Se muestran los artículos pertenecientes al tema Biblioteca / Libro Viaxeiro.

16/05/2008

O libro viaxeiro visitou a aula de infantil

Hoxe os nenos e nenas de educación infantil poideron escoitar e ver o libro viaxeiro deste ano As incribles aventuras do esquío e a anduriña. Así puideron saber o que lles aconteceu ao esquío e á anduriña que eles mesmos inventaran como personaxes. O libro foi contado polos nenos e nenas de 3º curso (Dani, Nerea, Xoel, Yerón e Rubén), axudados por Rubén e Cristian de 6º, que mostraban as páxinas do libro.

16/05/2008 00:07 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

24/04/2008

Recital de poesía no Día do Libro

Onte tivemos un recital poético que tivo como protagonistas a todo o alumnado do colexio, dende os cursos de infantil ata sexto de primaria. Cada curso e grupo de clase recitounos un ou varios poemas dun autor elixido por eles mesmos. Escoitamos poemas de Rosalía de Castro, de Xosé María Álvarez Blázquez, de Manuel María, de Johán Carballeira, e outros máis.

Deixamos aquí tres vídeos de mostra, o primeiro da escola de infantil de Bon.

O seguinte pertence á clase de 2º curso de primaria

E o último da clase de 3º curso de primaria.

24/04/2008 19:19 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

Exposición de disfraces de personaxes literarios

Durante este mes, e con motivo do Día do Libro, ten lugar unha exposición no noso cole con todos os disfraces do entroido que fan referencia a personaxes de libros e de contos. No medio deles tamén podedes atopar un feixe de libros e podedes escoller o que máis vos goste para ler.

(Pinchando na foto podedes ver tódalas demais)

24/04/2008 12:01 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

09/04/2008

Libro viaxeiro 2008

Cando os nenos e nenas de educación infantil, acompañados polas súas mestras, crearon e acolleron entre eles o esquío e a andoriña, alguén podía imaxinar que rematarían esforzándose por deixar un planeta Terra máis limpo e habitable, por enfrontarse ao cambio climático dun xeito tan decidido?

 

Os protagonistas deste conto viaxeiro naceron, medraron e finalizaron as súas aventuras na creación literaria colectiva dos escritores do CEIP de Beluso. Decidiron que comezasen nun bosque a súa andaina, pousasen no tellado dun colexio, non se convertisen en mascotas engaioladas e, en cambio estivesen a piques de morrer nos dentes dunha quenlla e chegasen á illa de Pemba. Máis tarde, levados pola súa curiosidade, adentráronse nas tumbas dos faraóns, polas súas pesquisas, ou a chou, quen sabe?, localizan un tesouro que lles permite convertirse nos Señores da non contaminación.

1. Para ver e ler tódalas páxinas do libro viaxeiro pinchade na foto de abaixo!!

2. Tamén podedes velo como se dun libro se tratase (en issuu). Recoméndase velo a pantalla completa pulsando na opción "Fullscreen" da páxina que se abre.

3. Por último tamén o temos nunha presentación multimedia coa voz dos protagonistas, publicado en SplashCast (no anterior enlace podedes velo coa opción "fullscreen").

Xa para rematar temos aquí as fotos do equipo de gravación: Nerea, Xoel, Dani, Rubén e Yerón.

09/04/2008 13:48 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

26/03/2008

O totafón

No país de Galicia hai moitas tendas de totafón. O totafón é un produto que podes saborear ao mesmo tempo que falas. Ao longo do día disfruto do totafón cando me deixa miña nai. É divertidísimo totafonear cos nosos amigos. Pero coidado, non abusar, a factura pode ser bestial.

26/03/2008 21:01 Autor: alba carla celeste. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

O rapaz ao que lle doe a moa

Había unha vez un rapaz que estaba no cole e empezoulle a doer unha moa, púxose a chorar porque morría de dor. Chegou a casa e díxolle a súa nai que lle doía unha moa. A correr foron ao dentista, e o dentista miroulle a moa e díxolle que tiña que quitala. Quitáronlla e chorou pero o dentista díxolle á nai que tiña que tomar xeados. Entón púxose contento e foron comprar xeados e colorín colorado este conto esta rematado.Sonriente

26/03/2008 20:53 Autor: VICKY. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

05/03/2008

Os cinco en perigo, de Enid Blyton

Esta historia narra a aventura que viven cinco amigos: Ana, Jorgina, Dik, Julian e o seu can Tim.

Eles marchan de excursión ás montañas. Despois de pasar dous días na granxa piden permiso para hospedarse nunha cabana e alí descobren un castelo onde pola noite se escoitan berros incesantes e estremecedores.

Os cinco xuntos co fillo da vella propietaria da granxa desvelan o que sucede no castelo:

Uns homes teñen prisioneira a unha señora mentres rouban un mineral moi valioso do soto e non tardan en resolver este misterio tan intrigante.

Aquí tedes máis información dos libros de Enid Blyton. 

05/03/2008 13:57 Autor: Aida. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

24/01/2008

Atrapacontos no noso cole: Anxo Moure

Hoxe visitounos nas escolas de Curraces, Bon e Cabalo e tamén no cole de Beluso o famoso atrapacontos Anxo Moure, que chegou montado na súa super ciclobiblioteca (unha bici cun cesto cargado de libros).

Anxo pertence a unha ONGD que se chama "Bicis pola paz", e que lle envía bicis aos mestres e os médicos dos países pobres onde a xente só ten para andar a pé.

Logo ensinounos a atrapar os contos, a comelos e a contalos.

Gustáronnos moito os contos do Lobo Garabelos, do Chinchanciño, da nube Cristina, da xacia Lubiñas que daba cariciñas... e moitos máis...

Aquí Anxo estalle ensinando o seu corazón reciclado aos nenos. Reciclouno porque se portaba mal. O resto das fotos podedes velas pinchando na de arriba.

Para non esqueceros, moitos dos contos tédelos na páxina de Contos Solidarios.

E xa de despedida imos ver uns vídeos: no primeiro os nenos miran polo miramundos, o corazón dunha árbore, e cando isto fan xa nunca máis poden facerlle dano á natureza.



No segundo vídeo lembramos o que fixemos nos contos: limpamos o bosque, prantamos árbores da palabra paz, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón e convertimos o vento da mentira en vento da xustiza e da liberdade.... para sermos os salvadores do mundo.

Moitas grazas, Anxo, e ata pronto.

24/01/2008 23:28 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

19/12/2007

O libro dos Simpson

Hoxe na biblioteca collimos todos o libro dos Simpson. Gustanos moito porque son personaxes que nos fan rir moito. Os pais chámanse Marge e Homer, e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggi. Tamén teñen un can que lle chaman Pequeno Axudante de Santa Claus, e un gato, e o seu nome é Bola de Neve. Son moi divertidos!!

19/12/2007 19:28 Autor: Erica, Noemi e Carme. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

O corzo

O corzo é un animal que vive no medio do bosque e que se alimenta de follas de árbores, de froitas do bosque e de brotes tenros. É moi difícil de ver pois pasa o día escondido entre as árbores.

 

19/12/2007 19:28 Autor: ruben. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

07/12/2007

Máis aló de Fisterre

Máis aló de Fisterre é un libro de poemas que narra os sentimentos do seu autor, Francisco Alvarez Koki , foi imprentado en Pontevedra no 1991, é un libro moi bonito e recoméndovos que o leades.

07/12/2007 21:51 Autor: Alba. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro

16/11/2007

A avoíña blogueira

O seu neto regaloulle un blog cando María Amelia cumpriu 95 anos. Esta avoíña que vive en Muxía ten moitas cousas que contar. Mandámoslle unha aperta moi forte e moitos ánimos para que siga escribindo no seu blog. 

"Neste mundo, hai xente ben intencionada. Poucos son os malos que queren desfacer este universo tan precioso. Eu conténtome e cos meus blogueiros, que son os que me dan a vida e me entreteñen. Ás veces, teño ganas de chorar e, nese momento, uns nenos mándanme unhas cartas. Que marabilla que se acorden dunha anciana. Queren que sexa a súa avoíña. Iso é unha preciosidade. Pero claro, hai xente que me chama tonta, porque a min gústame este internet. Algunhas de 60 anos coméntanme que me paso de moderna, pero eu dígolles que elas nin sequera teñen conversa."

Anímate a visitar o seu blog amis95.blogspot.com

16/11/2007 20:12 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Biblioteca / Libro Viaxeiro


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]