Conmemoración do 8 de marzo
O 8 de marzo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. Con motivo desta data, dúas rapazas do cole foron agasalladas polo traballo realizado para o "IV Concurso de Viñeta e Ilustración" e foron recoller estes premios ese mesmo día no Salón de Plenos do Concello. Elas son: Clara de 5ºA, que recibiu unha mención especial, e Verónica de 5ºB, que recibiu o primeiro premio de Primaria (un mp4 de 8 gigas). Noraboa a ambas as dúas!!!
Podedes visitar os traballos gañadores no Centro Social do Mar, vale a pena!
No colexio tamén celebramos este día coa entrevista polo alumnado a un grupo de mulleres que traballaron nas conserveiras (algunhas avoas de nenos e nenas do cole) . E tamén contamos, na entrada do colexio, coa exposición das viñetas feitas polo alumnado de 5º e 6º sobre a igualdade no traballo. Animámosvos a visitala!!!
0 comentarios