Blogia

Blog do CEIP Montemogos

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ

 

O día da paz, celébrase o 30 de xaneiro, honra e lembra a figura de Mathama Gandhi.

No colexio os rapaces interpretamos UN MILLÓN DE AMIGOS. Antes da canción lemos un discurso sobre a non violencia, empezaron os de 1º curso e rematamos nós os de 5ºB.

Os nenos é nenas de 6º elaboraron uns lemas alegando motivos para vivir con tolerancia.

Todos levamos una pomba da paz de cartolina na chaqueta, era o noso pin Inocente.

Este ano gustounos moito SonrisaRisa, aos de 5º.

 

O ENTROIDO

O ENTROIDO

Xa temos moi próxima a celebración do Entroido, e todos os nenos e nenas do colexio estamos a elaborar os nosos propios disfraces.

Este ano escollemos o tema do circo. Uns convertiranse en pallasos, outros en forzudos e forzudas, leóns e leonas, carpas de circo, Circo do Sol ou magos e magas.

Todo será moi divertido! Este é o principio...Como rematará?

O FESTIVAL ESCOLAR DE NADAL

O FESTIVAL ESCOLAR DE NADAL

No festival houbo moitas actuacións. Participei en dúas: "Rock da miña rúa" e "Os tres reis magos".

Os concertos foron mui interesantes e, tivemos que repetir algunhas partes a petición do público.

As nais e pais quedaron encantados porque disfrutaron de lo lindo.

 

 

 

VISITA A UN MEDIO DE COMUNICACIÓN E A UN TEATRO

 

Os alumnos do terceiro ciclo de primaria fomos de visita ás instalacións do xornal Faro de Vigo o pasado 27 de novembro. Ensinaron e explicaron como se facían os xornais, as máquinas para imprimilos, os enormes rolos de papel que usaban, ...

Saímos nunha foto na sección do Faro de Vigo chamada “Faro da Escola”do martes 2 de decembro.

Antes xa foramos ver un documental ao teatro García Barbón de Caixanova que se titulaba “O mar das Cíes”, e observamos como un polbo merendaba unha centola. Tamén o nacemento dunha raia, como se apareaban dous chocos... mesmo as covas onde se agochaban os polbos e os congros para librarse dos seus inimigos.

LEMBRAMOS OS DEREITOS DA INFANCIA

LEMBRAMOS OS DEREITOS DA INFANCIA

A Asemblea Xeral da ONU, aproba en 1959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente Fondo das Nacións Unidas para a Infancia). (http://gl.wikipedia.org/wiki/Dereitos_do_neno).

Nós realizamos un traballo de lectura e discusiónGuiño e entresacamos o que nos pareceu máis salientable:

 

O neno para o desenvolvemento da sua personalidade necesita comprension e amorBeso. Nunca separalo dos pais. Se non quedase máis remedio que separalo, as autoridades teñen que tratalo como se trata nas boas familias.

 

Un neno ten dereito a ter coidados médicosLlora.Cando vai ao médico que o atenda. Que poida utilizar unha ambulancia, padiola ou cadeira de rodas. Ser operado cando o precise ou mercar menciñas para curarse. Se ten piollos poder comprar loción especial.

 

Un neno cando nace ten dereito a ter un nome e unha nacionalidade.Todo bien Os nomes serven para saber quen é o neno ao que chamas. Tamén hai diferentes nacionalidades: Portugués, Español, Inglés,Francés, Ruso...As nacionalidades indican de onde procede cada neno e a súa familia.

Todos os nenos teñen dereito a unha protecciónInocente e a ter oportunidades…, a desenvolverse física, mental, espiritual e socialmente en forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidable…

 

FERNANDO BOTERO

Os nenos e nenas de primeiro ciclo foron visitar unha exposición do artista Fernando Botero. Pero...

QUEN É FERNANDO BOTERO?

Botero é un pintor e escultor colombiano de fama internacional. Naceu no ano 1932.

Desde moi novo empezou a pintar e pronto decidiu viaxar por toda Europa para coñecer mellor as obras dos grandes mestres.

Cando regresou ao seu país intentou poñer en práctica o aprendido: comezou a experimentar con formas e volumes.

Un día, pintando un instrumento musical, deuse conta de que esaxerara demasiado o seu volume. A partir dese momento descubriu que era o seu estilo, a súa propia maneira de expresarse.

Botero ten unha forma de interpretar a arte tan persoal, que o fai inconfundible.

Algunhas das súas esculturas atópanse en cidades españolas como Madrid, Barcelona e Oviedo.

O magosto no colexio de Beluso

O día 14 de novembro celebrarase o Magosto no colexio de Beluso.
Esa mañá se practicarán diferentes xogos populares dende as 12:15 ata as 13:15. Despois os/as nenos/as e os/as profesores/as degustarán as castañas asadas na fogueira que se fará no patio traseiro do colexio.
Ó acabar de degustar as castañas os/as nenos/as farán un xogo moi común que todos os anos se practica. Consiste en coller coas mans o borro da fogueira e emborrarse.

Ninguén se salva dunha boa "emborrada"!

Ata a vista!

Celebración do Samaín

Os nenos e nenas do colexio de BELUSO estamos traballando na celebración do Samaín.

Ademais de traer cabazas feitas da casa, fixemos murais, talleres e debuxos de medo.

Algúns dos máis maiores (5º e 6º) do colexio ensináronlle aos pequenos todo sobre esta celebración.

QUE PASEDES UN BO DÍA DE MEDO!

As Letras Galegas do 2009

RAMÓN PIÑEIRO SERÁ O PROTAGONISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO 2009

O plenario da Real Academia Galega (RAG) decidiu o día de hoxe que se dedique o próximo Día das Letras Galegas do 2009 ao escritor, escritor de ensaios e tradutor Ramón Piñeiro López.

 A Real Academia destacou, tras tomar a decisión, a dedicación total e desinteresada da súa vida na defensa de Galicia e a súa cultura, polo que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións.ensaios e tradutor

A extinción do lince Ibérico

O lince Ibérico (Lynx pardinus) está considerado como o carnívoro máis ameazado de Europa e o felino máis ameazado do mundo.

De todos os mamíferos da Península Ibérica é o que, ademais de ser unha especie endémica da nosa península, sufre un maior perigo de extinción a nivel mundial.

Excursión a Cerceda e Fisterra

Onte fomos todo o terceiro ciclo de excursión. Primeiro chegamos a Cerceda, un concello da provincia de A Coruña, e visitamos SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Recibíronnos moi amablemente Celia e Bea e explicáronnos nun mapa todos os edificios que había e que cousas facían alí.

En SOGAMA recollen dous tipos de lixo de toda Galicia: os contenedores amarelos de envases de plástico, metal e tetra-briks e os contenedores verdes de residuos xerais (todo o que non se separa). Así que nos puxemos todos as cofias e os cascos e fomos visitar as naves. O que menos nos gustou foi o cheiro, e máis dun andivo todo o tempo co narís tapado.

Nunha nave separaban os plásticos que chegaban xuntos nos contenedores amarelos: latas por un lado, tetra-briks por outro, e envases de plástico por outro. Facíano unhas operarias que traballaban nunha cinta transportadora, e tamén o facían mecanicamente uns imáns que chupaban as latas de metal. Ao final saía todo ben separado e empaquetadiño.

Noutra nave chegaban os residuos dos contenedores verdes escuros e librábanse nun foxo.

De alí collíaos un pulpo e pasaban a outra nave onde lles sacaban a auga con calor, e o vapor de auga saía por dúas chemineas.

Despois, o residuo xa seco ía ter logo dunhas cantas voltas a unhas caldeiras onde se queimaban e producíase suficiente enerxía eléctrica para abastecer a cidade de A Coruña. Por esas chemineas non saía fume, ou non se vía, pois pasaba por moitos filtros. As cinzas metíanas nuns sacos e almacenábanas nun monte próximo ben tapadas con terra e plásticos.

Antes de irnos fixemos un examen e aprobamos case todos, e en recompensa déronnos moitos regalos: un contenedor de lixo amarelo, cheo de caramelos e lápices reciclados. Unha aperta a Bea e Celia que foron superboas.

Logo collimos o autobús e fomos a Aquapark, o parque acuático máis grande de Galicia. Bañámonos nas piscinas e tirámonos polos tobogáns. Foi superdivertido e non paramos de xogar ata a hora de marchar.

Camiño de Fisterra paramos no castelo medieval de Vimianzo. Exploramos todo o castelo, andivemos polas almeas e subimos á torre máis alta.

Por fin chegamos ao faro de Fisterra, e dende alí vimos a estatua da liberdade. A verdade é que hai que fixarse moi pero que moi ben, e só se ve como un pequeno destello alá lonxe ao outro lado do mar. Alí merendamos e logo compramos uns regaliños nunha tenda para traer de recordo.

O resto das fotos tédelas neste enlace

As escolas de infantil en Apípolis

Hoxe todas as nenas e nenos de infantil fomos coas nosas profes a Apípolis, a cidade das abellas, en Xeve, Pontevedra. Pasámolo superben. Vestímonos cos traxes de apicultores, para que as abellas non nos picasen, cunha funda con careta e cuns guantes amarelos enormes coma soles.

Despois vimos colmeas con abellas de verdade, pois había un señor apicultor que nos ensinaba todo, e que lle botaba fume ás abellas para que non se enfadasen. Vimos as obreiras, as larvas, a raíña e os abázcaros, que eran os máis gordos. As abellas chegaban á colmea cargadas de mel e tamén coas patas cheas de pole de moitas cores: branco, amarelo, laranxa...

As que máis medo tiveron foron as profes, que non movían nin un dedo por se acaso.

A seguir contáronnos un conto superdivertido e fumos ver unha exposición con moitos carteis, con vídeos, con osos que comían as abellas, e con enxames que vivían en colmeas de vidro, e viamos como as abellas entraban e saían.

Ao acabar o paseo tocou traballar de verdade, e tivemos que sacar o mel dos panais, dentro dun extractor, unha máquina parecida a unha bicicleta, e démoslle todos á manivela para ver quen era capaz de sacar máis mel. Ao final enchemos un caldeiro, e metemos o mel nuns frasquiños moi pequeniños.
E despois do traballo... tocou cociñar unhas riquísimas galletas de mel. A verdade é qué saíron un pouco duras, e a min case me rompen un dente, pero estábanche ben boas. Mentres se cocían as galletas fixemos unhas velas coa cera das abellas.
Chegou a hora da comida ¡e mira que tiñamos fame!

Ao acabar fomos xogar ao patio, e había que encestar un balón nunha canasta de baloncesto. Outros nenos xogaron nunha piscina que non tiña auga, e outros andaban atrás de Roni, un can moi guapo que non nos facía moito caso, nin aínda que lle tirasemos do rabo.

Pola tarde, cos monitores fixemos unha roda e cantamos e xogamos moito. E antes de irnos aínda nos regalaron a cada un de nós tres cousas: unha galleta de mel, unha vela pequerrechiña e un frasquiño cheo co mel que sacaramos na bici.
Esta si que foi unha boa excursión!!

Podemos ver aquí todas as fotos xuntas.

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o día 5 de xuño de cada ano, para estimular a concienciación sobre o ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O lema seleccionado para O Día Mundial do Medio Ambiente 2008 é Deixa o Hábito! Cara a unha economía baixa en Carbono, e proponnos reducir a nosa produción de CO2, principal causante do efecto invernadoiro e do quencemento glogal.

Na páxina do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) atoparás máis materiais informativos, e algúns vídeos, coma este dunha canción de Sting con imaxes e mensaxe.

Nos enlaces seguintes podes aprender consellos para colaborar na mellora do medio ambiente:

Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.

Calcula as emisións de Carbono que podes aforrar


Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.

Para rematar aquí tedes uns xogos:

1. Para cuidar a illa de Honoloko.

2. Moitos máis xogos na web de Fundación Biodiversidad.

Festival das Letras Galegas

O grupo de teatro do CEIP Montemogos representou hoxe dúas obras, a primeira foi "A lenda do pirata" de Fusa Guillén, cos actores Irene, Aida e José Ramón. A segunda obra era "A ratiña feroz", de autor anónimo, e que tivo entre os seus actores a María, Marta, Sara, Vicky, Susana, Luis, Noemi e Serafín.

Ao rematar o teatro, puxo a guinda do fetival a actuación do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e grupo de pandereiteiras do colexio, integrado por Vanesa, Iria R., Iria P. e Patricia.

Aquí temos o resto das imaxes.

A seguir podemos ver unha mostra da actuación destes artistas:

Xornal escolar: Fiadeiro Letras Galegas 2008

Este venres todos os nenos e nenas do CEIP Montemogos recibimos un exemplar do Fiadeiro, o segundo deste ano, nun CD en formato dixital. Nel recóllense todos os traballos feitos para o xornal nos diferentes niveis, dende educación infantil ata 6º de primaria.

Lembrade que temos un concurso de investigación con preguntas para resolver, e que todos os que respondades correctamente teredes un regalo.

Neste CD tamén se inclúe unha edición multimedia do Libro Viaxeiro 2008, así que podemos ver e escoitar as páxinas do libro, lidas polos nenos e nenas de 3º curso.

A continuación presentamos algúns dos traballos do xornal, que podedes ver tamén directamente en internet.

Os nenos e nenas de educación infantil opinan sobre a elección de presidente

PRIMEIRO CICLO:

Os nenos de 2º A din o que farían diante de situaciós sorprendentes

SEGUNDO CICLO:

Noticias de 3º A

As lerias de 3º B

A cestería (3º B)

As redeiras (3º B)

Os zapateiros (3º B)

Contos (4º B)

TERCEIRO CICLO

A vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez (5º)

Unha aventura noturna (6º)

Finalmente, lembramos que tamén estamos facendo o Fiadeiro Mural, diante da entrada do colexio, onde imos recollendo as novas máis interesantes que se van producindo, e que polo tanto recolle a máis viva actualidade.

Un apicultor na aula de infantil

Hoxe visitou o cole un apicultor. O apicultor é a persoa que cuida das abellas. Vistiu o seu traxe e a careta, e tamén os guantes, e despois botoulle fume á colmea co afumador, para que as abellas estivesen tranquilas e non lle picasen.

Despois fixémoslle moitas preguntas, e soubemos que na colmea viven unha raíña, moitas obreiras e moitos zánganos. A raíña pon os ovos para que poidan nacer máis abellas. As obreiras fan moitos traballos: as recolectoras van buscar o néctar das frores para facer o mel e tamén traen o pole; as cereiras fan a cera para construír as celas; as nodrizas cuidan dos ovos e das crías e danlle de comer á raíña a xalea real; as vixiantes son ás que pican co seu aguillón cando alguén molesta á colmea. Os zánganos tamén fan cousas, son os papás das abellas e tamén son as estufas da colmea porque axudan a dar calor.

As obreiras buscan o mel nas flores, e as que máis lles gustan son as margaridas, pero tamen as frores das árbores como o castiñeiro, que nos dá castañas para facer o magosto, ou o eucalipto.

Ao final probamos o mel que nos trouxo o apicultor das súas abellas, iso ao principio, porque despois acabamos zampándonos o bote enteiro e aínda queriamos máis. Mira que che estaba ben bo!

Pinchando aquí podedes ver máis fotos

O libro viaxeiro visitou a aula de infantil

Hoxe os nenos e nenas de educación infantil poideron escoitar e ver o libro viaxeiro deste ano As incribles aventuras do esquío e a anduriña. Así puideron saber o que lles aconteceu ao esquío e á anduriña que eles mesmos inventaran como personaxes. O libro foi contado polos nenos e nenas de 3º curso (Dani, Nerea, Xoel, Yerón e Rubén), axudados por Rubén e Cristian de 6º, que mostraban as páxinas do libro.

Contos, lendas e costumes dos nosos avós

Os mestres D. José Ramón Álvarez Calleja e D. Arturo Sánchez Cidrás ofrecéronnos unha charla sobre como era a vida nos tempos dos nosos avós: como vivían, como eran as festas, como eran os seus xogos, etc. Aínda nos quedan moitas cousas que aprender deles!

Beluso Campións!!

Os equipos de fútbol dos CEIP de Beluso, de Bueu e de Cela enfrontáronse onte neste torneo xa tradicional. Por fin conseguimos gañar os de Beluso, despois de quedar segundos os últimos tres anos.

Os resultados foron os seguintes:

1º - CEIP de Beluso: Gañoulle a Cela e empatou con A Pedra

2º - CEIP de Cela: Gañáronlle ao colexio de A Pedra e perderon con Beluso

3º - CEIP de A Pedra: Perderon co colexio de Cela e empataron con Beluso.

No noso equipo temos que destacar a participación das nosas xogadoras (Erica, Vicky e Alba) que coa súa inexpugnable defensa conseguiron manter a raia aos delanteiros rivais. Pero tamén é verdade que todos os xogadores e xogadoras foron moi importantes para conseguir a victoria.

Así que noraboa a todos e tamén aos colexios de Cela e A Pedra, que foron duros rivais.

Fomos ao Correlingua!!

As nenas e nenos de 3º e 4º cursos fomos hoxe ao Correlingua a Pontevedra. Escoitamos uns gaiteiros que tocaban a gaita e os tambores, e uns homes que tiraban os bolos, e tamén había uns xigantes que daban voltas arredor.

Despois déronnos unha boa merenda, con mazás, cacahuetes e unha botella de auga. Máis tarde repartiron uns premios, pero a nós non nos tocou nada. Por fin apareceu o Xabarín e fartámonos de bailar coas cancións que cantaba.

Ao rematar soltamos un montón de globos, un de cada colexio, para que a lingua galega se espallase o máis lonxe posible.

Antes de coller o autobús dimos unha volta pola zona vella de Pontevedra, e vimos unhas excavacións arqueolóxicas onde había ósos enterrados.

(O resto das fotos podedes velas pinchando aquí)