Se muestran los artículos pertenecientes al tema Xornal escolar.

16/05/2008

Xornal escolar: Fiadeiro Letras Galegas 2008

Este venres todos os nenos e nenas do CEIP Montemogos recibimos un exemplar do Fiadeiro, o segundo deste ano, nun CD en formato dixital. Nel recóllense todos os traballos feitos para o xornal nos diferentes niveis, dende educación infantil ata 6º de primaria.

Lembrade que temos un concurso de investigación con preguntas para resolver, e que todos os que respondades correctamente teredes un regalo.

Neste CD tamén se inclúe unha edición multimedia do Libro Viaxeiro 2008, así que podemos ver e escoitar as páxinas do libro, lidas polos nenos e nenas de 3º curso.

A continuación presentamos algúns dos traballos do xornal, que podedes ver tamén directamente en internet.

Os nenos e nenas de educación infantil opinan sobre a elección de presidente

PRIMEIRO CICLO:

Os nenos de 2º A din o que farían diante de situaciós sorprendentes

SEGUNDO CICLO:

Noticias de 3º A

As lerias de 3º B

A cestería (3º B)

As redeiras (3º B)

Os zapateiros (3º B)

Contos (4º B)

TERCEIRO CICLO

A vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez (5º)

Unha aventura noturna (6º)

Finalmente, lembramos que tamén estamos facendo o Fiadeiro Mural, diante da entrada do colexio, onde imos recollendo as novas máis interesantes que se van producindo, e que polo tanto recolle a máis viva actualidade.

16/05/2008 22:58 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Xornal escolar

02/04/2008

Unha historia de amor

No colexio de Beluso

había unha historia de amor

que a formaron dúas persoas namoradas,

pero non se sabe de que será ese amor.

Un día, ó poñerse o sol,

desfíxose o amor entre eles os dous.

02/04/2008 21:28 Autor: el trio calabera. a c c. #. Tema: Xornal escolar

Sahara

Temos unha amiga dun sitio chamado o SAHARA.

Unha vez contounos que o SAHARA era un sitio moi pobre: polas noites durmen, no inverno, vestidos con tres pantalóns; ademais de poñer no chan tres ou catro mantas. Claro, teriamos que explicar que non hai camas. En cambio no verán hai moito calor, a xente está sempre a suar.

Cada familia recibe ao mes os seguintes alimentos: un quilo de arroz, outro de lentellas, outro de feixóns, outro de garavanzos e para acabar dous litros de aceite. Cando teñen pouca comida cazan lagartos, serpes ou algún can ou gato que apareza.

Nós cando non queremos comida tiramos con ela, porque dicimos que sobra. Cando estamos tomando un bocadillo se non nos gusta deixámolo.

A miña avoa contoume que aquí, de nena, non tiñan para comer, non tiñan cartos nin para remendar a roupa.

Eu pido unha axuda, podedes axudarme a comprender cal é a razón pola que se tira coa comida cando hai nenos aos que lles fai moita falta?

(Foto do campamento de Tinduff, no Sahara)

02/04/2008 21:23 Autor: Anónimo. #. Tema: Xornal escolar

21/12/2007

O FIADEIRO de nadal

Onte saíu á rúa o periódico escolar FIADEIRO, onde participaron todos os nenos e nenas do CEIP MONTEMOGOS. Esta vez repartíronse CDs en formato dixital para que tamén poidades velo no ordenador.

Aquí tedes unha selección dos artigos publicados:

Orla dos nenos e nenas de educación infantil

Os nenos e nenas de infantil opinan dos deportes

PRIMEIRO CICLO:

Conto dos nenos de primeiro curso (Sopa de esqueleto)

SEGUNDO CICLO:

Conto dos nenos de segundo ciclo (No lago e o golfiño Raúl)

Os nenos e nenas de segundo ciclo recomendan libros para ler

Os nenos e nenas de segundo ciclo lémbrannos os xogos dos nosos avós

TERCEIRO CICLO

Poemas

Carta dunha nena saharaui

Adiviñas

Non esquezades responder ás 10 preguntas sobre o periódico e así gañar uns bos premios!!

21/12/2007 00:28 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Xornal escolar

14/05/2007

Fiadeiro: o periódico do cole

A seguir figuran uns cantos artigos:

Contos
A auga

Poesías

Carta das antípodas

14/05/2007 12:27 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Xornal escolar


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]