Despedida dedicada ao meu cole
Agora despois de 6 anos estando no mesmo cole os nenos de 6ºa e 6ºb temos que dicirlle adeus ao noso cole porque nos toca ir ao instituto. É unha pena porque xa estabamos acostumados ao mesmo cole e agora é un cambio moi grande porque no instituto temos un profe para cada asignatura e ademais agora despois de estar eses seis anos cos mesmos compañeiros vannos mezclar cos nenos e nenas de Cela que non todos os coñecemos pero bueno, como todos os coles despois ímonos acostumar. Un saúdo para todo o profesorado do colexio, en especial para o profesor Manuel Fariña. Felices vacacións a todos e todas!
Tamén para ti Lucía, e para os teus compañeiros e compañeiras que comezades unha nova singladura. Non arriedes áncoras, e continuade navegando.
Non vos esqueceremos!
0 comentarios