Sahara
Temos unha amiga dun sitio chamado o SAHARA.
Unha vez contounos que o SAHARA era un sitio moi pobre: polas noites durmen, no inverno, vestidos con tres pantalóns; ademais de poñer no chan tres ou catro mantas. Claro, teriamos que explicar que non hai camas. En cambio no verán hai moito calor, a xente está sempre a suar.
Cada familia recibe ao mes os seguintes alimentos: un quilo de arroz, outro de lentellas, outro de feixóns, outro de garavanzos e para acabar dous litros de aceite. Cando teñen pouca comida cazan lagartos, serpes ou algún can ou gato que apareza.
Nós cando non queremos comida tiramos con ela, porque dicimos que sobra. Cando estamos tomando un bocadillo se non nos gusta deixámolo.
A miña avoa contoume que aquí, de nena, non tiñan para comer, non tiñan cartos nin para remendar a roupa.
Eu pido unha axuda, podedes axudarme a comprender cal é a razón pola que se tira coa comida cando hai nenos aos que lles fai moita falta?
(Foto do campamento de Tinduff, no Sahara)
0 comentarios