ANO INTERNACIONAL DO GORILA
Os gorilas son unha especie que está desaparecendo pouco a pouco: están en perigo de extinción.
Viven nos bosques de Africa Central. De hábitos diurnos, pasan a maior parte do día comendo e descansando. Cada tarde nas pólas non mui altas ou na terra, preparan o seu cocho, aínda que o macho principal normalmente prepara a súa cama no chan.
A esperanza de vida anda entre os trinta e cincuenta anos. Varía moito se é no seu medio natural ou nun zoo, claro.
A causa fundamental da súa desaparición é porque os humanos, que crueis, chegaron a considerar a caza de gorilas un deporte e as mans e os pés eran os trofeos .
Recentemente a pesar das leis que os protexen, unha enfermidade debida ao virus ébola, mata máis de 5000 gorilas.
0 comentarios