PIT BULL
Pit bull
O Pit bull é un termo xenérico usado para agrupar diferentes razas ou cruces da familia molosser, usados tradicionalmente para a loita de cans. Entre esas razas están o bull terrier o american staffordshire terrier, o american pit bull terrier ou o staffordshire bull terrier. O termo é usado con diferentes castes e cruzamentos entre as que presentan características físicas semellantes.
Estes cans poden ser moi fieis ós seus amos, confiados e cariñosos, pero nalgúns casos, maioritariamente tras sufrir maltratos polo seus donos ou por ser adestrados para loitar, vólvense perigosos.
Ó non ser unha raza específica, senón un termo xenérico, non ten unhas características fixas, aínda que si unha aparencia xeral. Dependendo da raza ou cruzamento, poden pesar de 17 a 60 kg. De aspecto forte, musculatura desenvolvida, gran testa con masseters ben marcados, fociño folgado, orellas ás veces curtas e de case calquera combinación de cor en manto e ollos.
Antigamente o termo pit bull ou pit dog tamén foi utilizado para referirse ós cans que se criaban para loitar no foxo.
0 comentarios