FERNANDO BOTERO
Os nenos e nenas de primeiro ciclo foron visitar unha exposición do artista Fernando Botero. Pero...
QUEN É FERNANDO BOTERO?
Botero é un pintor e escultor colombiano de fama internacional. Naceu no ano 1932.
Desde moi novo empezou a pintar e pronto decidiu viaxar por toda Europa para coñecer mellor as obras dos grandes mestres.
Cando regresou ao seu país intentou poñer en práctica o aprendido: comezou a experimentar con formas e volumes.
Un día, pintando un instrumento musical, deuse conta de que esaxerara demasiado o seu volume. A partir dese momento descubriu que era o seu estilo, a súa propia maneira de expresarse.
Botero ten unha forma de interpretar a arte tan persoal, que o fai inconfundible.
Algunhas das súas esculturas atópanse en cidades españolas como Madrid, Barcelona e Oviedo.
0 comentarios