Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Festivais

Ao noso alumnado da ESO

Moi boas ex-alumnos/as do IES Illa de Ons:

Fóchedes moitos os que vos acercáchedes ao colexio o día 21 de decembro con intención de ver o festival e, por cuestións organizativas, non puido ser.

Sentímolo moito, así que para o próximo festival de Nadal trataremos de organizalo para que poidades disfrutar del.

Animádevos e contádenos algo no blog.

Deica logo....!!!

Video de niños de beluso

Dani, que xa está no instituto nos convida a ver este vídeo de cando estaba no colexio:

http://www.youtube.com/watch?v=mzMgcmZQjGs&list=UU2LKMnIFucJpiGmrxgfQe6g&index=5&feature=plcp

ENTROIDO EN BELUSO

ENTROIDO EN BELUSO

Aquí temos unha pequena reportaxe que realizou unha alumna de quinto.

O nadal é moi bonito!

A min gústame moito o nadal. Non só por os regalos senón tamén porque toda a familia se xunta, a min iso paréceme moi bonito. Tamén me gusta porque antes de que acabe o primeiro trimestre facemos postales e debuxos sobre o nadal para adornar a nosa clase. E o que máis me gusta do nadal antes de que acabe o colexio é que facemos un festival e veñen os nosos pais a vernos ao colexio e tamén nos ven os nenos. É moi divertido facer cancións, villancicos ou obras, eu non me aburro e o paso moi ben pero cando aínda non é nadal o paso ven igual na clase aprendendo. E o mellor do colexio é que aprendes moitas cousas e fas moitos amigos.

DESÉXOVOS UN BO NADAL E FELICES FESTAS A TODOS!

 

O FESTIVAL ESCOLAR DE NADAL

O FESTIVAL ESCOLAR DE NADAL

No festival houbo moitas actuacións. Participei en dúas: "Rock da miña rúa" e "Os tres reis magos".

Os concertos foron mui interesantes e, tivemos que repetir algunhas partes a petición do público.

As nais e pais quedaron encantados porque disfrutaron de lo lindo.

 

 

 

Festival de Nadal

Onte celebrouse o festival de Nadal deste ano. Acudiron moitísimos dos nosos pais e nais e fixémolo realmente moi ben.

Ao final viñeron os Reis Magos de Oriente, e déronnos moitos regalos.

Podedes ver algúns dos vídeos do festival:

1. Os nenos e nenas de educación infantil cantáronnos a panxoliña titulada "Vitamina C"


Outros vídeos podedes velos nos enlaces:

A danza das estrelas dos nenos e nenas de 1º

Teatro "Mamasiña, que medo" dos nenos e nenas de 4º

Teatro... (outro momento, con fantasma incluído)

Os nenos e nenas de 4º tocan "Ondiñas veñen" coa frauta

Os nenos e nenas de 5º cántanlle ós reis os cornechos de cabra

Os nenos e nenas de 6º maquíllanse cunha canción de Mecano

Ao final de todo os Reis Magos déronnos un feixe de regalos:

O MELLOR MAGOSTO DE HAI SÉCULOS

Este venres foi o magosto e pasámolo moi ben. Enchémonos de castañas e... ¡Que saborosas! Riendo

Fixemos unha fogueira moi grande e algúns nenos coa borralla pintáronse coma unha noite de tronos

O difícil agora vai ser adiviñar quen é cada quen... a ver se o conseguides!!


Tamén as podemos ver aquí

Entroido 2007

Os nenos e nenas do CEIP Montemogos tivemos unha superfesta de entroido e este ano disfrazámonos de APARATOS TECNOLÓXICOS.

Houbo ventiladores, reloxos, transistores, cafeteiras, fregonas, máquinas multifuncionais e un montón de robots, moitos robots.

Agora... a ver se nos atopas!!

 

entroido07 003b

 

entroido07 011a

 


entroido07 032a

 

Ah, ó final da festa pegámonos un bo atracón de filloas, orellas e un montón de lambonadas que as nosas nais e os nosos pais nos prepararon na casa!

Aquí podes ver o resto das fotos

 

E aquí temos uns vídeos do paseo que demos fóra do colexio







Entroido 2007: unhas fotos

>