Blogia
Blog do CEIP Montemogos

CARTA PARA GAZA

CARTA PARA GAZA

Beluso, 1 de abril de 2009.

Estimados nenos e nenas de Gaza:

Somos as nenas e nenos do CEIP Montemogos de Beluso. Gustarianos axudarvos a aliviar un pouco as vosas penas, e para tal fin, elaboramos para vós uns " sacapenas" que vos enviamos. A nosa idea é que con eles poidades por un momento, esquecervos da guerra, non estar tristes e poder xogar un pouquiño. Cando vaiades durmir podedes colocalos baixo da almofada. Esperamos que os coidedes con cariño, coma o que nós puxemos.

Que esta guerra se acabe será o mellor para todos!

 

Ímosvos contar algo sobre o noso cole.

O noso colexio é moi grande. Hai 166 nenos e nenas. Os profesores e profesoras nos ensinan moito e moi ben. Temos dúas pistas para poder xogar, onde podemos facelo tranquilos sen pensar que pode saír algunha bomba dun avión...e non temos ruídos extraños que producen as guerras.

Temos unha biblioteca moi grande e con moitos libros; un salón de actos onde facemos festivais, vemos películas...; un ximnasio moi frío e un aula de informática onde podemos consultar información...e localizamos Gaza, a 4000 quilómetros de distancia da nosa vila.

Desexamos que esta carta que vos enviamos vos guste e vos anime. Isto é o que pretendemos!

Moitos bicos e abrazos dos nenos e nenas do cole de Beluso.  BesoBesoBeso

 

 

0 comentarios