Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Semana Cultural

Marcos Gago Periodista de La Voz de Galicia

Marcos Gago Periodista de La Voz de Galicia

Hoy nos visitó Marcos Gago un periodista que trabaja en La Voz de Galicia.

Nos habló de que estudió en Santiago de Compostela como periodista, y de que el trabajó en el año 1995 en la televisión y después en el año 2000 empezó ya a trabajar con La Voz de Galicia.

También nos habló de algunas de sus noticias como la de una ballena que estaba en Marín nadando y tuvieron que esperar una hora para que el fotógrafo tomara una foto buena, y al final esa noticia causó mucho impacto a la gente. Al día siguiente había mucha gente para ver la ballena.

Aunque tuvo que llamar a la policía y dijeron que le iban a meter una multa, pero al llamar a la redacción se llevo una sorpresa, le dijeron perdón a Marcos Gago porque sí que había una ballena en Marín.

Ahora mismo La Voz de Galicia es el cuarto periódico más vendido de España.

Gracias Marcos Gago por esta gran visita a nuestro colegio.Sonrisa

Correlingua 2012

Correlingua 2012

Os de 6º de Infantil e 3º e 4º de Primaria no Correlingua 2012 en Moaña.

Pupi estivo connosco!

Pupi estivo connosco!

Aquí nos tedes coa mascota de 1º e 2º: PUPI. Visitou o xoves 10 a biblioteca do cole. Estivo xenial!

Os de 1º e 2º visitamos o Concello

Os de 1º e 2º visitamos o Concello

Aquí nos tedes. No día de hoxe visitamos o Concello, o supermercado Froiz e o museo Massó (exposición "Mirar ao ceo").

O noso equipo

O noso equipo

Aquí tedes unha imaxe do equipo que xogou na cuadrangular de fútbol sala no Pavillón de Beluso o día de hoxe. Gañaron medallas de bronce.

Obradoiro de pintura

Obradoiro de pintura

O venres 20 de maio o alumnado de 6º participou nun obradoiro de pintura co pintor Pancho Rodiño e Paula García. Aprendemos a traballar con acrílico e pasámolo moi, moi ben.

 

A SEMANA CULTURAL NO MEU COLEXIO

A SEMANA CULTURAL NO MEU COLEXIO

Este ano na semana cultural fixemos moitísimo: os de 1º,  2º e os de infantil fixeron un obradoiro de tarxetas. Os pequenos de infantil foron ademais a Pontevedra a participar no Correlingua.

No día da bicicleta, o domingo día 10, paseamos acompañados dos nosos pais e irmáns maiores.

Fomos a Seixo ver o muiño de Guimeránse e fixemos muiñada. Posteriormente o mestre e investigador D. Arturo Sánchez Cidrás falounos do mundo dos muíños.

No colexio asistimos a un concerto didáctico de acordeón. E, ao seguinte martes, participamos nun concerto didáctico da coral polifónica de Beluso. A banda de música artística de Bueu pechou o ciclo musical.

Finalmente o festivalazo das letras Galegas: recital de poesías de Curros Enríquez, danzas, interpretación de obras coa frauta e a peza de teatro " A Desafío".

Non me esquezo de dicirvos que tamén visitamos o museo de Massó, a aula da natureza de Cabo Udra, á factoría de construción naval de Nodosa.

A conversa coa escritora Mar Guerra, estupenda Risa ,

A IX Romaría escolar de Sanamedio, xenial!

Todo en plan grande, e seguro que me deixo cousas! A mellor dende que estou no colexio!

 

CORRELINGUA 2009

CORRELINGUA 2009

O martes día 5 de maio os nenos de educación infantil participamos no Correlingua en Pontevedra.Todo bien

Pasámolo moi ben. O que máis nos gustou foi o dragón que botaba auga pola boca. Molaba un montón!

 

Festival das Letras Galegas

O grupo de teatro do CEIP Montemogos representou hoxe dúas obras, a primeira foi "A lenda do pirata" de Fusa Guillén, cos actores Irene, Aida e José Ramón. A segunda obra era "A ratiña feroz", de autor anónimo, e que tivo entre os seus actores a María, Marta, Sara, Vicky, Susana, Luis, Noemi e Serafín.

Ao rematar o teatro, puxo a guinda do fetival a actuación do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e grupo de pandereiteiras do colexio, integrado por Vanesa, Iria R., Iria P. e Patricia.

Aquí temos o resto das imaxes.

A seguir podemos ver unha mostra da actuación destes artistas:

Un apicultor na aula de infantil

Hoxe visitou o cole un apicultor. O apicultor é a persoa que cuida das abellas. Vistiu o seu traxe e a careta, e tamén os guantes, e despois botoulle fume á colmea co afumador, para que as abellas estivesen tranquilas e non lle picasen.

Despois fixémoslle moitas preguntas, e soubemos que na colmea viven unha raíña, moitas obreiras e moitos zánganos. A raíña pon os ovos para que poidan nacer máis abellas. As obreiras fan moitos traballos: as recolectoras van buscar o néctar das frores para facer o mel e tamén traen o pole; as cereiras fan a cera para construír as celas; as nodrizas cuidan dos ovos e das crías e danlle de comer á raíña a xalea real; as vixiantes son ás que pican co seu aguillón cando alguén molesta á colmea. Os zánganos tamén fan cousas, son os papás das abellas e tamén son as estufas da colmea porque axudan a dar calor.

As obreiras buscan o mel nas flores, e as que máis lles gustan son as margaridas, pero tamen as frores das árbores como o castiñeiro, que nos dá castañas para facer o magosto, ou o eucalipto.

Ao final probamos o mel que nos trouxo o apicultor das súas abellas, iso ao principio, porque despois acabamos zampándonos o bote enteiro e aínda queriamos máis. Mira que che estaba ben bo!

Pinchando aquí podedes ver máis fotos

Contos, lendas e costumes dos nosos avós

Os mestres D. José Ramón Álvarez Calleja e D. Arturo Sánchez Cidrás ofrecéronnos unha charla sobre como era a vida nos tempos dos nosos avós: como vivían, como eran as festas, como eran os seus xogos, etc. Aínda nos quedan moitas cousas que aprender deles!

Beluso Campións!!

Os equipos de fútbol dos CEIP de Beluso, de Bueu e de Cela enfrontáronse onte neste torneo xa tradicional. Por fin conseguimos gañar os de Beluso, despois de quedar segundos os últimos tres anos.

Os resultados foron os seguintes:

1º - CEIP de Beluso: Gañoulle a Cela e empatou con A Pedra

2º - CEIP de Cela: Gañáronlle ao colexio de A Pedra e perderon con Beluso

3º - CEIP de A Pedra: Perderon co colexio de Cela e empataron con Beluso.

No noso equipo temos que destacar a participación das nosas xogadoras (Erica, Vicky e Alba) que coa súa inexpugnable defensa conseguiron manter a raia aos delanteiros rivais. Pero tamén é verdade que todos os xogadores e xogadoras foron moi importantes para conseguir a victoria.

Así que noraboa a todos e tamén aos colexios de Cela e A Pedra, que foron duros rivais.

Programa da XXI Semana Cultural e Letras Galegas

A vindeira semana celebramos como todos os anos unha nova edición da Semana Cultural. As actividades previstas comezan xa este venres, e son as seguintes:

Venres, 9 de maio

Visita ao Museo Massó e á fábrica de conservas de Antonio Alonso, en Bueu (alumnado de 3º ciclo)

Luns, 12 de maio

Inaugúrase unha exposición no colexio sobre a "Salgadura e a conserva en Bueu", acompañada dunha charla-coloquio do mestre D. Arturo Sánchez Cidrás.

Obra de teatro: "O misterio do cemiterio vello" de Fina Casalderrey, a cargo de Manuel Solla.

Martes, 13 de maio

Participación en CORRELINGUA, en Pontevedra, o alumnado de 2º ciclo de primaria.

Competición de fútbol sala, entre os equipos dos colexios de Beluso, Bueu e Cela.

Mércores, 14 de maio

Sesión de Contacontos, a cargo de Dª Beatriz González Campos.

Charla sobre "Contos, lendas e costumes dos nosos avós", por D. José Ramón Álvarez e D. Arturo Sánchez

Xoves, 15 de maio

Festival das Letras Galegas: obras de teatro do alumnado do CEIP Montemogos e actuación musical do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e o grupo de pandereiteiras do colexio.

Venres, 16 de maio

VIII Romaría escolar Sanamedio e V Olimpiada escolar, no campo de fútbol de Beluso.

Luns, 19 de maio

Obradoiro de Camisetas, por Dª Ana Mª Patiño.

Obradoiro de xarróns florais

Hoxe e mañán lévase a cabo un obradoiro de xarróns florais onde participan os nenos e nenas do primeiro ciclo. Xa veremos como quedan os xarróns, pero de momento si que podemos dicir que o están pasando ben.

 



Os nenos e nenas de educación infantil e as súas profes tamén fixeron os seus xarróns, moi bonitos por certo.

 




E tamén temos unha foto:


Exposición:

Na biblioteca do CEIP de Beluso pódese ver a exposición "Como cambian os tempos..." durante esta Semana Cultural. Están recollidos obxectos de uso diario dende os tempos dos nosos avós e bisavós ata o día de hoxe. Hai obxectos do ámbito mariñeiro, agrícola, carpintería, uso doméstico, etc...



 

 

Torneo de futbito: Beluso, A Pedra e Cela

Hoxe celebrouse o torneo triangular de futbito entre os equipos de Beluso, A Pedra e Cela, como é tradición tódolos anos. A victoria estuvo moi disputada e só na prórroga foi capaz de superar o equipo de A Pedra ós nosos aguerridos xogadores de Beluso. Desde aquí só cabe felicitar a actuación dos tres equipos que se deixaron a pel no campo.

O equipo de Cela obtivo a medalla de bronce 


 

O equipo de A Pedra, gañador do torneo e da medalla de ouro

 

 

E os xogadores e xogadoras de Beluso que venderon cara a súa pel


 

Para rematar temos un par de vídeos cos momentos máis emocionantes do partido

 

 

Festival de teatro e música

Hoxe tivemos no cole moitas actuacións. Primeiro tivemos teatro protagonizado polos nosos compañeiros, que nos ofreceron dúas pezas, unha delas era "O galo kiriko".

Despois chegou a hora da música... tivemos pandereiteiras (as nenas do cole)... e tamén a actuación estelar de Guillermo e Nila, que podemos ver nos seguintes vídeos.

 










Os bombeiros do morrazo no cole de Beluso

 


 

 

 

Máis fotos aquí

 

 






Charla-Coloquio con Fina Casalderrey

Hoxe estivo con nós no cole Fina Casalderrey e deixounos abraiados coas súas historias. Nós estamos a ler o seu libro "Ás de mosca para Anxo".

Falounos da sensibilidade, como a condición máis importante para ser un bo escritor ou escritora, e explicoúnolo contando unha aventura desgraciada que lle pasara á profe María Xosé. Primeiro partímonos de risa, pero despois arrepentímonos de telo feito. Entón Fina díxonos que nós eramos persoas sensibles.

Pasámolo ben, rímonos moito e tamén nos emocionamos con ela. Ó final dedicounos autógrafos. Grazas Fina.

Máis fotos aquí

Olimpiada 2007: as fotos máis espectaculares

O venres día 4 de maio celebrouse a olimpiada anual no colexio de Beluso. Houbo probas de carreiras de velocidade, carreiras de fondo, salto de vallas e salto de altura, tanto nas categorías masculina coma feminina.

En primeiro lugar presentamos a foto dos gañadores e gañadoras nas carreiras de velocidade e fondo.

 

Estas son as gañadoras de 4º na carreira de fondo


 

E a seguir a foto do gañador de salto de altura en plena acción

 

O resto das fotos podedes velas aquí.