Os ponis
Os ponis son de raza pequena porque soen ser para montar nenos pequenos, soen medir 1 metro e 40cm. En inverno son moi peludos. Os pequenos son moi malos de coller. Eu o sei porque teño tres.
Os ponis son de raza pequena porque soen ser para montar nenos pequenos, soen medir 1 metro e 40cm. En inverno son moi peludos. Os pequenos son moi malos de coller. Eu o sei porque teño tres.
A nova tempada está moi cerca e está cargada de máis sorpresas ca nunca.
Habrá tres personaxes novas, que... non volo vou dicir.
Para iso teredes que ver a nova tempada do ``El internado´´ en Antena 3 máis seguro o luns as 22:30.
Poema.
María, María
que tía, que tía.
Comía de noite
comía de día.
E ao chegar a tarde
que e o que facía?
María, María
comía e comía.

Hai un tempo escribin que o libro que mais me gustaba da miña infanza era pinocho.
Da biblioteca de Montemogos a pasada semana foi "Ya te dare kárate" de Geronimo Stilton.
Fala de que unha mañá lle chaman ao telefono e resultaba que era Todoterreno que quería levalo
ao torneo mundial de kárate, pero dende aqui xa o leredes vós. Ata a próxima. Thomas 6º B
Os nenos e as nenas do primeiro ciclo foron o día 23 de novembro de visita a Vigo para asistir a unha obra de teatro no centro Caixanova, Ainara de primeiro B, cóntanos o argumento da obra:
" Fun ao teatro, vin unha obra que trataba dunha árbore e un leñador que quería cortala para gañar diñeiro".
A obra foi estupenda e os nen@s quedaron encantad@s e pasáronno moi ben.
O libro que vos recomendo aos que vos gusten os animais é o de "Los lobos" que trata de como os lobos poden sobrevivir en grupo pola neve para buscar de comida para poder comer. E incluso ás veces expulsaban algúns lobos que non cazaban nada para o xefe.



O sábado día 21-11-09, o equipo das infantís femininas, fomos xogar a Ourense.
Tivemos mala sorte porque perdimos, pero non foi pola nosa culpa senón pola mala arbitraxe dos árbitros. As rapazas do equipo ourensá eran moi brutas e facían moitas faltas.
Ao final do partido os nosos pais dicían:
- MANS ARRIBA, ISTO É UN ATRACO!- pola mal arbitraxe dos árbitros.
Do noso equipo a metade acabou a chorar, incluida eu, pola rabia que tiñamos.
O noso entrenador, Moncho, díxolle tantas cousas ao árbitro que por pouco sácanlle tarxeta amarela.
O BODEGUERO RATONERO ANDALUZ E UNHA RAZA DE CANS QUE LLES GUSTA XOGAR, CAZAR E GUIAR. ESE TIPO DE RAZA TEN POUCO PELO.
Os elefantes son uns animais grandes e pesados. O seu tipo de pel e grosa e forte non é capaz de correr moito porque é moi pesado podría pesar toneladas. Os seus cornos cortanllos porque iso vale moitos cartos porque son cornos de marfil. As crías de elefante non lle nace os cornos de marfil porque aínda son pequenos cando sexan máis grandes xa lle nacen porque xa serán grandes e cortaranllos cando medren.
Os servais son uns felinos de pequeno tamaño que poden saltar ata 3 metros de lonxitude e 2 de alto. Pola noite saen a cazar e polo día durmen nos ocos das rochas. Cazan sobre todo ratos, paxaros, ras e ata poden pescar peixes. Os seus inimigos son os leóns, os leopardos e as hienas.
Os cabalos son uns dos animais máis extraordinarios que existen. Hai varias razas: hanoveriano, árabe, anglo-árabe...
O cabalo máis pequeno do mundo chámase fallabela, miden entre 34cm e 74cm e pesa entre 18kg e 36kg.
Os mellores cabalos que hai as carreiras son os P.S. (pura sangue), porque son moi rápidos e moi resistentes. Como son tan resistentes, teñen menos probabilidades de ser feridos gravemente nunha caída.
O traballo dos policías é moi complicado. Eles deben protexer ós cidadáns dos distintos perigos que poden causarnos dano. Nos só son persoas que manexan un arma, senón que a nosa vida está nas súas mans.
Velaquí unha imaxe da miña serie preferida sobre policías españois: Os homes de Paco.
Hugo é xogador de balonmán. O ano pasado xogaba no balonmán Cangas. Este ano fichouno o Bueu atlético balonmán.
Marcou vintedous goles na liga.
É o mellor xogador do Bueu
Os cans son animais domésticos, a xente soe telos na casa, pero eles disfrutan máis cando están ao aire libre, son animais de compañía.
Os leopardos son uns felinos moi rápidos que poden correr ata 180 km/hora. A súa pel é de cor marrón e con pintas negras.
Os gatos son as mascotas mellor adaptadas pra cazar ratos, son incluso máis eficaces cas trampas e utensilios pra cazalos. Tamén son mimosos e cariñosos. Poden ser un pouco brutos ao xogar.
Luc Abalo é un xogador do Ciudad Real moi bo. É extremo dereito, o día 11 Luc Abalo veu a xogar a Cangas co seu equipo o Ciudad Real. O Ciudad Real gañou por 26-38. Eu estiven con el e firmoume e puiden sacarme unha foto con el.
Michael Jackson, máis coñecido como o rei do pop, foi un gran cantante e bailarín.
Naceu o 29 de agosto de 1959 e morreu o 25 de xuño de 2009 deixando a miles de fans en todos os lugares do mundo.
Hoxe, nós, queremos recordar a este gran cantante que foi unha gran persoa cun gran corazón.
Viva Michael Jackson!
Libre voa o paxaro,
sabe onde vai,
cae coma unha pluma cae
e sobe como un cohete,
ve o fermoso ceo
mais pía no meu corazón
a alegría da miña vida.


Enviado por José Ángel, 6ºA