Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Os alumnos de 6º visitan o IES Illa de Ons

O vindeiro mércores, día 6 de xuño, os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria vamos visitar o IES Illa de Ons para coñecer como é o novo centro ó que vamos ir o próximo ano.

Temos moitas preguntas para facer:

  1. Como é o instituto, cantas aulas hai... hai biblioteca, sala de informática, ximnasio, cafetería...?
  2. A que hora comezan as clases, cando terminan, cal é a hora do recreo...
  3. Que materias hai no primeiro curso...hai optativas?
  4. Imos ter moitos profesores?
  5. .....

Mentres vamos alá, xa nos vamos informando acerca das cousas da ESO para aforrarlles preguntas á directora. Aquí tedes o que vamos atopando en internet:

Plan de Estudos (materias por cada curso)

Hoxe, día 6 visitamos o Instituto e a orientadora María José ensinounos a secretaría, a recepción onde estaba a bedel, o patio, o ximnasio, a sala de profes e a aula de francés, onde a directora Concha nos deu unha charla e respondeu ás nosas preguntas. Estivo moi ben. Antes de marchar vimos a cafetería e invitáronnos a unhas gominolas... así que xa non queriamos volver a Beluso. 

Temos unhas fotos cunha panorámica do Instituto, o ximnasio e o patio. 




0 comentarios