Entrevista a Xosé Cestay.
ENTREVISTA A XOSÉ CESTAY ENCARGADO DA BILIOTECA ESCOLAR
Un grupo de alumnos de terceiro do Colexio de Beluso imos comezar unha serie de entrevistas a membros da comunidade educativa do centro. Con esta intentaremos coñecer os gustos literarios e outros datos de interese do encargado da nosa biblioteca escolar Xosé Cestay.
CUESTIONARIO:
Recorda cal foi o primeiro libro que leu e lle impresionou?
"O gato con botas". Estaba troquelado coa figura de gato. Era moi fermoso e lino moitas veces. Regaloumo a miña avoa.
Que libro está lendo na actualidade?
Un libro sobre bibliotecas escolares que se chama “Guía para bibliotecas escolares”.
Que tipo de lectura prefire?
A Narrativa, as historias ben contadas. Tamén as que me axudan a facer mellor o meu traballo.
Cales son os seus autores favoritos?
Manolo Rivas, en galego. Tamén Bernardo Atxaga. Gustoume moito Javier Cercas o autor de “Soldados de Salamina”.
Que necesidades ten a biblioteca?
Traballar a educación documental: como teñen os alumnos que buscar a información, como investigar, como contar o que saben… Tamén temos que comprar algún libro electrónico. Os alumnos piden máis libros de Gerónimo Stilton.
Non dubidar que a correcta ubicación facilita a rápida localización.
De quen foi a idea de poñer a Belusiña como mascota da biblioteca?
Xa estaba cando eu cheguei. Organizouse un concurso hai anos para elixir mascota e Belusiña foi a triunfadora.
Gústalle a nosa mascota?
Encántame vela colgada no teito da biblioteca lendo os libros. Ademais anima a que algunhas persoas lean máis libros.
Como valora a idea de elixir a algúns alumnos como axudantes da biblioteca?
É fundamental, pero como traballan moito tamén se cansan e imos ter que facerlles un agasallo polo seu esforzo.
Podería darnos algunha razón dos baixos índices de lectura en Galicia?
Tradicionalmente a sociedade galega, moi ruralizada, dispoñía de pouco tempo de lecer, o mundo escolar non afondaba na realidade próxima e os libros parecían alleos.
Na actualidade os textos instrutivos (videoxogos, actividades en rede, …) precisan máis reforzo comprensivo. A escola debe potenciar a lectura usando estratexias que se poidan manter no tempo: clubs de lectura, lecturas en familia, mochilas viaxeiras, uso de novas tecnoloxías …
As novas tecnoloxías poñen en perigo o futuro do libro impreso?
Creo que non, son complementarias. É certo que no futuro as novas tecnoloxías van cambiar, xa están cambiando o xeito de acceder á lectura e á información.
O número de lectores, aumenta, que número aproximado?
No presente curso, aumentaron. Deseñouse a hora de lectura diaria, facilitáronse os préstamos a través da aplicación “Meiga”, dende a casa pódense comprobar os libros que temos na biblioteca … Todo isto axudou a que se movan moitos libros, arredor de 80 préstamos á semana. Faltan por achegarse os lectores que se están iniciando no uso dos ordenadores. O gran esforzo debe ir na alfabetización da infornación e no uso correcto das novas posibilidades de lectores-escritores (blog, redes sociais, …)
Por último, que razón nos daría para animar aos alumnos do colexio á lectura?
É o mellor xeito, a lectura, de descubrir mundos fascinantes, aventuras por lugares moi perigosos, atopar superheroes con máxicos poderes. Pode ser fantástica unha viaxe polos libros.
Grazas por contestar a todas as nosas preguntas. Esperamos que a biblioteca sexa cada vez máis importante no funcionamento do centro e desexámoslle a vostede moita sorte na función que desempeña.
Alba, Benito, Carlos, Lara, Lucia, María, Rebeca, Sergio, Ismael, Ángel 3º
0 comentarios