Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Gatos e cans

Os gatos son moi cariñosos, teñen os ollos moi chulos, o seu pelo é moi suave, case todos son domésticos, teñen catro patas. Eu teño un de cor branca e marrón que se chama Mica e sempre se tira aos pés da xente. (Laura)

Os mamíferos terrestres son moitos en Galicia e noutros lugares do mundo como os cans, os gatos e outros animais máis. Os cans son mamíferos terrestres con pelo, e patas. Os cans son moi cariñosos. Os gatos son moi rabudos, teñen pelo e patas como os cans pero non son tan cariñosos. (Iria)

O can e o animal doméstico máis antigo dende fai moito tempo, é o mellor amigo animal dunha persoa. Sirven para a caza, tamén poden ser pastores, axudan as persoas cegas a guialas, poden ser gardas de vixiancia ou acompañar aos equipos de rescate a localizar vítimas no mar ou na neve. Os cans tamén poden acompañar aos policías a detectar drogas e buscan persoas seguindo rastros. Os cans poden chegar ata vinte anos de vida. IMPRESIONANTE! (Sara e Antía)

Os animais son moi bonitos. Por exemplo: o can, o gato e os animais mariños. O can é un animal doméstico, é o mellor amigo do home, ten pelo e é un mamífero. Hai moitas razas de cans: coker, pastor alemán, pastor belga, colin, xaski ... O gato tamén é doméstico pero non se queda tanto na casa e non se pode xogar con eles. Teñen pelo e son mamíferos. (Vanesa)

1 comentario

Raquel 6º -

Hola la foto me encanta están muy monos y simpáticos hahaha bye un saludo Raquel.
Pd:¿Haca cuantos años hiistes esta publicación?