Blogia

Blog do CEIP Montemogos

ANTES DE LER UN TEXTO...

Hola, amigos, vou explicarvos como funciona a comprensión dun texto.... Risa

Antes de ler un texto, hai que:

1º-Intentar sacar unha conclusión do título.

2º-Fixarse nos debuxos.

3º-Ver o tipo de texto que é : unha carta, un anuncio, un artículo dun xornal, dun libro de texto...

4º-Ver que palabras descoñecemos.

E xa podemos empezar a ler.

P.D.-Podes utilizar estas ideas para estudar e así sacar mellor as conclusións.

Ver a imaxe a tamaño completo

GUEPARDO

GUEPARDO

Os guepardos cazan sobre todo gacelas, eles poden alcanzar como máximo 115km/h.Non teñen uñas retractiles.Cando cazan en grupo poden cazar ñus e cebras.Cando cazan corren a máis de 100km/h e fan que a súa presa perda o equilibrio e entón estrangúlaa.

Os linces

Os linces

Os linces ibéricos son uns carnívoros que están en perigo de extinción, o cal é unha penaLlora. Os linces, comen sobre todo coellos. Son moi rápidos e moi bonitos, creo que todo o mundo debería coidar o medio ambiente para salvalos, se non, imos quedar sen un animal moi preciado. As crías de lince son mansas coas persoas, pero os adultos son unhas feras.

 

Pinocchio e camuflaxe animal

Estiven vendoSorprendido, sorprendido, que no blog non aparecen as portadas dos libros aos que nos referimos, Thomas e mais eu, "Camuflaje animal" e "Pinocchio". O dos animais que se ocultan camuflándose está na biblioRisa do cole e o outro está en ItaliaTriste, pero temos outras versións de Pinocho que si están na biblioteca por se queres botarlles unha olladaGuiño.

Pinocchio

Pinocchio

un libro que recordo da miña infancia é Pinocho, tería eu arredor de cinco anos. Este libro estaba escrito en italiano porque era o país no que vivín ata os nove anos. Fala dun tal señor Geppeto que creou un moneco

de madeira e resulta que estaba vivo; pero tiña un pequeno problema: era moi vago. Aínda hoxe en Italia a

palabra pinocchio significa vago.

 

Animais camuflados

Este libro trata dos animais que saben camuflarse no bosque e na selva tropical.

As iguanas, lagartos, camaleóns,...son difíciles de distinguir no medio no que viven. Para eles é un sistema de defensa e protección.

CAÍN NUNHA TEA DE ARAÑA

CAÍN NUNHA TEA DE ARAÑA

Hai tempo caín nunha tea de araña.

Nun xardín precioso había unha tea de araña rodeando un pau e pegada a unha pedra con cemento, moi dura.

Cando as teas se me pegaron por toda a cara, intenteinas quitar; pero me producían un escalofrío.

Finalmente Pablo axudoume a quitala.

Uf, menos mal!

 

Esta é a araña que fixo a tea.

QUE MEDO!!!

QUE MEDO!!!

Este curso nenos e nenas de primeiro A elexiron como nome  " A clase do terror"...Certo día...chegoulles a noticia de que os alumnos de quinto A escribiran o pasado ano un libro de historias de terror!!! Foi así como comenzaron a súa andaina de contar as súas historias aos nenos e nenas de primeiro.Uuuuuuuuuuh!

O incendio

O sábado día 26 de setembro houbo un incendio en Beluso-Chadiza.

 Ao incendio foron os bombeiros e a policía. E tiveron que cortar a luz e todo Beluso quedou sen luz.

Todo o mundo pensou que  era un apagón e a xente estaba preocupada para facer a cea.

Ao final volveu a luz e toda  a xente puido facer de cear. Que ben xa veu a luz!!!!

ZLATAN IBRAHIMOVIC

Zlatan Ibrahimovic, é un xogador do F.C Barcelona. Fichárono hai 1 mes, agora é un dos xogadores máis rentables do Barça. Agora Leo Messi e Zlatan Ibrahimovic son unha parella moi boa. O martes 29 de setembro o Barça gañou 2-0 ao Dynamo de Kiev. Ibrahimovic quedou sen marcar gol o martes pero, segue sendo un bo xogador.Sonrisa

bulldog frances

Crese que o Bulldog Francés é un can descendente do Bulldog Inglés. Dise que os artesáns ingleses, en particular os encaixeiros, criaron un can pequeno que pesa un mínimo de 16 libras e un máximo de 28 libras. Co crecemento da Revolución Industrial en Inglaterra, os encaixeiros e os outros artesáns, acompañados polos seus pequenos cans, embarcáronse cara a Francia en busca de traballo. Foi así como este pequeno can chegou a Francia onde se volveu moi popular. Coñéceselle como "Bouldeogue", termo que adapta ao francés a palabra inglesa "Bulldog".

O celta

Este ano o celta non lle vai moi ben. Non gañou ningún partido, empatou dous e perdeu tres

BULL TERRIER

O estándar de Bull Terrier é forte, musculoso e de pelo curto. As cores aceptadas son en branco (permítense manchas na cabeza), e outras cores, entre as cales se preferirá a atigrada. As cores negra atigrada, vermella, leonada e tricolor son aceptables. Non se teñen en conta as marcas de pigmentación na pel. As cores azul e fígado son altamente indesexables.

 

 

 

 

Alonso pasa a Ferrari

Alonso é o mellor de España, e pasará a Ferrari co cal quedará 5 tempadas e gañará 25.000.000€ a tempada.  Para min que vai ser casi mellor que Schumacher.

PIT BULL

Pit bull

O Pit bull é un termo xenérico usado para agrupar diferentes razas ou cruces da familia molosser, usados tradicionalmente para a loita de cans. Entre esas razas están o bull terrier o american staffordshire terrier, o american pit bull terrier ou o staffordshire bull terrier. O termo é usado con diferentes castes e cruzamentos entre as que presentan características físicas semellantes.

Estes cans poden ser moi fieis ós seus amos, confiados e cariñosos, pero nalgúns casos, maioritariamente tras sufrir maltratos polo seus donos ou por ser adestrados para loitar, vólvense perigosos.

Ó non ser unha raza específica, senón un termo xenérico, non ten unhas características fixas, aínda que si unha aparencia xeral. Dependendo da raza ou cruzamento, poden pesar de 17 a 60 kg. De aspecto forte, musculatura desenvolvida, gran testa con masseters ben marcados, fociño folgado, orellas ás veces curtas e de case calquera combinación de cor en manto e ollos.

Antigamente o termo pit bull ou pit dog tamén foi utilizado para referirse ós cans que se criaban para loitar no foxo.

UN ACCIDENTE EN CELA CUNHA OCA

En Cela, hai uns cantos días, atropelaron unha oca. A policía municipal de Bueu tivo que saír o máis rápido posible para salvala, porque era un animal en perigo. A oca estaba perdidaTriste e non sabían de quen era. Se supón que sería dalgún veciño de Bueu que ten casa en Cela. A oca estaba interrumpindo todo o paso dos coches e a policia foi correndo. Por sorte, non tivo danos importantes, pero a tiveron que inmovilizar para poder sacala porque as ocas cando estan asustadas poden ser perigosas. Lengua fuera

"FÍSICA OU QUÍMICA"

A 4ª tempada de Física o química, comezou o martes 22 de setembro. Esta tempada trae mogollón de sorpresas...Beso

Como a de Angy Fernández máis coñecida como "Paula" na serie Física o Química. Esta embarazada de Adam Jeziereski máis coñecido como "Gorka" na serie de Física o Química. Se queredes miralo, buscar tres antenas polas noites...AH, AH, AH!!!                

Iorskshire, un cadelo de pelo longo

O Terrier de Iorkshire é un terrier de pelo longo e color marrón.  Iorkies recén nacidos son negros... logo "bronceados" na cella, as mandíbulas, o peito e os pés. Están completamente maduros en dous anos. Teñen un carácter moi ledo.

ZLATAN IBRAHIMOVIC, OUTRA ESTRELA BLAUGRANA

Zlatan Ibrahimovic, naceu en Suecia. O mércores, lesionouse contra o Racing de Santander. Lesionouse no pé. Estará varias semanas de baixa. Antes de lesionarse meteu un gol de cabezaLengua fueraDinero boca.Ao final o partido quedou 4-1. Gañou o Barça. A polo triplete!!!!!!!!!!!!!!!!!Sonrisa

Volta ao cole

Volta ao cole

O xoves día 10 de setembro comezou o cole no CEIP Montemogos.

Os nenos e as nenas estaban  moi ilusionados por comezar e con intriga de que profe lles tocaría e que clase.

Os pequenos de infantil e os de 1º de primaria estaban moi ansiosos. Todos xogan no recreo moi entusiasmados e felices,  aínda que non queren que cheguen os exames.

Queda un curso moi longo!!!!  Guiño