Se muestran los artículos pertenecientes al tema Tempo libre e afeccións.
16/11/2009
Os policías

O traballo dos policías é moi complicado. Eles deben protexer ós cidadáns dos distintos perigos que poden causarnos dano. Nos só son persoas que manexan un arma, senón que a nosa vida está nas súas mans.
Velaquí unha imaxe da miña serie preferida sobre policías españois: Os homes de Paco.
12/11/2009
Hugo, a gran fichaxe do Bueu atlético balonmán

Hugo é xogador de balonmán. O ano pasado xogaba no balonmán Cangas. Este ano fichouno o Bueu atlético balonmán.
Marcou vintedous goles na liga.
É o mellor xogador do Bueu
Luc Abalo
Luc Abalo é un xogador do Ciudad Real moi bo. É extremo dereito, o día 11 Luc Abalo veu a xogar a Cangas co seu equipo o Ciudad Real. O Ciudad Real gañou por 26-38. Eu estiven con el e firmoume e puiden sacarme unha foto con el.
Borut Oslak

MICHAEL JACKSON

Michael Jackson, máis coñecido como o rei do pop, foi un gran cantante e bailarín.
Naceu o 29 de agosto de 1959 e morreu o 25 de xuño de 2009 deixando a miles de fans en todos os lugares do mundo.
Hoxe, nós, queremos recordar a este gran cantante que foi unha gran persoa cun gran corazón.
Viva Michael Jackson!
15/10/2009
ZLATAN IBRAHIMOVIC
Zlatan Ibrahimovic, é un xogador do F.C Barcelona. Fichárono hai 1 mes, agora é un dos xogadores máis rentables do Barça. Agora Leo Messi e Zlatan Ibrahimovic son unha parella moi boa. O martes 29 de setembro o Barça gañou 2-0 ao Dynamo de Kiev. Ibrahimovic quedou sen marcar gol o martes pero, segue sendo un bo xogador.

bulldog frances
O celta
Este ano o celta non lle vai moi ben. Non gañou ningún partido, empatou dous e perdeu tres

BULL TERRIER
O estándar de Bull Terrier é forte, musculoso e de pelo curto. As cores aceptadas son en branco (permítense manchas na cabeza), e outras cores, entre as cales se preferirá a atigrada. As cores negra atigrada, vermella, leonada e tricolor son aceptables. Non se teñen en conta as marcas de pigmentación na pel. As cores azul e fígado son altamente indesexables.
Alonso pasa a Ferrari
Alonso é o mellor de España, e pasará a Ferrari co cal quedará 5 tempadas e gañará 25.000.000€ a tempada. Para min que vai ser casi mellor que Schumacher.

"FÍSICA OU QUÍMICA"
A 4ª tempada de Física o química, comezou o martes 22 de setembro. Esta tempada trae mogollón de sorpresas...
Como a de Angy Fernández máis coñecida como "Paula" na serie Física o Química. Esta embarazada de Adam Jeziereski máis coñecido como "Gorka" na serie de Física o Química. Se queredes miralo, buscar tres antenas polas noites...AH, AH, AH!!!
ZLATAN IBRAHIMOVIC, OUTRA ESTRELA BLAUGRANA
Zlatan Ibrahimovic, naceu en Suecia. O mércores, lesionouse contra o Racing de Santander. Lesionouse no pé. Estará varias semanas de baixa. Antes de lesionarse meteu un gol de cabeza
.Ao final o partido quedou 4-1. Gañou o Barça. A polo triplete!!!!!!!!!!!!!!!!!
17/06/2009
Beluso atlético balonmán

Esta tempada quedamos moi ben clasificados na liga. Finalizamos a 1 punto do Teucro .
O Lalín foi primeiro e nós os segundos. O primeiro e o segundo se clasificaban para a copa Galicia .
Na copa Galicia quedamos terceiros, é moi dificil. Moito nivel.
Foi unha temporada moi intensa.
02/06/2009
LEO MESSI
Leo Messi naceu en Arxentina. Xoga no Fútbol Club Barcelona
. Tiña unha enfermidade, de crecemento. O Barcelona pagoulle un tratamento especial. En decembro de 2008, case consegue ser o mellor xogador do mundo
. Nesta tempada ven de gañar a liga de España, a Champions League e a Copa do Rei.,

08/05/2008
Series e programas de televisión
O INTERNADO
O internado é unha serie de Antena 3, os seus protagonistas máis importantes son: Marcos, Iván, Carol, Vicky...
Un colexio separado do mundo, "A lagoa negra", que oculta un gran misterio no bosque que o rodea.
É a serie máis vista polos rapaces e rapazas de hoxe en día. (Sara e Celeste, de 6º)
"TU SI QUE VALES"
"Tu si que vales" é un programa gracioso polo seu xurado, que son:
Noemi (é a tipica barbie que todos estabamos esperando)
Os morancos (son os pallasos do xurado)
E Sardá (que parece vir máis enfadado que antes)
Tamén hai unha moza que se chama " LEIDI LAURA" (que é unha moza que estaban esperando os morancos)
Como vedes este programa é un programa moi famoso. Se queredes velo, o botan os venres pola noite a iso das nove ou dez e media. (Sara e Antía, de 5º)
"LOCOS POR LA CIENCIA"
É unha serie de adolescentes, na que un día a Toby e Elisabeth caíulles un raio enriba, que viña dunha estraña pedra, e dende aquela son unos xenios da ciencia, capaces de construír máquinas inimaxinábeis, o único problema é que se levan mal. Elizabeth, cos seus malvados amigos Verity e Garth intentan acabar con Toby e os seus amigos Sasha e Russell. Tobi está namorado de Vicky, unha rapaza que non sabe que ten poderes de xenio (Aida e Irene, de 6º).
FAMA
Fama é un programa da televisón. A gañadora deste ano foi Vicky, que bailaba moi ben.
Nos casting colleron os mellores pero logo os ían expulsando da academia e regresaban os que mellor bailaban dos que non eran elexidos por bailar tan ben. Viñeron: Patricia, Miguel, Belinda, Paula, Jacob, Jandro, Massiel, Manga, Juan Carlos, Mary, Juanma... (Vanesa e Iria, de 5º)
01/05/2008
Rafael Nadal
Rafa Nadal naceu o 3 de xuño de 1982, en Mallorca.
É un tenista español e o segundo mellor tenista do mundo. Con 15 anos convertiuse no tenista máis novo da historia do tenis en gañar un torneo.
Zoey 101
Esta é una serie de adolescentes, a súa protagonista e Zoey, estuda nun colexio interno PCA, cos seus amigos: Lola, Kwen, Chase, Mikel e Logan, tamen está seu irmán Dustin.
Lola é a mellor amiga de Zoey e quere ser actriz.
Kwen é unha fanática da ciencia, o seu noivo e Mark del Fígalo.
Chase é o mellor amigo de Zoey, fai dous anos estaba namorado dela.
Mikel é o mellor amigo de Chease, sempre anda de broma.
Logan é un "Chico" consentido, xa que seu pai é rico.
As sereas
As sereas son seres fabulosos, orixinarios da mitoloxía grega e ampliamente extendidos nas narracions fantásticas da literatura occidental.
Todo o mundo as describe como mozas fermosas que na auga teñen cola de peixe.
Agora no século XXI hai moitas series publicadas sobre elas, unha delas é:
H2O, A PELÍCULA DA SEREIÑA....
Agora ensinámosvos unhas fotos:
H2O
H2O é unha serie de sereas. Cada serea ten un poder diferente: unha ten o do lume, outra o do xeo e a outra o da auga.
A do lume chámase Ricky, a do xeo chámase Enma e a da auga chámase Cleo.
As sereas teñen que ter moito coidado con mollarse, pois unha soa gota que lles caia enriba e xa se converten en sereas.
Elas co seu amigo Luis sempre van á illa de Maco para sentirse máis seguras.
24/04/2008
Bueu Atlético Balonmán
O Bueu Atlético Balonmán é un gran equipo. Os xogadores da categoria benxamín de cuarto A somos Jose, José Manuel, Noel, Yoel, Javi, Vera e máis eu.
Nesta liga quedamos segundos, e para a próxima seremos os campións!
Nou camp: o mellor campo do mundo
O Nou Camp é sen dúbida o mellor estadio do mundo e onda xogan os mellores xogadores.
O Barcelona recuperou a Messi, que xa está facendo as súas extraordinarias xogadas. Ánimo e a gañar a copa de Europa. Visca Barça!!!
(Podedes ver a foto grande pinchando nela no seu enlace orixinal)
02/04/2008
Cristiano Ronaldo
Cristiano Ronaldo é un xogador de fútbol portugués que xoga no Manchester United e leva 24 goles. É o xogador que marcou máis goles na Premier League. Tamén xoga na selección de Portugal.
26/03/2008
Quen somos?
A nosa cor preferida e o azul ceo, porque demostra vitalidade e alegría. Somos estudosas e somos moi felices por ter a optortunidade de coñecernos.
As mellores amigas Aida e Irene

Fernando Torres "El Niño"
TAEKWONDO
O taekwondo (ver na wikipedia) é unha arte marcial que ten a súa orixe en Corea, onde actualmente é deporte nacional. É moi coñecido e popular pola espectacularidade das súas técnicas de pé e actualmente é a arte marcial máis popular do mundo, con millóns de seguidores en todo o planeta; o seu desenvolvemento remóntase a uns 2000 anos atrás, pero co nome de taekwondo coñéceselle dende fai uns 50 anos. Hoxe en día converteuse nun deporte moi estendido. Nos Xogos Olímpicos de Seúl 88 fixo a súa primeira aparición como un deporte de exhibición. Neste evento competiron 183 atletas.

12/03/2008
Real Madrid
O Real Madrid é o mellor equipo da liga española, agora mesmo lévalle nada máis nin nada menos que oito puntos ao Barça. Que vergonza
deben sentir os afeccionados do Fútbol Club Barcelona.

05/03/2008
Os debuxos manga
Os debuxos manga son uns debuxos difíciles de facer pero son chulos. Non podes imaxinar o que debuxan porque son moi raros.




20/02/2008
Porta
Porta é un cantante español de HIP HOP
, o seu disco máis vendido é "No es cuestión de edades" no que a canción que máis triunfa é "Mi sueño de hadas" .
LORDI
Lordi é unha banda de Hard Rock e Metal (influenciada polo grupo KISS) con toques de teatro melódico fundada no ano 1991 e gañadora do Festival da Canción de Eurovisión 2006.

O Diablo
O diablo é unha criatura do inferno, un lugar terrible onde castigan os pecadores e non teñen piedade con ninguén, incluso cando fallan os seus servidores os mata sen ter piedade.


O FAGOT
Coma o Oboe, o Fagot é un instrumento de lingüeta dobre.
O seu tamaño é catro veces máis grande que o do Oboe. É capaz de producir efectos cómicos da orquestra, e por iso tamén se lle apoda o "bufón".
É o instrumento máis grave de todos os de madeira e gáñalle a todos os de corda.
Dave Batista
Fai algúns días na boca da xente andaba tráxica noticia, un loitador ao que todos queremos morrera DAVE BATISTA. Afortunadamente todo foi un rumor, e el está san e a salvo.

13/02/2008
SLIPKNOT
Slipknot é un grupo metal, formado en Des Moines no estado de Iowa. Caracterízase polo feito de que cada un dos compoñentes leva unha máscara. Son nove compoñentes. Todos teñen lesións graves pola súa brutalidade no escenario.

Jhon Cena
Jhon Cena é un loitador moi bo de pressing catch raw.
A pesar da sua lesión,
foi elixido por segunda vez para ocupar o primeiro lugar da organización americana que determina os oitenta mellores loitadores do mundo.
O seu nome verdadeiro e Jhon Felix Anthny Sena.


24/01/2008
O capitán do Barsa
Carles Puyol xa leva 14 anos no Barça. É o defensa central máis bo de Europa e o capitán do fútbol club Barcelona. Leva xogando ao fútbol desde os 6 anos. Naceu en Cataluña, ten o pelo castaño ourizo e ten 32 anos. (Temos máis información na Wikipedia )
22/01/2008
NOVA TEMPORADA PARA FERNANDO ALONSO
Este ano Fernando Alonso estará de novo coa escudería Renault por problemas na temporada pasada con Mclaren. Briatore está moi
de recibir a Fernando Alonso e espera ter moitos éxitos con el de novo.


19/12/2007
FREERIDE
Freeride é unha modalidade de mountain bike que consiste en facer trucos nos saltos e con obstáculos artificiais.
Eu, Serafín e Iván imos comprar unha bici de freeride: a "Conor Enemy Deore Disco" a bici rosa que sale na imaxe.

Aquí tedes unha demostración do divertido deste deporte:
A LOITA LIBRE
Jeff Hardy é un loitador profesional que pelexa actualmente na WWE, concretamente en raw.
Naceu o 31 de agosto de1977 en Carolina do Norte, EEUU, co seu irmán Matt Hardy. Jeff Hardy é actualmente o campeón intercontinental tras derrotar a Umaga.
altura:1,85
peso:102 kgs
residencia: Cameron
entrenador: Dory Funk


Batista o animal
Batista é o loitador máis bo de SmackDown; agora mesmo é o campión dos pesos pesados. O seu finsher é a bomba Batista que é moi eficaz.
07/12/2007
Loita libre
As ligas de pressing catch son smackdowm e Raw, consiste en loita libre profesional.
Os mellores son: Batista, Undertaker e Randy Orton. Algunhas pelexas son moi sanguinarias en gaiola de quince metros. Os aspirantes ao título dos pesos pesados son: Rei Misterio e Finlay. O campeón da WWE e Randy Orton, que é un loitador de loita libre moi agresivo,con moi mal carácter e moi sanguinario.

![]()

Pressing catch
No pressing catch raw e smacdown hai loitadores moi bos: son BATISTA, JEFF HARDY, TRIPLE H E HBK.
O Motorista Fantasma
Nós Jorge, Agustin e Salvador vimos a peli do "Motorista Fantasma" e gustounos moito. Sobre todo a moto e o protagonista. Molaba porque era como un diaño que loitou contra outros diaños.















