Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Un apicultor na aula de infantil

Hoxe visitou o cole un apicultor. O apicultor é a persoa que cuida das abellas. Vistiu o seu traxe e a careta, e tamén os guantes, e despois botoulle fume á colmea co afumador, para que as abellas estivesen tranquilas e non lle picasen.

Despois fixémoslle moitas preguntas, e soubemos que na colmea viven unha raíña, moitas obreiras e moitos zánganos. A raíña pon os ovos para que poidan nacer máis abellas. As obreiras fan moitos traballos: as recolectoras van buscar o néctar das frores para facer o mel e tamén traen o pole; as cereiras fan a cera para construír as celas; as nodrizas cuidan dos ovos e das crías e danlle de comer á raíña a xalea real; as vixiantes son ás que pican co seu aguillón cando alguén molesta á colmea. Os zánganos tamén fan cousas, son os papás das abellas e tamén son as estufas da colmea porque axudan a dar calor.

As obreiras buscan o mel nas flores, e as que máis lles gustan son as margaridas, pero tamen as frores das árbores como o castiñeiro, que nos dá castañas para facer o magosto, ou o eucalipto.

Ao final probamos o mel que nos trouxo o apicultor das súas abellas, iso ao principio, porque despois acabamos zampándonos o bote enteiro e aínda queriamos máis. Mira que che estaba ben bo!

Pinchando aquí podedes ver máis fotos

0 comentarios