de baloncesto. Outros nenos xogaron nunha piscina que non tiña auga, e outros andaban atrás de Roni, un can moi guapo que non nos facía moito caso, nin aínda que lle tirasemos do rabo.

Pola tarde, cos monitores fixemos unha roda e cantamos e xogamos moito. E antes de irnos aínda nos regalaron a cada un de nós tres cousas: unha galleta de mel, unha vela pequerrechiña e un frasquiño cheo co mel que sacaramos na bici.
Esta si que foi unha boa excursión!!

Podemos ver aquí todas as fotos xuntas.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Excursión a Coruña

Os nenos e nenas de terceiro ciclo fomos cos nosos profes de excursión a Coruña, e visitamos tres lugares moi interesantes. Pasámolo super ben. Visitamos primeiro o Acuario, despois a Casa do Domus e xa para acabar fomos á Casa das Ciencias, onde tivemos unha sesión de planetario.

No acuario unha guía deunos unha explicación sobre os peixes que alí había:

 

Vimos un expositor onde estaba un lubrigante xigante e outros peixes de acantilado: rañortes, congrios...



Noutro estaban un banco de sardiñas e un mero escondidiño nun recuncho:



Noutros destacaban os rodaballos


Unha morena e un pinto...



tamén vimos estrelas de mar, cabaliños de mar, medusas... e xa para rematar visitamos o submarino Nautilus, do capitán Nemo, e alí na súa sala principal puidemos ver un mundo de peixes, e os máis grandes eran os tiburóns.



E xa antes de marchar, aínda puidemos ver as focas!!

 

Na gustounos moito un péndulo que se movía e tiraba cos bolos:

O péndulo non daba caído...



Pero ó final... houbo festa!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres