Fomos ao Correlingua!!
As nenas e nenos de 3º e 4º cursos fomos hoxe ao Correlingua a Pontevedra. Escoitamos uns gaiteiros que tocaban a gaita e os tambores, e uns homes que tiraban os bolos, e tamén había uns xigantes que daban voltas arredor.
Despois déronnos unha boa merenda, con mazás, cacahuetes e unha botella de auga. Máis tarde repartiron uns premios, pero a nós non nos tocou nada. Por fin apareceu o Xabarín e fartámonos de bailar coas cancións que cantaba.
Ao rematar soltamos un montón de globos, un de cada colexio, para que a lingua galega se espallase o máis lonxe posible.
Antes de coller o autobús dimos unha volta pola zona vella de Pontevedra, e vimos unhas excavacións arqueolóxicas onde había ósos enterrados.
(O resto das fotos podedes velas pinchando aquí)
0 comentarios