Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Excursión a Cerceda e Fisterra

Onte fomos todo o terceiro ciclo de excursión. Primeiro chegamos a Cerceda, un concello da provincia de A Coruña, e visitamos SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Recibíronnos moi amablemente Celia e Bea e explicáronnos nun mapa todos os edificios que había e que cousas facían alí.

En SOGAMA recollen dous tipos de lixo de toda Galicia: os contenedores amarelos de envases de plástico, metal e tetra-briks e os contenedores verdes de residuos xerais (todo o que non se separa). Así que nos puxemos todos as cofias e os cascos e fomos visitar as naves. O que menos nos gustou foi o cheiro, e máis dun andivo todo o tempo co narís tapado.

Nunha nave separaban os plásticos que chegaban xuntos nos contenedores amarelos: latas por un lado, tetra-briks por outro, e envases de plástico por outro. Facíano unhas operarias que traballaban nunha cinta transportadora, e tamén o facían mecanicamente uns imáns que chupaban as latas de metal. Ao final saía todo ben separado e empaquetadiño.

Noutra nave chegaban os residuos dos contenedores verdes escuros e librábanse nun foxo.

De alí collíaos un pulpo e pasaban a outra nave onde lles sacaban a auga con calor, e o vapor de auga saía por dúas chemineas.

Despois, o residuo xa seco ía ter logo dunhas cantas voltas a unhas caldeiras onde se queimaban e producíase suficiente enerxía eléctrica para abastecer a cidade de A Coruña. Por esas chemineas non saía fume, ou non se vía, pois pasaba por moitos filtros. As cinzas metíanas nuns sacos e almacenábanas nun monte próximo ben tapadas con terra e plásticos.

Antes de irnos fixemos un examen e aprobamos case todos, e en recompensa déronnos moitos regalos: un contenedor de lixo amarelo, cheo de caramelos e lápices reciclados. Unha aperta a Bea e Celia que foron superboas.

Logo collimos o autobús e fomos a Aquapark, o parque acuático máis grande de Galicia. Bañámonos nas piscinas e tirámonos polos tobogáns. Foi superdivertido e non paramos de xogar ata a hora de marchar.

Camiño de Fisterra paramos no castelo medieval de Vimianzo. Exploramos todo o castelo, andivemos polas almeas e subimos á torre máis alta.

Por fin chegamos ao faro de Fisterra, e dende alí vimos a estatua da liberdade. A verdade é que hai que fixarse moi pero que moi ben, e só se ve como un pequeno destello alá lonxe ao outro lado do mar. Alí merendamos e logo compramos uns regaliños nunha tenda para traer de recordo.

O resto das fotos tédelas neste enlace

0 comentarios