Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Orientación a pais e nais

Cursos VERÁN EN REDE


O concello de Bueu organiza uns obradoiros sobre as Novas Tecnoloxías para maiores de 16 anos, totalmente gratuitos durante este verán.

  1. Iniciación a Internet e ós buscadores (Do 2 ao 5 de xullo)
  2. Correo electrónico e mensaxería instantánea (Do 9 ao 12 de xullo)
  3. O teu espazo web: Blog e Flog (Do 17 ao 20 de xullo)
  4. Photoshop (Do 23 ao 27 de xullo)
  5. Busca de emprego por internet (Do 30 de xullo ao 3 de agosto)
  6. Deseño de páxinas web (Do 6 ao 17 de Agosto)
  7. O software libre: iniciación informática (Do 20 ao 31 de agosto)

Máis información na OMIX de Bueu (986 324 395). Unha boa oportunidade para mellorar os nosos coñecementos no uso dos ordenadores.

28 de maio: día nacional da nutrición

Decálogo da boa alimentación (Cartel para os nenos)

 

 

Decálogo para pais e nais , elaborado polo departamento de orientación. Son 2 páxinas en formato pdf.

Un artigo na Revista Educar Bien , animando a comer verduras. 

 

Por último recollemos un completo documento en PDF sobre alimentación, na páxina da CEOU (Xunta de Galicia)


Curso de Internet para pais e nais

Informamos ós pais e nais dos alumnos do CEIP Montemogos que está aberto o prazo de inscrición para o curso "Conéctate c@s teus fill@s".

O curso celebrarase na aula de informática do colexio, os venres pola tarde, os días 27 de Abril e 4, 11 e 25 de Maio, de 16:30 a 18:00 horas.

Esta é unha boa oportunidade para introducirnos no mundo de internet, e dese xeito poder axudar ós nosos fillos no uso deste medio.

Para calquera dúbida chamar ó teléfono: 986.324.395