Blogia

Blog do CEIP Montemogos

OS LIBROS QUE MAIS ME GUSTAN SON ... !!!!!!

Os libros que máis me gustan para ler son os de Geronimo Stilton. É unha colección que me encanta é ademais son libros que tratan de cousas moi interesantes. Os últimos libros  que saíron á venda, creo, son: "Mi nombre es Stilton , Geronimo Stilton", "¿Quién ha raptado a Lánguida?", "Un disparate viaja a Ratikistan",  "Cuatro ratones en la selva negra", "El galeón de los gatos piratas", "El extraño caso del calamar gigante", "¡Tontorratón el que llegue el último!",... Tamén hai libros á venda de Tea Stilton.

Beluso atlético balonmán

Beluso atlético balonmán

Esta tempada quedamos moi ben clasificados na liga. Finalizamos a 1 punto do Teucro .

O Lalín foi primeiro e nós os segundos. O primeiro e o segundo se clasificaban para a copa Galicia .

Na copa Galicia quedamos terceiros, é moi dificil. Moito nivel.

Foi unha temporada moi intensa.

A excursión a Coruña

Os  nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión a Coruña  a disfrutar da Domus, o acuario e o planetario. Na Domus miramos unha película en 3d e despois a sala de exposicións. Na sala de exposicións había un home en tamaño real, unha proba de relaxamento...Cando rematamos fomos comer.

A continuación dirixímonos á Torre de Hércules. Despois chegamos ao acuario. No acuario había dúas quenllas: un macho e unha femia, 9 focas pero unha delas estaba noutra piscina porque xa ten 27 anos e é moi vella e ademáis está enferma. Ao acabar de mirar o acuario fomos ao planetario. No planetario fixemos moitas actividades. Despois da sala de exposicións disfrutamos doutra película en 3d. Cando rematou a película merendamos e volvemos a casa. Pasámolo moi ben!

Os golfiños, nosos amigos

Os delfíns son mamíferos acuáticos, aliméntanse de peixes pequenos.Risa

Teñen aletas, e unha cola, que lles permite desprazarse polos mares a gran velocidade. Ás veces nadan diante dos barcos sen que os poidan alcanzar.

Son moi xoguetóns e graciosos.


Os koalas, en perigo de extinción.

Os koalas, en perigo de extinción.

O koala é un  animal en perigo de extinción.

Mamífero y comedor de follas e cáscara de eucalipto, é un dos animais máis atractivos do mundo.

Natural do oriente de Australia ten un saco marsupial coma o canguro onde coloca ás súas crías.

A meirande parte da súa vida está nas pólas das árbores das que se alimenta, baixando a terra só para cambiar de árbore.

A súa pinta é semellante á dos osos, aínda que non é tan familiar. 

Pequenos, os machos pesan unos 12 Kg e as femias menos, convérteno polo parecido cos peluches, nun animal simpático e agradable.  Por certo, os dedos das manos están colocados de maneira moi distinta aos nosos:  o índice ocupa o sitio do matapiollos; no lugar dun polgar teñen dous.

 

Xenaro e o misterio da mochila verde. Encontro coa escritora MAR GUERRA.

Xenaro e o misterio da mochila verde. Encontro coa escritora MAR GUERRA.

Xenaro e o misterio da mochila verde é un libro creado pola escritora Mar Guerra. Mar Guerra viu ao colexio a darnos unha charla dentro da nosa Semana cultural e das Letras galegas. Todas as persoas da miña clase, a de 5º B, levamos o libro de "Xenaro e o misterio da mochila verde" para que nolo firmase.

O libro estivo moi interesante: trataba dun neno novo que chegou ao colexio de Xenaro. Ese neno era o que levabaa a mochila verde e ao final resultou que roubaba ... pero non, non vou contar o final...LÉDEO QUE É GUAI.

A min encantoume libro !Sonrisa

LEO MESSI

Leo Messi naceu en Arxentina. Xoga no Fútbol Club BarcelonaGuiño. Tiña unha enfermidade, de crecemento. O Barcelona pagoulle un tratamento especial. En decembro de 2008, case consegue ser o mellor xogador do mundoLengua fuera. Nesta tempada ven de gañar a liga de España, a Champions League e a Copa do Rei.,

 

A SEMANA CULTURAL NO MEU COLEXIO

A SEMANA CULTURAL NO MEU COLEXIO

Este ano na semana cultural fixemos moitísimo: os de 1º,  2º e os de infantil fixeron un obradoiro de tarxetas. Os pequenos de infantil foron ademais a Pontevedra a participar no Correlingua.

No día da bicicleta, o domingo día 10, paseamos acompañados dos nosos pais e irmáns maiores.

Fomos a Seixo ver o muiño de Guimeránse e fixemos muiñada. Posteriormente o mestre e investigador D. Arturo Sánchez Cidrás falounos do mundo dos muíños.

No colexio asistimos a un concerto didáctico de acordeón. E, ao seguinte martes, participamos nun concerto didáctico da coral polifónica de Beluso. A banda de música artística de Bueu pechou o ciclo musical.

Finalmente o festivalazo das letras Galegas: recital de poesías de Curros Enríquez, danzas, interpretación de obras coa frauta e a peza de teatro " A Desafío".

Non me esquezo de dicirvos que tamén visitamos o museo de Massó, a aula da natureza de Cabo Udra, á factoría de construción naval de Nodosa.

A conversa coa escritora Mar Guerra, estupenda Risa ,

A IX Romaría escolar de Sanamedio, xenial!

Todo en plan grande, e seguro que me deixo cousas! A mellor dende que estou no colexio!

 

CORRELINGUA 2009

CORRELINGUA 2009

O martes día 5 de maio os nenos de educación infantil participamos no Correlingua en Pontevedra.Todo bien

Pasámolo moi ben. O que máis nos gustou foi o dragón que botaba auga pola boca. Molaba un montón!

 

POEMA

POEMA

 A UNHA NAI

Gústame cando:

Xogas comigo,

cando contas chistes,

cando me axudas a facer os deberes,

cando me fas de comer.

 

Tamén me gusta

cando me contas contos,

cando sorrís,

cando te pos os vestidos.

Gústame cando me peiteas,

cando imos de compras,

cando dormes comigo,

cando te depilas as pernas,

cando te bañas comigo.

 

Mamá, gústame cando:

cando me das mimos,

cando facemos pasteis,

cando me animas.

Cando vemos películas e

cando traballamos xuntos.

Gústame cando me levas a sitios,

cando me das un bico polas noites.

 

E  encántasme cando me dis que me queresGuiño.

 

Equipo de redacción do blog de 4ºA

 

 

UN LIBRO DE GERONIMO STILTON

O libro de Geronimo Stilton "El tercer viaje al reino de la fantasia". Estámolo lendo na casa e no colexio.

Cada día todos os nenos e mestres do cole de Beluso dedicamos vinte minutos á lectura. Algúns  lemos, na nosa casa, arredor de media hora. A verdade que un pouquiño menosLengua fuera.

Collín o libro na biblioteca que agora está moito máis bonitaSonrisa e ocupa dobre espazo do que tiña. Ah! agora usamos o ordenador para os préstamos.

CARTAS EN ÁRABE E HEBREO

   As nenas e nenos de sexto curso intentamos traducir a nosa carta ao árabe e hebreo, idiomas que se falan en Israel e Palestina.

Esperamos que as poidan entender!                 

 

 

CARTA TRADUCIDA AL ÁRABE

 

Beluso ، واحدة في نيسان / أبريل 2009.
عزيزي أطفال غزة :
نحن الأولاد والبنات من الصف السادس لكلية Montemogos Beluso في بونتفيدرا واسبانيا.
نود أن تساعد ، ولهذا وضعنا بعض sacapenas دمى الى حزن وسوف لا يمكن ان تلعب بها قليلا وننسى الحرب.
عندما تذهب إلى الفراش حتى تتمكن من وضع وسادة تحت قيادتكم. بعناية ، على أمل أن الحب التي لدينا.
ونحن نتحدث عن المدرسة. كبيرة جدا وهناك نحو 166 طفل. المعلمون تعلمنا كثيرا وبشكل جيد.
لدينا مسارين للعب حيث لا يمكننا سماع أصوات غريبة الهادئة التي تسببها الحروب.
لدينا أيضا مكتبة كبيرة مع العديد من الكتب ، ومختبر الحاسوب حيث يمكن العثور على غزة الى 4000 ميلا ، وقاعة الجمعية العامة ، والعديد من الفصول الدراسية...
نريد أن نفرح ايتا تلقي الرسالة نكتب إليكم ببالغ المحبة. القبلات والعناق.

 

 

 

 CARTA TRADUCIDA AL HEBREO

 

Beluso, אחד באפריל 2009.
ילדים יקרים של עזה:
אנחנו בנים ובנות מ השישית כיתה למכללה Montemogos Beluso ב פונטוודרה, ספרד.
היינו רוצים לעזור, ועל כך פיתחנו כמה sacapenas בובות ששלחתי לך להצטער ואתה לא יכול לשחק איתם קצת ו לשכוח את המלחמה.
מתי אתה הולך לישון כל כך אתה יכול לשים מתחת לכרית. בזהירות עם מקווים כי האהבה שיש לנו.
אנחנו מדברים על בית הספר שלנו. מאוד גדול ויש בערך 166 ילדים. המורים ללמד אותנו הרבה מאוד ו טוב.
יש לנו שני מסלולים כדי לשחק בו אנחנו לא יכולים לשמוע שקט נשמע מוזר נגרמת על ידי מלחמות.
יש לנו גם ספרייה גדולה עם הרבה ספרים, מחשב מעבדה, שבו אנחנו יכולים לאתר את עזה עד 4000 קילומטרים מהמקום, בית עם, כיתות רבות ...
אנחנו רוצים לקבל מכתב eta לגהוץ אנו כותבים לך ועם הרבה חיבה. נשיקות ו hugs.

 

 

 

 

 

 

 

 

CARTA PARA GAZA

CARTA PARA GAZA

Beluso, 1 de abril de 2009.

Estimados nenos e nenas de Gaza:

Somos as nenas e nenos do CEIP Montemogos de Beluso. Gustarianos axudarvos a aliviar un pouco as vosas penas, e para tal fin, elaboramos para vós uns " sacapenas" que vos enviamos. A nosa idea é que con eles poidades por un momento, esquecervos da guerra, non estar tristes e poder xogar un pouquiño. Cando vaiades durmir podedes colocalos baixo da almofada. Esperamos que os coidedes con cariño, coma o que nós puxemos.

Que esta guerra se acabe será o mellor para todos!

 

Ímosvos contar algo sobre o noso cole.

O noso colexio é moi grande. Hai 166 nenos e nenas. Os profesores e profesoras nos ensinan moito e moi ben. Temos dúas pistas para poder xogar, onde podemos facelo tranquilos sen pensar que pode saír algunha bomba dun avión...e non temos ruídos extraños que producen as guerras.

Temos unha biblioteca moi grande e con moitos libros; un salón de actos onde facemos festivais, vemos películas...; un ximnasio moi frío e un aula de informática onde podemos consultar información...e localizamos Gaza, a 4000 quilómetros de distancia da nosa vila.

Desexamos que esta carta que vos enviamos vos guste e vos anime. Isto é o que pretendemos!

Moitos bicos e abrazos dos nenos e nenas do cole de Beluso.  BesoBesoBeso

 

 

SACAPENAS PARA GAZA

SACAPENAS PARA GAZA

Nenos e nenas do noso cole estamos a participar na elaboración duns "sacapenas" para enviar a Gaza, en colaboración co CEIP A RÚA  de Cangas de Morrazo.

 Que son estes "sacapenas"?

A idea do sacapenas xurdiu na aula de primeiro curso de primaria do Ceip A Rúa, donde, nenos e nenas, pensaron que poderían axudar a meniños e meniñas de Gaza  a esquecer un pouco o medo que causa unha guerra. O seu obxectivo é que lle poidan contar unha pena( para poder quedar máis tranquilos), colocándoos debaixos das súas almofadas.

Pero...por que sacapenas para Gaza? Que sucede alí?

O actual conflicto de Gaza comezou o 27 de decembro de 2008 e continúa na actualidade.

A chamada "Franja de Gaza" é unha estreita franxa de terra situada no Oriente Próximo, ao sureste de Israel e ao noroeste da península do Sinaí.

Dentro de Israel hai dúas áreas que están gobernadas polos palestinos. Estas áres son: A Franxa de Gaza e Cisjordania. Os palestinos eclaan que estas dúas áreas sexan recoñecidas como un país independiente con estado palestino, co que non están de acordo os israelitas. (Este conflicto entre israelitas e palestinos xa ven desde a Primeira Guerra Mundial).

Na Franxa de Gaza viven aproximadamente un millón de habitantes, a maioría musulmáns.

As condicións de vida son moi malas debido ao bloqueo israelí, dependendo así económicamente da axuda humanitaria.

 

Ben, por todo isto xurde esa idea. Nós consideramos que poderíamos darlle aos nenos e nenas aos que irán destinados os nosos agasallos, un pequeno momento de alegría e ilusión como a que temos nós facendo isto para tal fin.

Un bico para todos eles.

O DÍA DO PAI

En gran parte do mundo, estableceuse un día para  honrar aos pais ou antepasados masculinos. Na tradición catolica, festéxase o día de San Xosé o 19 de marzo. Outras tradicións teñen outros días para lembrarse da figura do pai.

Na actualidade, en moitos paises tradicionalmente católicos, tamén se festexa un día do pai máis secular ou non relixioso. Os comercios aproveitan para vender agasallos que os fillos entregan des pois aos pais.

Así todos contentos, ou non?Guiño

    Redacción do blog de 5ºB

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día internacional da Muller TraballadoraSonrisacelébrase o día 8 de marzo. Este día refírese á igualdade entre o home e a muller.

É unha xornada que celebran os grupos feministas en todo o mundo. Nesa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é a festa nacional de moitos países. Inocente

 Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras  nacionais e diferencias lingüísticas, culturais, económicas e politicas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, e a paz...

CELEBRAMOS O CARNAVAL

CELEBRAMOS O CARNAVAL

 

 

 

 

 

O venres, 20 de febreiro, todo o alumnado e profesorado do CEIP Montemogos de Beluso saímos disfrazados a percorrer as rúas próximas ao colexio. Chegamos ata o cruceiro e todos os pais, nais e avoas estaban mirando a ver se nos localizaban.

 

 

Os de infantil de  Cabalo, Bon e Curraces foron  de pallasos, os de  primero  foron de forzudos, segundo de leóns, terceiro e cuarto de carpas, quinto do circo do sol, e sexto de magos. Un circo en pleno!

Ao volver ao colexio cantamos no salón de actos as coplas ensaiadas.

Rematamos degustando os productos do entroido: orellas, filloas, chulas,....

Foi estupendo!Lengua fuera

 

O CAMBIO CLIMÁTICO

 

O cambio climático é a transformación que está a padecer o planeta Terra alterando a súa temperatura debido ao efecto invernadoiro: a calor recibida do Sol entra na atmosfera, pero non pode saír.

A consecuencia é o desxeo nos polos, a desertización, a extinción de animais e plantas. Todo provocado pola contaminación debida as  fábricas, gases dos coches, lixo das casas, ...

Nós podemos evitar que continúe medrando con tanta intensidade, coindando máis o medio ambiente: reducindo o consumo de tantos productos en envases de plástico, reutilizando os envoltorios ata que sexan vellos, separando o lixo en distintos contenedores para que poida ser reciclado.

Lembrade os sitios que visitemos teñen que quedar como estaban cando chegamos, ou máis limposRisa.

.

Os gatos persas: os cuidados que precisan.

Os gatos persas son delicados porque como teñen moito pelo tes que cepillalos todos os días. Tamén hai que ter cuidado coas bolas de pelame porque poden quedar atragantados e morrer.

Como nos gustan estes animais, non é moi agradable ver como os abandonan, ¡malas persoas!, ... ¡Que os doen!

Deberían ter un na casa como animal de compañía. Sabémolo porque temos un gato persa e aconsellariamos a todas as persoas que viven soas, ou acompañadas, a disfrutar deles.

 

ANO INTERNACIONAL DO GORILA

 

Os gorilas son unha especie que está desaparecendo pouco a pouco: están en perigo de extinción.

Viven nos bosques de Africa Central. De hábitos diurnos, pasan a maior parte do día comendo e descansando. Cada tarde nas pólas non mui altas ou na terra, preparan o seu cocho, aínda que o macho principal normalmente prepara a súa cama no chan.

A esperanza de vida anda entre os trinta e cincuenta anos. Varía moito se é  no seu medio natural ou nun zoo, claro.

A causa fundamental da súa desaparición é porque os humanos, que crueis, chegaron a considerar a caza de gorilas un deporte e as mans e os pés eran os trofeos  Llora.

Recentemente a pesar das leis que os protexen, unha enfermidade debida ao virus ébola, mata máis de 5000 gorilas.