Se muestran los artículos pertenecientes al tema Orientación a pais e nais.

19/06/2007

Cursos VERÁN EN REDE


O concello de Bueu organiza uns obradoiros sobre as Novas Tecnoloxías para maiores de 16 anos, totalmente gratuitos durante este verán.

  1. Iniciación a Internet e ós buscadores (Do 2 ao 5 de xullo)
  2. Correo electrónico e mensaxería instantánea (Do 9 ao 12 de xullo)
  3. O teu espazo web: Blog e Flog (Do 17 ao 20 de xullo)
  4. Photoshop (Do 23 ao 27 de xullo)
  5. Busca de emprego por internet (Do 30 de xullo ao 3 de agosto)
  6. Deseño de páxinas web (Do 6 ao 17 de Agosto)
  7. O software libre: iniciación informática (Do 20 ao 31 de agosto)

Máis información na OMIX de Bueu (986 324 395). Unha boa oportunidade para mellorar os nosos coñecementos no uso dos ordenadores.

19/06/2007 12:08 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Orientación a pais e nais

29/05/2007

28 de maio: día nacional da nutrición

Decálogo da boa alimentación (Cartel para os nenos)

 

 

Decálogo para pais e nais , elaborado polo departamento de orientación. Son 2 páxinas en formato pdf.

Un artigo na Revista Educar Bien , animando a comer verduras. 

 

Por último recollemos un completo documento en PDF sobre alimentación, na páxina da CEOU (Xunta de Galicia)


29/05/2007 10:41 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Orientación a pais e nais

19/04/2007

Curso de Internet para pais e nais

Informamos ós pais e nais dos alumnos do CEIP Montemogos que está aberto o prazo de inscrición para o curso "Conéctate c@s teus fill@s".

O curso celebrarase na aula de informática do colexio, os venres pola tarde, os días 27 de Abril e 4, 11 e 25 de Maio, de 16:30 a 18:00 horas.

Esta é unha boa oportunidade para introducirnos no mundo de internet, e dese xeito poder axudar ós nosos fillos no uso deste medio.

Para calquera dúbida chamar ó teléfono: 986.324.395

19/04/2007 14:05 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Orientación a pais e nais


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]