Se muestran los artículos pertenecientes al tema Semana Cultural.

20/05/2008

Festival das Letras Galegas

O grupo de teatro do CEIP Montemogos representou hoxe dúas obras, a primeira foi "A lenda do pirata" de Fusa Guillén, cos actores Irene, Aida e José Ramón. A segunda obra era "A ratiña feroz", de autor anónimo, e que tivo entre os seus actores a María, Marta, Sara, Vicky, Susana, Luis, Noemi e Serafín.

Ao rematar o teatro, puxo a guinda do fetival a actuación do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e grupo de pandereiteiras do colexio, integrado por Vanesa, Iria R., Iria P. e Patricia.

Aquí temos o resto das imaxes.

A seguir podemos ver unha mostra da actuación destes artistas:

20/05/2008 11:49 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

16/05/2008

Un apicultor na aula de infantil

Hoxe visitou o cole un apicultor. O apicultor é a persoa que cuida das abellas. Vistiu o seu traxe e a careta, e tamén os guantes, e despois botoulle fume á colmea co afumador, para que as abellas estivesen tranquilas e non lle picasen.

Despois fixémoslle moitas preguntas, e soubemos que na colmea viven unha raíña, moitas obreiras e moitos zánganos. A raíña pon os ovos para que poidan nacer máis abellas. As obreiras fan moitos traballos: as recolectoras van buscar o néctar das frores para facer o mel e tamén traen o pole; as cereiras fan a cera para construír as celas; as nodrizas cuidan dos ovos e das crías e danlle de comer á raíña a xalea real; as vixiantes son ás que pican co seu aguillón cando alguén molesta á colmea. Os zánganos tamén fan cousas, son os papás das abellas e tamén son as estufas da colmea porque axudan a dar calor.

As obreiras buscan o mel nas flores, e as que máis lles gustan son as margaridas, pero tamen as frores das árbores como o castiñeiro, que nos dá castañas para facer o magosto, ou o eucalipto.

Ao final probamos o mel que nos trouxo o apicultor das súas abellas, iso ao principio, porque despois acabamos zampándonos o bote enteiro e aínda queriamos máis. Mira que che estaba ben bo!

Pinchando aquí podedes ver máis fotos

16/05/2008 00:41 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

15/05/2008

Contos, lendas e costumes dos nosos avós

Os mestres D. José Ramón Álvarez Calleja e D. Arturo Sánchez Cidrás ofrecéronnos unha charla sobre como era a vida nos tempos dos nosos avós: como vivían, como eran as festas, como eran os seus xogos, etc. Aínda nos quedan moitas cousas que aprender deles!

15/05/2008 23:53 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

14/05/2008

Beluso Campións!!

Os equipos de fútbol dos CEIP de Beluso, de Bueu e de Cela enfrontáronse onte neste torneo xa tradicional. Por fin conseguimos gañar os de Beluso, despois de quedar segundos os últimos tres anos.

Os resultados foron os seguintes:

1º - CEIP de Beluso: Gañoulle a Cela e empatou con A Pedra

2º - CEIP de Cela: Gañáronlle ao colexio de A Pedra e perderon con Beluso

3º - CEIP de A Pedra: Perderon co colexio de Cela e empataron con Beluso.

No noso equipo temos que destacar a participación das nosas xogadoras (Erica, Vicky e Alba) que coa súa inexpugnable defensa conseguiron manter a raia aos delanteiros rivais. Pero tamén é verdade que todos os xogadores e xogadoras foron moi importantes para conseguir a victoria.

Así que noraboa a todos e tamén aos colexios de Cela e A Pedra, que foron duros rivais.

14/05/2008 19:19 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

08/05/2008

Programa da XXI Semana Cultural e Letras Galegas

A vindeira semana celebramos como todos os anos unha nova edición da Semana Cultural. As actividades previstas comezan xa este venres, e son as seguintes:

Venres, 9 de maio

Visita ao Museo Massó e á fábrica de conservas de Antonio Alonso, en Bueu (alumnado de 3º ciclo)

Luns, 12 de maio

Inaugúrase unha exposición no colexio sobre a "Salgadura e a conserva en Bueu", acompañada dunha charla-coloquio do mestre D. Arturo Sánchez Cidrás.

Obra de teatro: "O misterio do cemiterio vello" de Fina Casalderrey, a cargo de Manuel Solla.

Martes, 13 de maio

Participación en CORRELINGUA, en Pontevedra, o alumnado de 2º ciclo de primaria.

Competición de fútbol sala, entre os equipos dos colexios de Beluso, Bueu e Cela.

Mércores, 14 de maio

Sesión de Contacontos, a cargo de Dª Beatriz González Campos.

Charla sobre "Contos, lendas e costumes dos nosos avós", por D. José Ramón Álvarez e D. Arturo Sánchez

Xoves, 15 de maio

Festival das Letras Galegas: obras de teatro do alumnado do CEIP Montemogos e actuación musical do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e o grupo de pandereiteiras do colexio.

Venres, 16 de maio

VIII Romaría escolar Sanamedio e V Olimpiada escolar, no campo de fútbol de Beluso.

Luns, 19 de maio

Obradoiro de Camisetas, por Dª Ana Mª Patiño.

08/05/2008 12:03 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

14/05/2007

Obradoiro de xarróns florais

Hoxe e mañán lévase a cabo un obradoiro de xarróns florais onde participan os nenos e nenas do primeiro ciclo. Xa veremos como quedan os xarróns, pero de momento si que podemos dicir que o están pasando ben.

 



Os nenos e nenas de educación infantil e as súas profes tamén fixeron os seus xarróns, moi bonitos por certo.

 




E tamén temos unha foto:


14/05/2007 23:35 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

Exposición:

Na biblioteca do CEIP de Beluso pódese ver a exposición "Como cambian os tempos..." durante esta Semana Cultural. Están recollidos obxectos de uso diario dende os tempos dos nosos avós e bisavós ata o día de hoxe. Hai obxectos do ámbito mariñeiro, agrícola, carpintería, uso doméstico, etc...



 

 

14/05/2007 23:31 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

Torneo de futbito: Beluso, A Pedra e Cela

Hoxe celebrouse o torneo triangular de futbito entre os equipos de Beluso, A Pedra e Cela, como é tradición tódolos anos. A victoria estuvo moi disputada e só na prórroga foi capaz de superar o equipo de A Pedra ós nosos aguerridos xogadores de Beluso. Desde aquí só cabe felicitar a actuación dos tres equipos que se deixaron a pel no campo.

O equipo de Cela obtivo a medalla de bronce 


 

O equipo de A Pedra, gañador do torneo e da medalla de ouro

 

 

E os xogadores e xogadoras de Beluso que venderon cara a súa pel


 

Para rematar temos un par de vídeos cos momentos máis emocionantes do partido

 

 

14/05/2007 23:23 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

11/05/2007

Festival de teatro e música

Hoxe tivemos no cole moitas actuacións. Primeiro tivemos teatro protagonizado polos nosos compañeiros, que nos ofreceron dúas pezas, unha delas era "O galo kiriko".

Despois chegou a hora da música... tivemos pandereiteiras (as nenas do cole)... e tamén a actuación estelar de Guillermo e Nila, que podemos ver nos seguintes vídeos.

 










11/05/2007 23:07 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

10/05/2007

08/05/2007

Charla-Coloquio con Fina Casalderrey

Hoxe estivo con nós no cole Fina Casalderrey e deixounos abraiados coas súas historias. Nós estamos a ler o seu libro "Ás de mosca para Anxo".

Falounos da sensibilidade, como a condición máis importante para ser un bo escritor ou escritora, e explicoúnolo contando unha aventura desgraciada que lle pasara á profe María Xosé. Primeiro partímonos de risa, pero despois arrepentímonos de telo feito. Entón Fina díxonos que nós eramos persoas sensibles.

Pasámolo ben, rímonos moito e tamén nos emocionamos con ela. Ó final dedicounos autógrafos. Grazas Fina.

Máis fotos aquí

08/05/2007 17:02 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural

Olimpiada 2007: as fotos máis espectaculares

O venres día 4 de maio celebrouse a olimpiada anual no colexio de Beluso. Houbo probas de carreiras de velocidade, carreiras de fondo, salto de vallas e salto de altura, tanto nas categorías masculina coma feminina.

En primeiro lugar presentamos a foto dos gañadores e gañadoras nas carreiras de velocidade e fondo.

 

Estas son as gañadoras de 4º na carreira de fondo


 

E a seguir a foto do gañador de salto de altura en plena acción

 

O resto das fotos podedes velas aquí.

08/05/2007 01:35 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Semana Cultural


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]