Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Xornal escolar

FIADEIRO LETRAS GALEGAS 2012

Xa temos listo o último número do noso xornal "FIADEIRO", esperamos que vos guste.

FIADEIRO LETRAS GALEGAS 2011

Xa podedes disfrutar o último número da nosa revista "FIADEIRO", poderedes encontrar un montón de traballos feitos por todos os nen@s, desde os máis pequeniños ata os máis grandes. Pincha na portada para acceder ao mesmo.

FIADEIRO LETRAS GALEGAS 2010

Poñemos a disposición de todos os lectores este esforzo común dos alumnos e os seus mestres, dende infantil ata sexto de primaria.

Investigamos sobre as cidades e os animais, amosamos o entroido en distintas vilas do Morrazo, falamos coas extraballadoras da fábrica,... e como non as Letras Galegas e Uxío Novoneyra teñen o lugar que lles corresponde.

Clic na portada para lelo

Xornal escolar: Fiadeiro Letras Galegas 2008

Este venres todos os nenos e nenas do CEIP Montemogos recibimos un exemplar do Fiadeiro, o segundo deste ano, nun CD en formato dixital. Nel recóllense todos os traballos feitos para o xornal nos diferentes niveis, dende educación infantil ata 6º de primaria.

Lembrade que temos un concurso de investigación con preguntas para resolver, e que todos os que respondades correctamente teredes un regalo.

Neste CD tamén se inclúe unha edición multimedia do Libro Viaxeiro 2008, así que podemos ver e escoitar as páxinas do libro, lidas polos nenos e nenas de 3º curso.

A continuación presentamos algúns dos traballos do xornal, que podedes ver tamén directamente en internet.

Os nenos e nenas de educación infantil opinan sobre a elección de presidente

PRIMEIRO CICLO:

Os nenos de 2º A din o que farían diante de situaciós sorprendentes

SEGUNDO CICLO:

Noticias de 3º A

As lerias de 3º B

A cestería (3º B)

As redeiras (3º B)

Os zapateiros (3º B)

Contos (4º B)

TERCEIRO CICLO

A vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez (5º)

Unha aventura noturna (6º)

Finalmente, lembramos que tamén estamos facendo o Fiadeiro Mural, diante da entrada do colexio, onde imos recollendo as novas máis interesantes que se van producindo, e que polo tanto recolle a máis viva actualidade.

Unha historia de amor

No colexio de Beluso

había unha historia de amor

que a formaron dúas persoas namoradas,

pero non se sabe de que será ese amor.

Un día, ó poñerse o sol,

desfíxose o amor entre eles os dous.

Sahara

Temos unha amiga dun sitio chamado o SAHARA.

Unha vez contounos que o SAHARA era un sitio moi pobre: polas noites durmen, no inverno, vestidos con tres pantalóns; ademais de poñer no chan tres ou catro mantas. Claro, teriamos que explicar que non hai camas. En cambio no verán hai moito calor, a xente está sempre a suar.

Cada familia recibe ao mes os seguintes alimentos: un quilo de arroz, outro de lentellas, outro de feixóns, outro de garavanzos e para acabar dous litros de aceite. Cando teñen pouca comida cazan lagartos, serpes ou algún can ou gato que apareza.

Nós cando non queremos comida tiramos con ela, porque dicimos que sobra. Cando estamos tomando un bocadillo se non nos gusta deixámolo.

A miña avoa contoume que aquí, de nena, non tiñan para comer, non tiñan cartos nin para remendar a roupa.

Eu pido unha axuda, podedes axudarme a comprender cal é a razón pola que se tira coa comida cando hai nenos aos que lles fai moita falta?

(Foto do campamento de Tinduff, no Sahara)

O FIADEIRO de nadal

Onte saíu á rúa o periódico escolar FIADEIRO, onde participaron todos os nenos e nenas do CEIP MONTEMOGOS. Esta vez repartíronse CDs en formato dixital para que tamén poidades velo no ordenador.

Aquí tedes unha selección dos artigos publicados:

Orla dos nenos e nenas de educación infantil

Os nenos e nenas de infantil opinan dos deportes

PRIMEIRO CICLO:

Conto dos nenos de primeiro curso (Sopa de esqueleto)

SEGUNDO CICLO:

Conto dos nenos de segundo ciclo (No lago e o golfiño Raúl)

Os nenos e nenas de segundo ciclo recomendan libros para ler

Os nenos e nenas de segundo ciclo lémbrannos os xogos dos nosos avós

TERCEIRO CICLO

Poemas

Carta dunha nena saharaui

Adiviñas

Non esquezades responder ás 10 preguntas sobre o periódico e así gañar uns bos premios!!

Fiadeiro: o periódico do cole

A seguir figuran uns cantos artigos:

Contos
A auga

Poesías

Carta das antípodas