Blogia
Blog do CEIP Montemogos

A CONSTITUCIÓN

A Constitución é un documento en que se establecen as normas e regras da vida en sociedade dun país. Moitos países teñen a súa Constitución e nela recoñécense os dereitos e as obrigas dos seus cidadáns. Na Constitución establécese a maneira en que se vai gobernar, os organismos que deberán administrar o país, como se van elaborar as leis, etc.

Tras a morte do xeneral Franco, en Novembro de 1975, España conmemorou o seu camiño cara á democracia. Reformáronse as leis que regulaban a política do país e convocáronse eleccións democráticas para elixir o goberno. A partir dese momento un equipo de persoas, chamado a Ponencia Constitucional, empezou a redactar a Constitución, un traballo duro e complicado porque este documento tiña que ser válido para todos os cidadáns deste país.

O 6 de Decembro de 1978 aprobouse en referendo a Constitución española, que recolle as leis para unha convivencia pacífica e democrática dos cidadáns.

 

 

                           E ESTO É O QUE VOS QUERÍA CONTAR

1 comentario

Raquel 6º -

que guay sara además nos viene mucho al caso chiao :D