Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Encontro co escritor Jacobo Fernández Serrano

A pasada semana todos os alumnos de terceiro ciclo atopámonos co último premio Xerais de literatura infantil. Nos pasados meses leramos a súa obra "Mil cousas poden pasar. Libro I".

O encontro resultou moi agradable e divertido porque nos explicou como se sentía cando escribía sobre cada unha das personaxes.

Foi tan amable que nos firmou todos os libros, ilustrando a dedicatoria coas personaxes do gato Kandás e o porco Isaías...

82-N/FER/mil

0 comentarios