Blogia
Blog do CEIP Montemogos

SACAPENAS PARA GAZA

SACAPENAS PARA GAZA

Nenos e nenas do noso cole estamos a participar na elaboración duns "sacapenas" para enviar a Gaza, en colaboración co CEIP A RÚA  de Cangas de Morrazo.

 Que son estes "sacapenas"?

A idea do sacapenas xurdiu na aula de primeiro curso de primaria do Ceip A Rúa, donde, nenos e nenas, pensaron que poderían axudar a meniños e meniñas de Gaza  a esquecer un pouco o medo que causa unha guerra. O seu obxectivo é que lle poidan contar unha pena( para poder quedar máis tranquilos), colocándoos debaixos das súas almofadas.

Pero...por que sacapenas para Gaza? Que sucede alí?

O actual conflicto de Gaza comezou o 27 de decembro de 2008 e continúa na actualidade.

A chamada "Franja de Gaza" é unha estreita franxa de terra situada no Oriente Próximo, ao sureste de Israel e ao noroeste da península do Sinaí.

Dentro de Israel hai dúas áreas que están gobernadas polos palestinos. Estas áres son: A Franxa de Gaza e Cisjordania. Os palestinos eclaan que estas dúas áreas sexan recoñecidas como un país independiente con estado palestino, co que non están de acordo os israelitas. (Este conflicto entre israelitas e palestinos xa ven desde a Primeira Guerra Mundial).

Na Franxa de Gaza viven aproximadamente un millón de habitantes, a maioría musulmáns.

As condicións de vida son moi malas debido ao bloqueo israelí, dependendo así económicamente da axuda humanitaria.

 

Ben, por todo isto xurde esa idea. Nós consideramos que poderíamos darlle aos nenos e nenas aos que irán destinados os nosos agasallos, un pequeno momento de alegría e ilusión como a que temos nós facendo isto para tal fin.

Un bico para todos eles.

0 comentarios