Blogia

Blog do CEIP Montemogos

Visita ao museo Massó e charla de D. Arturo Sánchez

O venres pasado, o alumnado 5º e 6º cursos visitamos o museo Massó, en Bueu. Contamos coa excelente guía do señor D. Manuel Aldao Portas, antigo xefe de persoal da conserveira, que nos contou un feixe de anécdotas e historias arredor da pesca, as artes, os barcos, etc. Chamounos moito a atención as historias sobre a pesca da balea, e puidemos ver un arpón e outras ferramentas para cazar baleas. Tamén nos explicou como traballaba a xente de Beluso, pescando e vendendo peixe na lonxa, cos cestos que facían os cesteiros e que levaban as mulleres na cabeza.

(Temos máis fotos pinchando na de arriba, ou aquí)

No museo hai dous andares, e no andar de arriba hai libros moi vellos, algúns de antes de que se inventase a imprenta (antes de que Colón descubrise América) e que se chaman "incunables", que explicaban como había que navegar. Tamén había maquetas moi grandes de carabelas e outros barcos moi importantes, de guerra. O máis grande de todos era o barco que mandaba o almirante Churruca na batalla de Trafalgar.

O luns tivemos unha charla que nos gustou moito sobre a salga (ou salgadura) e a conserva en Bueu. D. Arturo Sánchez contounos como era o proceso da salga nas primeiras factorías que houbo en Bueu e en Beluso, que as fixeran empresarios cataláns e tamén un italiano moi famoso e moi rico. Os cataláns foron quen trouxeron a arte de pesca do cerco e así pescábanse moitas sardiñas.


O proceso da salga consistía no seguinte:
1. Pescábanse as sardiñas e botábanse nunhas pozas con moito sal, facendo unha salmoira. Cando unha pataca flotaba nesa auga era que tiña o sal que lle facía falta.
2. As sardiñas cosíanse nunhas restes para que se secasen.
3. Despois de lavadas empaquetábanse dentro dunhas barricas ou pipas, como as do viño, alternando unha capa de sardiñas e outra de sal.
4. Para terminar, prensábanse, para que perdesen a graxa de sobra, e xa estaban listas para a venda.

Aínda non hai moitos anos que Bueu estaba chea de fábricas de salga e de conserva, onde traballaban moitísimas mulleres. Esas fábricas foron pechando porque deixaron de ser rentables e agora só queda unha ou dúas. Pero non podemos esquecer o importante que foi este traballo para que Bueu e Beluso sexan hoxe en día o importantes que son, e debemos conservar a súa memoria. (Ver foto da antiga fábrica de Massó en Cangas).

Tamén os recordamos que temos unha exposición na biblioteca sobre sobre a salga e as conservas en Bueu: podedes ver os diferentes tipos de prensas, de latas de conservas, un maletín dun vendedor, fotos... (Aquí podedes ver unhas cantas fotos da exposición)

Animación á lectura con Manuel Solla

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos e animación á lectura a cargo de Manuel Solla. Contounos un conto de Juanito, que foi moi divertido. Despois saíron ao escenario uns nenos e nenas para dicir trabalinguas, e rímonos porque se trabucaban moito. A seguir saíron máis nenos e nenas a imitar animais e nós tiñamos que adiviñalos, rímonos moito cando Erica imitou un cabalo.

Día das Letras Galegas 2008

Polo seu labor como editor e pola súa defensa da lingua e a cultura galega a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, o 17 de maio de 2008, a Xosé María Álvarez Blázquez.

Na web de Bibliotecadocole (CEIP de Quintela, Moaña) fixeron unha presentación que resume a vida de Álvarez Blázquez:

 Na páxina web do Seminario Galán temos á nosa disposición unhas unidades didácticas para a etapa de educación infantil e para o primeiro, segundo e terceiro ciclos de educación primaria.

Están tanto en formato .pdf para imprimir e traballalas na clase (ou na pizarra dixital), e tamén como actividades online de JClic ou LIM.

Programa da XXI Semana Cultural e Letras Galegas

A vindeira semana celebramos como todos os anos unha nova edición da Semana Cultural. As actividades previstas comezan xa este venres, e son as seguintes:

Venres, 9 de maio

Visita ao Museo Massó e á fábrica de conservas de Antonio Alonso, en Bueu (alumnado de 3º ciclo)

Luns, 12 de maio

Inaugúrase unha exposición no colexio sobre a "Salgadura e a conserva en Bueu", acompañada dunha charla-coloquio do mestre D. Arturo Sánchez Cidrás.

Obra de teatro: "O misterio do cemiterio vello" de Fina Casalderrey, a cargo de Manuel Solla.

Martes, 13 de maio

Participación en CORRELINGUA, en Pontevedra, o alumnado de 2º ciclo de primaria.

Competición de fútbol sala, entre os equipos dos colexios de Beluso, Bueu e Cela.

Mércores, 14 de maio

Sesión de Contacontos, a cargo de Dª Beatriz González Campos.

Charla sobre "Contos, lendas e costumes dos nosos avós", por D. José Ramón Álvarez e D. Arturo Sánchez

Xoves, 15 de maio

Festival das Letras Galegas: obras de teatro do alumnado do CEIP Montemogos e actuación musical do mestre e gaiteiro D. Guillerme Ignacio Costa e o grupo de pandereiteiras do colexio.

Venres, 16 de maio

VIII Romaría escolar Sanamedio e V Olimpiada escolar, no campo de fútbol de Beluso.

Luns, 19 de maio

Obradoiro de Camisetas, por Dª Ana Mª Patiño.

Preparados, listos... Correlingua!

O Correlingua pasará dende o martes 6 de maio e até o venres 16 por trece vilas de toda Galicia, e espérase que nel participen ao redor de corenta mil rapaces.

O Correlingua naceu no ano 2000, e en cada edición vai engadindo actividades. Este ano entregáronse os premios dos concursos de Manifesto do Correlingua 2008 e de Banda Deseñada, mais tamén se incorporou o A Polo Ghit, en colaboración con Radio Galega e Vieiros.

Noticia recollida en Vieiros.com

PROGRAMA EN PONTEVEDRA, o próximo martes

10.30
Chegada dos centros á Praza da Ferraría.

11.00
Saída do Correlingua:

Saída da praza da Ferraría, rúa Pasantería, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, praza da Pedreira, rúa Serra, rúa San Xulián, praza Méndez Nuñez, rúa de Don Gonzalo, praza de Curros Enríquez, rúa Real, rúa Ponte, rúa do Barón, praza Cinco Rúas, Paio Gómez Charino, Dona Tareixa, rúa Alta, rúa Isabel Segunda, rúa Amargura, praza Alonso Fonseca, avenida Santa María, rúa Bastida, rúa Michelena, Porta Trabancas, praza da Ferraría.

12.00
Actos da praza da Ferrería.

Lectura do manifesto

Entrega de agasallos

13.00
Finalización do acto

Lagartos

Os lagartos son xeralmente carnívoros e aliméntanse de insectos ou pequenos mamíferos. Mais tamén hai lagartos omnívoros ou herbívoros como as iguanas. O monstro de Xila, nativo dos Estados Unidos, é a única especie venenosa (Infórmate máis na Galipedia).

Coñecer Europa xogando

Na conmemoración do día 9 de maio como Día de Europa, propoñémovos visitar unhas páxinas web: para o alumnado de terceiro ciclo podedes explorar Europa e repasar os vosos coñecementos (datos de poboación, clima, agricultura, etc.) na páxina que segue.

E tamén enteraros de moitas outras cousas en

Os máis pequenos podedes aprender cousas sobre Europa cuns xogos.

Series e programas de televisión

O INTERNADO

O internado é unha serie de Antena 3, os seus protagonistas máis importantes son: Marcos, Iván, Carol, Vicky...

Un colexio separado do mundo, "A lagoa negra", que oculta un gran misterio no bosque que o rodea.

É a serie máis vista polos rapaces e rapazas de hoxe en día. (Sara e Celeste, de 6º)

"TU SI QUE VALES"

"Tu si que vales" é un programa gracioso polo seu xurado, que son:

Noemi (é a tipica barbie que todos estabamos esperando)

Os morancos (son os pallasos do xurado)

E Sardá (que parece vir máis enfadado que antes)

Tamén hai unha moza que se chama " LEIDI LAURA" (que é unha moza que estaban esperando os morancos)

Como vedes este programa é un programa moi famoso. Se queredes velo, o botan os venres pola noite a iso das nove ou dez e media. (Sara e Antía, de 5º)

"LOCOS POR LA CIENCIA"

É unha serie de adolescentes, na que un día a Toby e Elisabeth caíulles un raio enriba, que viña dunha estraña pedra, e dende aquela son unos xenios da ciencia, capaces de construír máquinas inimaxinábeis, o único problema é que se levan mal. Elizabeth, cos seus malvados amigos Verity e Garth intentan acabar con Toby e os seus amigos Sasha e Russell. Tobi está namorado de Vicky, unha rapaza que non sabe que ten poderes de xenio (Aida e Irene, de 6º).

FAMA

Fama é un programa da televisón. A gañadora deste ano foi Vicky, que bailaba moi ben.

Nos casting colleron os mellores pero logo os ían expulsando da academia e regresaban os que mellor bailaban dos que non eran elexidos por bailar tan ben. Viñeron: Patricia, Miguel, Belinda, Paula, Jacob, Jandro, Massiel, Manga, Juan Carlos, Mary, Juanma... (Vanesa e Iria, de 5º)

Monte Aloia

Os nenos e nenas de 5º curso fomos ó monte Aloia (ver na Galipedia) o ano pasado e pasámalo moi ben.

Comemos nunhas mesas de pedra e despois de comer, como había unha tenda cerca, algúns nenos e nenas fomos comprar xeados. Despois fomos a unha fonte e a un parque no que todo estaba feito de madeira. Foi un día moi especial e regresamos á nosa casa moi cansos de tanto camiñar.

Rafael Nadal

Rafa Nadal naceu o 3 de xuño de 1982, en Mallorca.

É un tenista español e o segundo mellor tenista do mundo. Con 15 anos convertiuse no tenista máis novo da historia do tenis en gañar un torneo.

Zoey 101

Esta é una serie de adolescentes, a súa protagonista e Zoey, estuda nun colexio interno PCA, cos seus amigos: Lola, Kwen, Chase, Mikel e Logan, tamen está seu irmán Dustin.

Lola é a mellor amiga de Zoey e quere ser actriz.

Kwen é unha fanática da ciencia, o seu noivo e Mark del Fígalo.

Chase é o mellor amigo de Zoey, fai dous anos estaba namorado dela.

Mikel é o mellor amigo de Chease, sempre anda de broma.

Logan é un "Chico" consentido, xa que seu pai é rico.

As sereas

As sereas son seres fabulosos, orixinarios da mitoloxía grega e ampliamente extendidos nas narracions fantásticas da literatura occidental.

Todo o mundo as describe como mozas fermosas que na auga teñen cola de peixe.

Agora no século XXI hai moitas series publicadas sobre elas, unha delas é:

H2O, A PELÍCULA DA SEREIÑA....

Agora ensinámosvos unhas fotos:

H2O

H2O é unha serie de sereas. Cada serea ten un poder diferente: unha ten o do lume, outra o do xeo e a outra o da auga.

A do lume chámase Ricky, a do xeo chámase Enma e a da auga chámase Cleo.

As sereas teñen que ter moito coidado con mollarse, pois unha soa gota que lles caia enriba e xa se converten en sereas.

Elas co seu amigo Luis sempre van á illa de Maco para sentirse máis seguras.

Recital de poesía no Día do Libro

Onte tivemos un recital poético que tivo como protagonistas a todo o alumnado do colexio, dende os cursos de infantil ata sexto de primaria. Cada curso e grupo de clase recitounos un ou varios poemas dun autor elixido por eles mesmos. Escoitamos poemas de Rosalía de Castro, de Xosé María Álvarez Blázquez, de Manuel María, de Johán Carballeira, e outros máis.

Deixamos aquí tres vídeos de mostra, o primeiro da escola de infantil de Bon.

O seguinte pertence á clase de 2º curso de primaria

E o último da clase de 3º curso de primaria.

Exposición de disfraces de personaxes literarios

Durante este mes, e con motivo do Día do Libro, ten lugar unha exposición no noso cole con todos os disfraces do entroido que fan referencia a personaxes de libros e de contos. No medio deles tamén podedes atopar un feixe de libros e podedes escoller o que máis vos goste para ler.

(Pinchando na foto podedes ver tódalas demais)

Bueu Atlético Balonmán

O Bueu Atlético Balonmán é un gran equipo. Os xogadores da categoria benxamín de cuarto A somos Jose, José Manuel, Noel, Yoel, Javi, Vera e máis eu.

Nesta liga quedamos segundos, e para a próxima seremos os campións!

Nou camp: o mellor campo do mundo

O Nou Camp é sen dúbida o mellor estadio do mundo e onda xogan os mellores xogadores.

O Barcelona recuperou a Messi, que xa está facendo as súas extraordinarias xogadas. Ánimo e a gañar a copa de Europa. Visca Barça!!!

(Podedes ver a foto grande pinchando nela no seu enlace orixinal)

Libro viaxeiro 2008

Cando os nenos e nenas de educación infantil, acompañados polas súas mestras, crearon e acolleron entre eles o esquío e a andoriña, alguén podía imaxinar que rematarían esforzándose por deixar un planeta Terra máis limpo e habitable, por enfrontarse ao cambio climático dun xeito tan decidido?

 

Os protagonistas deste conto viaxeiro naceron, medraron e finalizaron as súas aventuras na creación literaria colectiva dos escritores do CEIP de Beluso. Decidiron que comezasen nun bosque a súa andaina, pousasen no tellado dun colexio, non se convertisen en mascotas engaioladas e, en cambio estivesen a piques de morrer nos dentes dunha quenlla e chegasen á illa de Pemba. Máis tarde, levados pola súa curiosidade, adentráronse nas tumbas dos faraóns, polas súas pesquisas, ou a chou, quen sabe?, localizan un tesouro que lles permite convertirse nos Señores da non contaminación.

1. Para ver e ler tódalas páxinas do libro viaxeiro pinchade na foto de abaixo!!

2. Tamén podedes velo como se dun libro se tratase (en issuu). Recoméndase velo a pantalla completa pulsando na opción "Fullscreen" da páxina que se abre.

3. Por último tamén o temos nunha presentación multimedia coa voz dos protagonistas, publicado en SplashCast (no anterior enlace podedes velo coa opción "fullscreen").

Xa para rematar temos aquí as fotos do equipo de gravación: Nerea, Xoel, Dani, Rubén e Yerón.

Unha historia de amor

No colexio de Beluso

había unha historia de amor

que a formaron dúas persoas namoradas,

pero non se sabe de que será ese amor.

Un día, ó poñerse o sol,

desfíxose o amor entre eles os dous.

Sahara

Temos unha amiga dun sitio chamado o SAHARA.

Unha vez contounos que o SAHARA era un sitio moi pobre: polas noites durmen, no inverno, vestidos con tres pantalóns; ademais de poñer no chan tres ou catro mantas. Claro, teriamos que explicar que non hai camas. En cambio no verán hai moito calor, a xente está sempre a suar.

Cada familia recibe ao mes os seguintes alimentos: un quilo de arroz, outro de lentellas, outro de feixóns, outro de garavanzos e para acabar dous litros de aceite. Cando teñen pouca comida cazan lagartos, serpes ou algún can ou gato que apareza.

Nós cando non queremos comida tiramos con ela, porque dicimos que sobra. Cando estamos tomando un bocadillo se non nos gusta deixámolo.

A miña avoa contoume que aquí, de nena, non tiñan para comer, non tiñan cartos nin para remendar a roupa.

Eu pido unha axuda, podedes axudarme a comprender cal é a razón pola que se tira coa comida cando hai nenos aos que lles fai moita falta?

(Foto do campamento de Tinduff, no Sahara)