Blogia
Blog do CEIP Montemogos

bulldog frances

Crese que o Bulldog Francés é un can descendente do Bulldog Inglés. Dise que os artesáns ingleses, en particular os encaixeiros, criaron un can pequeno que pesa un mínimo de 16 libras e un máximo de 28 libras. Co crecemento da Revolución Industrial en Inglaterra, os encaixeiros e os outros artesáns, acompañados polos seus pequenos cans, embarcáronse cara a Francia en busca de traballo. Foi así como este pequeno can chegou a Francia onde se volveu moi popular. Coñéceselle como "Bouldeogue", termo que adapta ao francés a palabra inglesa "Bulldog".

0 comentarios