Blogia

Blog do CEIP Montemogos

Entrega de premios do día da muller traballadora

As alumnas do CEIP Montemogos xa recibiron os seus premios do I Concurso de Viñeta e Ilustración nun acto celebrado no concello de Bueu, con motivo da celebración do día da muller.

 

Aida Queimaño Soage, de 5º curso recibe o seu diploma de mans dun concelleiro.

 

Raquel Álvarez Martínez, de 6º A e Aida Queimaño Soage, de 5º posan na foto dos gañadores.

Noraboa ás dúas Riendo

Xogos para todos (Programa chaval)

Entroido 2007

Os nenos e nenas do CEIP Montemogos tivemos unha superfesta de entroido e este ano disfrazámonos de APARATOS TECNOLÓXICOS.

Houbo ventiladores, reloxos, transistores, cafeteiras, fregonas, máquinas multifuncionais e un montón de robots, moitos robots.

Agora... a ver se nos atopas!!

 

entroido07 003b

 

entroido07 011a

 


entroido07 032a

 

Ah, ó final da festa pegámonos un bo atracón de filloas, orellas e un montón de lambonadas que as nosas nais e os nosos pais nos prepararon na casa!

Aquí podes ver o resto das fotos

 

E aquí temos uns vídeos do paseo que demos fóra do colexio







Galicia encantada

 

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria: un feixe de mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras.

 

Premios I Concurso Viñetas e Ilustración


O día xoves, 8 de marzo, ás 12:00 horas, deberán ir recoller os seus premios as alumnas do CEIP Montemogos:

 

Raquel Álvarez Martínez, de 6ºA , Terceiro Premio (un mp3)

Aida Queimaño Soage, de 5º curso, unha mención especial (diploma e libros).

 

Noraboa para as dúas Sonriente e grazas a tódolos participantes.

Entroido 2007: unhas fotos

>

Concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil

 

Prensa-Escuela convoca o concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, con motivo da celebración da 19ª semana da Prensa na Escola, que se celebrará do 12 ao 16 de marzo de 2007.

 

A páxina de La Voz de Galicia tamén conta cunha sección de blogs onde participan os alumnos e alumnas dos centros educativos. O gañador no mes de xaneiro , está especializado en actividades de animación da biblioteca escolar.

Concursos: Operación CAN

 

Anímate a facer unha ou máis cancións en galego relacionadas coa protección do medio natural, animais e plantas. Poderán presentarse gravacións ata o 1 de maio de 2007!!

Premio escolar Paz e Cooperación


PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2007

O MEU DEREITO A DECIDIR

 

Aquí podes atopar as Bases da Convocatoria.

Axudas para ordenadores

AXUDAS AO ALUMNADO PARA A ADQUISICIÓN DUN ORDENADOR PERSOAL

Convocatoria dirixida a todo o alumnado da educación obrigatoria (primaria e secundaria), as axudas concederanse por nivel de renda. O número de axudas ofertado son 10.000 a 300 € cada unha.

Mái s inf o rma c i ó n :
w w w . e d u . x u n t a . e s / axudasord

Poesías cantadas

Moitos poemas interpretados por diversos cantantes

 

Educación plástica divertida

Demostra as túas habilidades artísticas!!