LEMBRAMOS OS DEREITOS DA INFANCIA
A Asemblea Xeral da ONU, aproba en 1959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente Fondo das Nacións Unidas para a Infancia). (http://gl.wikipedia.org/wiki/Dereitos_do_neno).
Nós realizamos un traballo de lectura e discusión e entresacamos o que nos pareceu máis salientable:
O neno para o desenvolvemento da sua personalidade necesita comprension e amor. Nunca separalo dos pais. Se non quedase máis remedio que separalo, as autoridades teñen que tratalo como se trata nas boas familias.
Un neno ten dereito a ter coidados médicos.Cando vai ao médico que o atenda. Que poida utilizar unha ambulancia, padiola ou cadeira de rodas. Ser operado cando o precise ou mercar menciñas para curarse. Se ten piollos poder comprar loción especial.
Un neno cando nace ten dereito a ter un nome e unha nacionalidade. Os nomes serven para saber quen é o neno ao que chamas. Tamén hai diferentes nacionalidades: Portugués, Español, Inglés,Francés, Ruso...As nacionalidades indican de onde procede cada neno e a súa familia.
Todos os nenos teñen dereito a unha protección e a ter oportunidades…, a desenvolverse física, mental, espiritual e socialmente en forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidable…
0 comentarios