Cun pé no cole grande
Os nenos e nenas de 5 anos xa somos maiores e dentro dun pouco pasamos ao cole grande, por iso hoxe nos xuntamos para traballar un montón e coñecer un pouquiño máis o que se fai no cole grande.
As mamás, papás, avoas, tías... tamén estiveron no cole, nunha charla co xefe de estudos e a orientadora e fixeron un percorrido polas aulas, ximnasio, comedor... Gustoulles moito a clase coa pizarra dixital!
Que bo día pasamos!
0 comentarios