A SEMANA CULTURAL NO MEU COLEXIO
Este ano na semana cultural fixemos moitísimo: os de 1º, 2º e os de infantil fixeron un obradoiro de tarxetas. Os pequenos de infantil foron ademais a Pontevedra a participar no Correlingua.
No día da bicicleta, o domingo día 10, paseamos acompañados dos nosos pais e irmáns maiores.
Fomos a Seixo ver o muiño de Guimeránse e fixemos muiñada. Posteriormente o mestre e investigador D. Arturo Sánchez Cidrás falounos do mundo dos muíños.
No colexio asistimos a un concerto didáctico de acordeón. E, ao seguinte martes, participamos nun concerto didáctico da coral polifónica de Beluso. A banda de música artística de Bueu pechou o ciclo musical.
Finalmente o festivalazo das letras Galegas: recital de poesías de Curros Enríquez, danzas, interpretación de obras coa frauta e a peza de teatro " A Desafío".
Non me esquezo de dicirvos que tamén visitamos o museo de Massó, a aula da natureza de Cabo Udra, á factoría de construción naval de Nodosa.
A conversa coa escritora Mar Guerra, estupenda ,
A IX Romaría escolar de Sanamedio, xenial!
Todo en plan grande, e seguro que me deixo cousas! A mellor dende que estou no colexio!
0 comentarios