Excursión do Terceiro Ciclo
O Martes 9 de marzo o Terceiro Ciclo fomos de excursión a Vigo. Vimos un concerto de músca onde había trompas, violines, baterias... Tamén sairon a bailar dous compañeiros do colexio, Jº Angel e Mª Mercedes os dous de 6º . A tocar foron Carmen e Susana de 5º-6º. Despois fomos ao Museo das Palabras. Ao principio fomos cunha muller a parte de arriba do edificio, alí arriba vimos unha máquina que tiña debuxado o mundo, dábaslle a calquera país e dicíache na súa lingua quérote, ámote, adóroche. A continuación déronnos unhas tarxetas que tiñan unha oración partida a metade, tivemos que encontrar á nosa parella. Ao final fixemos en grupos de 5 un cómic. Foi moi divertido!!
0 comentarios