Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Tempo libre e afeccións

Rafael Nadal

Rafa Nadal naceu o 3 de xuño de 1982, en Mallorca.

É un tenista español e o segundo mellor tenista do mundo. Con 15 anos convertiuse no tenista máis novo da historia do tenis en gañar un torneo.

Zoey 101

Esta é una serie de adolescentes, a súa protagonista e Zoey, estuda nun colexio interno PCA, cos seus amigos: Lola, Kwen, Chase, Mikel e Logan, tamen está seu irmán Dustin.

Lola é a mellor amiga de Zoey e quere ser actriz.

Kwen é unha fanática da ciencia, o seu noivo e Mark del Fígalo.

Chase é o mellor amigo de Zoey, fai dous anos estaba namorado dela.

Mikel é o mellor amigo de Chease, sempre anda de broma.

Logan é un "Chico" consentido, xa que seu pai é rico.

As sereas

As sereas son seres fabulosos, orixinarios da mitoloxía grega e ampliamente extendidos nas narracions fantásticas da literatura occidental.

Todo o mundo as describe como mozas fermosas que na auga teñen cola de peixe.

Agora no século XXI hai moitas series publicadas sobre elas, unha delas é:

H2O, A PELÍCULA DA SEREIÑA....

Agora ensinámosvos unhas fotos:

H2O

H2O é unha serie de sereas. Cada serea ten un poder diferente: unha ten o do lume, outra o do xeo e a outra o da auga.

A do lume chámase Ricky, a do xeo chámase Enma e a da auga chámase Cleo.

As sereas teñen que ter moito coidado con mollarse, pois unha soa gota que lles caia enriba e xa se converten en sereas.

Elas co seu amigo Luis sempre van á illa de Maco para sentirse máis seguras.

Bueu Atlético Balonmán

O Bueu Atlético Balonmán é un gran equipo. Os xogadores da categoria benxamín de cuarto A somos Jose, José Manuel, Noel, Yoel, Javi, Vera e máis eu.

Nesta liga quedamos segundos, e para a próxima seremos os campións!

Nou camp: o mellor campo do mundo

O Nou Camp é sen dúbida o mellor estadio do mundo e onda xogan os mellores xogadores.

O Barcelona recuperou a Messi, que xa está facendo as súas extraordinarias xogadas. Ánimo e a gañar a copa de Europa. Visca Barça!!!

(Podedes ver a foto grande pinchando nela no seu enlace orixinal)

Cristiano Ronaldo

Cristiano Ronaldo é un xogador de fútbol portugués que xoga no Manchester United e leva 24 goles. É o xogador que marcou máis goles na Premier League. Tamén xoga na selección de Portugal.


Quen somos?

Nos somos dúas nenas de 6º B, Aida e Irene, gústanos patinar e nadar. De maior, Irene quere ser avogada e Aida quere ser profesora. Gústannos os cadelos de pelaxe suave e detestamos as espantosas arañas.

A nosa cor preferida e o azul ceo, porque demostra vitalidade e alegría. Somos estudosas e somos moi felices por ter a optortunidade de coñecernos.

As mellores amigas Aida e Irene

 

Fernando Torres "El Niño"

Fernando Torres é un xogador de fútbol que meteu 24 goles esta tempada. Antes xogou no Atlético de Madrid e agora xoga no Liverpool, en Inglaterra. É un xogador moi famoso. É guapo para algúns e algunhas e para outros e outras é horroroso.


TAEKWONDO

O taekwondo (ver na wikipedia) é unha arte marcial que ten a súa orixe en Corea, onde actualmente é deporte nacional. É moi coñecido e popular pola espectacularidade das súas técnicas de pé e actualmente é a arte marcial máis popular do mundo, con millóns de seguidores en todo o planeta; o seu desenvolvemento remóntase a uns 2000 anos atrás, pero co nome de taekwondo coñéceselle dende fai uns 50 anos. Hoxe en día converteuse nun deporte moi estendido. Nos Xogos Olímpicos de Seúl 88 fixo a súa primeira aparición como un deporte de exhibición. Neste evento competiron 183 atletas.

Real Madrid

O Real Madrid é o mellor equipo da liga española, agora mesmo lévalle nada máis nin nada menos que oito puntos ao Barça. Que vergonza Avergonzado deben sentir os afeccionados do Fútbol Club Barcelona.

Os debuxos manga

Os debuxos manga son uns debuxos difíciles de facer pero son chulos. Non podes imaxinar o que debuxan porque son moi raros.

20060827023034-nightmare-abyssal.jpg20060811150017-basilisco-abismal.jpg

20060811142815-icegryphon.jpg20060809161412-pentacornio.jpg

Porta

Porta é un cantante español de HIP HOPChulo, o seu disco máis vendido é "No es cuestión de edades" no que a canción que máis triunfa é "Mi sueño de hadas" .Chulo

LORDI

Lordi é unha banda de Hard Rock e Metal (influenciada polo grupo KISS) con toques de teatro melódico fundada no ano 1991 e gañadora do Festival da Canción de Eurovisión 2006

 

O Diablo

O diablo é unha criatura do inferno, un lugar terrible onde castigan os pecadores e non teñen piedade con ninguén, incluso cando fallan os seus servidores os mata sen ter piedade.

 

O FAGOT

ESTO ES UN FAGOT

 

 

 

Coma o Oboe, o Fagot é un instrumento de lingüeta dobre.

O seu tamaño é catro veces máis grande que o do Oboe. É capaz de producir efectos cómicos da orquestra, e por iso tamén se lle apoda o "bufón".

É o instrumento máis grave de todos os de madeira e gáñalle a todos os de corda.

Aínda hai un instrumento máis grande e máis grave, que se chama Contrafagot. Se queres escoitar como sona visita o seguinte sitio, pois a información está recollida da páxina de corazonistas.com

 

Dave Batista

Fai algúns días na boca da xente andaba tráxica noticia, un loitador ao que todos queremos morrera DAVE BATISTA. Afortunadamente todo foi un rumor, e el está san e a salvo.

SLIPKNOT

Slipknot é un grupo metal, formado en Des Moines no estado de Iowa. Caracterízase polo feito de que cada un dos compoñentes leva unha máscara. Son nove compoñentes. Todos teñen lesións graves pola súa brutalidade no escenario.

Tedes máis información na Wikipedia 

Jhon Cena

Jhon Cena é un loitador moi bo de pressing catch raw. Chulo

A pesar da sua lesión,Sorprendido foi elixido por segunda vez para ocupar o primeiro lugar da organización americana que determina os oitenta mellores loitadores do mundo.Riendo

O seu nome verdadeiro e Jhon Felix Anthny Sena.Guiño

O capitán do Barsa

Carles Puyol xa leva 14 anos no Barça. É o defensa central máis bo de Europa e o capitán do fútbol club Barcelona. Leva xogando ao fútbol desde os 6 anos. Naceu en Cataluña, ten o pelo castaño ourizo e ten 32 anos. (Temos máis información na Wikipedia )