Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Biblioteca / Libro Viaxeiro

Os cinco en perigo, de Enid Blyton

Esta historia narra a aventura que viven cinco amigos: Ana, Jorgina, Dik, Julian e o seu can Tim.

Eles marchan de excursión ás montañas. Despois de pasar dous días na granxa piden permiso para hospedarse nunha cabana e alí descobren un castelo onde pola noite se escoitan berros incesantes e estremecedores.

Os cinco xuntos co fillo da vella propietaria da granxa desvelan o que sucede no castelo:

Uns homes teñen prisioneira a unha señora mentres rouban un mineral moi valioso do soto e non tardan en resolver este misterio tan intrigante.

Aquí tedes máis información dos libros de Enid Blyton. 

Atrapacontos no noso cole: Anxo Moure

Hoxe visitounos nas escolas de Curraces, Bon e Cabalo e tamén no cole de Beluso o famoso atrapacontos Anxo Moure, que chegou montado na súa super ciclobiblioteca (unha bici cun cesto cargado de libros).

Anxo pertence a unha ONGD que se chama "Bicis pola paz", e que lle envía bicis aos mestres e os médicos dos países pobres onde a xente só ten para andar a pé.

Logo ensinounos a atrapar os contos, a comelos e a contalos.

Gustáronnos moito os contos do Lobo Garabelos, do Chinchanciño, da nube Cristina, da xacia Lubiñas que daba cariciñas... e moitos máis...

Aquí Anxo estalle ensinando o seu corazón reciclado aos nenos. Reciclouno porque se portaba mal. O resto das fotos podedes velas pinchando na de arriba.

Para non esqueceros, moitos dos contos tédelos na páxina de Contos Solidarios.

E xa de despedida imos ver uns vídeos: no primeiro os nenos miran polo miramundos, o corazón dunha árbore, e cando isto fan xa nunca máis poden facerlle dano á natureza.



No segundo vídeo lembramos o que fixemos nos contos: limpamos o bosque, prantamos árbores da palabra paz, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón e convertimos o vento da mentira en vento da xustiza e da liberdade.... para sermos os salvadores do mundo.

Moitas grazas, Anxo, e ata pronto.

O corzo

O corzo é un animal que vive no medio do bosque e que se alimenta de follas de árbores, de froitas do bosque e de brotes tenros. É moi difícil de ver pois pasa o día escondido entre as árbores.

 

O libro dos Simpson

Hoxe na biblioteca collimos todos o libro dos Simpson. Gustanos moito porque son personaxes que nos fan rir moito. Os pais chámanse Marge e Homer, e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggi. Tamén teñen un can que lle chaman Pequeno Axudante de Santa Claus, e un gato, e o seu nome é Bola de Neve. Son moi divertidos!!

Máis aló de Fisterre

Máis aló de Fisterre é un libro de poemas que narra os sentimentos do seu autor, Francisco Alvarez Koki , foi imprentado en Pontevedra no 1991, é un libro moi bonito e recoméndovos que o leades.

A avoíña blogueira

O seu neto regaloulle un blog cando María Amelia cumpriu 95 anos. Esta avoíña que vive en Muxía ten moitas cousas que contar. Mandámoslle unha aperta moi forte e moitos ánimos para que siga escribindo no seu blog. 

"Neste mundo, hai xente ben intencionada. Poucos son os malos que queren desfacer este universo tan precioso. Eu conténtome e cos meus blogueiros, que son os que me dan a vida e me entreteñen. Ás veces, teño ganas de chorar e, nese momento, uns nenos mándanme unhas cartas. Que marabilla que se acorden dunha anciana. Queren que sexa a súa avoíña. Iso é unha preciosidade. Pero claro, hai xente que me chama tonta, porque a min gústame este internet. Algunhas de 60 anos coméntanme que me paso de moderna, pero eu dígolles que elas nin sequera teñen conversa."

Anímate a visitar o seu blog amis95.blogspot.com