Entroido
O pasado venres 8 foi o Entroido no colexio de Beluso. Nós, 5º e 6º, fomos disfrazados de piratas. Eu levaba o estandarte e María tamén. Paseino moi ben porque antes de desfilar fomos ao patio cuberto a comer filloas, orellas e bizcoito. Máis tarde fomos a desfilar. Nós eramos os últimos porque somos os maiores. Cando os de 3º e 4º se adiantaban nos corriamos moitísimo. Nós corriamos cando nos dicía Don Pedro. Foi moi divertido o carnaval no colexio de Beluso.
0 comentarios