Un periodista
Os /15-5-2014/ veu un periodista ao noso cole.
Chámase Marcos Gago. Contounos unha cousa moi interesante.
Eu pregunteille se algunha vez tivo que arriscar a súa vida para un
caso. El díxome que non, pero unha vez un amigo que traballa con el foi a
Afganistán. Ese periodista tivo que arriscar moito a súa vida porque ese
país estaba en guerra. Tiña que saír á rúa para comentar a noticia, cando os
soldados camiñaban polo medio da rúa armados con metralletas. Por último
quería agradecerlle ao periodista Marcos Gago que nos dera esta
conferencia tan interesante.
E tamén a: La voz de Galicia que nos regalen periódicos todos os mércores.
0 comentarios