Blogia
Blog do CEIP Montemogos

ENTREVISTA AO PROFESOR FARIÑA

Os alumnos de 6ºB de primaria do colexio C.E.I.P. Montemogos elaboraron unha entrevista ao seu mestre. O mestre chámase Fariña e para o curso seguinte xubílase. O profesor Fariña naceu o 25 de Marzo de 1950, polo tanto ten 60 anos. A entrevista fixérona 4 alumnos da clase. Chámanse: María, Saray, Joel e José Manuel. A entrevista foi moi variada e preguntáronlle distintos tipos de preguntas, tanto do tema laboral como personal. O profesor quedou moi contento cos alumnos e desenvolveuse na entrevista moi ben. Algunhas das preguntas máis interesantes foron as seguintes:

-TEMA LABORAL:

JOSE MANUEL: Que pensas facer despois de que te xubiles?

MARÍA: Acórdaste dalgunha anécdota como mestre?

- TEMA PERSOAL:

SARAY: Porque non te afeitas?

Despois, aparte dos entrevistadores, participaron máis alumnos en distintas funcións. Son os seguintes:

Os nenos/as que sacaron as fotos foron:

Rubén e Paula.

Os nenos/as que lle fixeron o vídeo foron:

Verónica, Ángel e Xoel.

Os redactores foron:

Tamara, Carmen, Juan e Saúl.

Para ler a entrevista enteira comprade o Diario Montemogos, esperamos que vos guste!! (Era unha broma non hai que comprar ningún diario) Guiño

 

1 comentario

Mª JOSÉ -

Noraboa a estes futuros xornalistas.